Concello de As Pontes

Concello de As Pontes Página Oficial del Concello de As Pontes

🧓💚 Retomamos o programa de envellecemento activo!O Concello das Pontes, a través da Área de Benestar Social, retoma as a...
09/09/2026

🧓💚 Retomamos o programa de envellecemento activo!

O Concello das Pontes, a través da Área de Benestar Social, retoma as actividades dirixidas á veciñanza maior de 60 anos, co apoio da Deputación da Coruña.

🤸‍♀️ Actividades para coidar o corpo
🧠 Estimulación cognitiva
🤝 Espazos de encontro e relación
💚 Promoción da autonomía e do benestar

As actividades desenvolveranse en colaboración con oito asociacións veciñais do municipio: FOCAPA, Campeiras, Panceiras de Bermui e Ribadeume, Magdalena, San Pedro do Eume, Encoro da Ribeira (Marraxón), Raíces de Goente e Vincallo.

✨ Un programa para manterse activos, compartir e seguir desfrutando.

Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-retoma-o-programa-activamente-para-promover-o-envellecemento-activo/

COMPARTIMOS 📰 🚀 As Pontes, punto de encontro para o emprendemento e a innovación!Do 14 ao 20 de setembro, a provincia da...
09/09/2026

COMPARTIMOS 📰 🚀 As Pontes, punto de encontro para o emprendemento e a innovación!

Do 14 ao 20 de setembro, a provincia da Coruña acolle a 3ª edición do Rede Coworking Fest, unha semana dedicada ao emprendemento, a innovación e a transformación empresarial.

💡 A programación, impulsada pola Deputación da Coruña, contará con preto de 30 actividades nos 12 espazos da Rede Provincial de Coworking, con propostas tamén en As Pontes, Moeche e A Capela.

📍 En As Pontes haberá varias xornadas de portas abertas e sesións sobre o futuro empresarial do municipio, unha oportunidade para coñecer os recursos dispoñibles, compartir ideas e impulsar novos proxectos.

🤝 Unha semana para conectar, aprender e crear novas oportunidades.

Máis info: https://acorunaxa.com/es/news/casi-30-actividades-llevaran-la-inteligencia-artificial-la-innovacion-y-el-emprendimiento-a-doce-espacios-de-la-provincia/134081/

El Rede Coworking Fest se celebrará del 14 al 20 de septiembre con propuestas gratuitas en municipios como Miño, Oleiros, As Pontes, Moeche y A Capela

🎉 Festa na honra á Virxe dos Remedios en Marraxón📍 Marraxón📅 Sábado 12 e domingo 13 de setembroUnha fin de semana para d...
09/09/2026

🎉 Festa na honra á Virxe dos Remedios en Marraxón
📍 Marraxón
📅 Sábado 12 e domingo 13 de setembro

Unha fin de semana para desfrutar da tradición, da música e da festa! 💙

🎶 SÁBADO 12
⛪ 13:00 h — Misa solemne
🍷 A continuación — Sesión vermú con Dúo Venus
🎤 22:30 h — Actuación de Dúo Venus e Grupo Lume

🎶 DOMINGO 13
⛪ 13:00 h — Misa solemne
🛍️ Puxa de produtos da zona
🍷 A continuación — Sesión vermú con Grupo Lume

COMPARTIMOS 🏁 Gran actuación do As Pontes Motorsport no Slalom de Rianxo O automobilismo pontés volveu ser protagonista ...
09/09/2026

COMPARTIMOS 🏁 Gran actuación do As Pontes Motorsport no Slalom de Rianxo

O automobilismo pontés volveu ser protagonista na quinta proba do Campionato Xunta de Galicia de Slalom, celebrada en Rianxo, cunha ampla representación do As Pontes Motorsport.

🥇 Aitor Fornos Martínez, ao volante do seu Citroën AX, asinou unha espectacular vitoria e sumou en Rianxo o seu segundo triunfo da tempada.

🥉 Xunto a el, Pablo Castro Pajón, tamén co seu Citroën AX, completou o podio cunha magnífica terceira posición. Un resultado que confirma o excelente momento dos dous pilotos ponteses.

Pero o éxito do As Pontes Motorsport foi tamén colectivo, coa participación de:
🏁 Francisco Rodríguez Coba · BMW E36
🏁 Diego Grandal Gato · Peugeot 106 1.1 · Debutante
🏁 Alejandro Pena Arnoso · Peugeot 205 XTi
🏁 Borja Grandal Díaz · Peugeot 106 GTi
🏁 Marcos Penabad Soto · Citroën AX 1.1 · Debutante

👏 Unha gran representación que pon de manifesto a forza e o compromiso do automobilismo de As Pontes.

Parabéns especialmente a Aitor e Pablo polo seu espectacular resultado, e a todos os pilotos e integrantes do As Pontes Motorsport polo seu traballo e dedicación.

🏎️💨 As Pontes, tamén sobre rodas!

Máis info: https://www.euromotor.app/amp/noticias-competicion/c/0/i/97952607/aitor-fornos-suma-en-rianxo-su-segundo-triunfo-de-la-temporada-en-el-slalom-gallego

COMPARTIMOS 🪵🌳 A madeira une tradición, talento e amizade.Os días 18, 19 e 20 de setembro, Xermade acolle o XXVI Encontr...
09/09/2026

COMPARTIMOS 🪵🌳 A madeira une tradición, talento e amizade.

Os días 18, 19 e 20 de setembro, Xermade acolle o XXVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, unha cita que medra cada ano e que este ano contará, por primeira vez, con tres relatores internacionais. 🌍

Durante tres días, Xermade converterase nun punto de encontro para profesionais, artesáns e apaixonados pola tornería, con demostracións, exposicións, talleres e moito máis.

Queremos poñer especialmente en valor o traballo da Asociación Amigos da Madeira das Pontes, impulsora dun proxecto que leva anos defendendo a tornería, difundindo o coñecemento e mantendo vivo un oficio que forma parte da nosa cultura.

💚 Grazas ao seu compromiso, a madeira segue sendo encontro, aprendizaxe, creatividade e futuro. 👏 Parabéns á Asociación Amigos da Madeira de As Pontes por seguir facendo medrar este encontro e por poñer o nome das Pontes e de Galicia no mapa internacional da tornería.

Máis info: https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/encontro-torneiros-contara-primera-vez-tres-relatores-extranjeros/202608281604381994478.html

Asistirán al evento, que se celebrará en el pabellón municipal los días 18, 19 y 20 de septiembre, un portugués, un francés y un inglés, además del pontés Lo...

COMPARTIMOS 📚 PRESENTACIÓN DE “ROTSPANIER” NO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADOO vindeiro venres, o Museo Etnográfico Monte...
09/09/2026

COMPARTIMOS 📚 PRESENTACIÓN DE “ROTSPANIER” NO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO

O vindeiro venres, o Museo Etnográfico Monte Caxado acollerá a presentación de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1945, a obra de Juan Galán, publicada por Editorial Galaxia.

Un libro que recupera a memoria dos republicanos galegos que, tras a Guerra Civil, se viron obrigados a continuar as súas vidas no exilio francés, nunha Europa marcada pola guerra e pola ocupación n**i.

O acto contará coa presenza do autor, nun encontro que nos permitirá coñecer de primeira man esta historia de exilio, memoria e resistencia.

📅 Venres 11 de setembro | 19:30 h
📍 Museo Etnográfico Monte Caxado
Praza da Igrexa, s/n – As Pontes de García Rodríguez

🤝 Organiza: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
Colaboran: Editorial Galaxia e Concello das Pontes

👉 Unha oportunidade para achegarnos á nosa memoria e coñecer unha parte da historia dos galegos e galegas no exilio.

🚌🎭 SOBES AO BUS DO TEATRO?Desde As Pontes, viaxamos, novamente, a Santiago para g***r do teatro galego!O Concello das Po...
08/09/2026

🚌🎭 SOBES AO BUS DO TEATRO?

Desde As Pontes, viaxamos, novamente, a Santiago para g***r do teatro galego!

O Concello das Pontes participa no programa “Bus do Teatro” do Centro Dramático Galego, unha iniciativa que facilita o acceso aos espectáculos teatrais desde distintos puntos de Galicia.

📅 DOMINGO, 4 DE OUTUBRO DE 2026

🚌 Saída das Pontes: 14:50 h
📍 Estación de autobuses / rúa 8 de marzo
🎭 Función: 18:00 h
📍 Salón Teatro · Santiago de Compostela
🚌 Hora de saída tras a función: 19:45 h
💶 Prezo: 5 €

INSCRICIÓNS:
📞 no Departamento de Cultura ou no 981 440 344
📆 Ata o 1 de outubro
⚠️ Prazas limitadas

✨ E ademais, nesta función teremos representación das Pontes:Mercedes Castro, natural das Pontes, forma parte do elenco de A gaivota.

🎭 Apúntate e vive o teatro desde o primeiro quilómetro!

🏍️ AS PONTES ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE VELOCIDADE📅 13 de setembro de 2026📍 Circuíto As PontesA velocidade sobre dúas...
08/09/2026

🏍️ AS PONTES ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE VELOCIDADE

📅 13 de setembro de 2026
📍 Circuíto As Pontes

A velocidade sobre dúas rodas regresa a As Pontes coa celebración do Campionato Galego de Velocidade – Xunta de Galicia 2026. 🏁🔥

O Circuíto As Pontes será escenario a vindeira fin de semana dunha xornada de competición que reunirá pilotos e afeccionados ao motociclismo nun dos grandes eventos deportivos do calendario.

🏆 Campionato Galego de Velocidade
🏍️ Clásicas Super Series
🏍️ Clásicas 2T
🏍️ SBK
🏍️ Minimotos 4.2
🏍️ MiniGP160
🏍️ MiniGP110

⚡ Velocidade, emoción e espectáculo nunha xornada para desfrutar en familia e vivir de preto a paixón polo motociclismo. As Pontes, capital galega da velocidade! 🏁💨

🚗⚡🌿 AS PONTES, PARADA DO 10º ECORALLYE DE A CORUÑA 2026A mobilidade sostible e a eficiencia enerxética serán protagonist...
08/09/2026

🚗⚡🌿 AS PONTES, PARADA DO 10º ECORALLYE DE A CORUÑA 2026

A mobilidade sostible e a eficiencia enerxética serán protagonistas do 10º EcoRallye de A Coruña, que se celebrará do 18 ao 21 de setembro de 2026.

🏁 A proba terá como punto de saída e chegada a emblemática Praza de María Pita, na Coruña, e percorrerá diferentes puntos do noroeste da península.

📍 AS PONTES SERÁ UN DOS PUNTOS DESTACADOS DA SEGUNDA ETAPA
🗓️ Sábado 20 de setembro
⏰ 10:00 h — Saída desde a Praza de María Pita
📍 12:10 h — Chegada a As Pontes
⏰ 14:10 h — Saída de As Pontes para continuar a etapa

🔋 Que é un EcoRallye?
O EcoRallye é unha competición de condución de regularidade puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Enerxías Alternativas, na que o obxectivo non é só chegar primeiro, senón demostrar a capacidade para realizar unha condución eficiente, precisa e respectuosa co medio ambiente.

Os participantes compiten con vehículos eléctricos e doutras enerxías alternativas, poñendo a proba as tecnoloxías destinadas a reducir o consumo enerxético e as emisións contaminantes e de CO₂.

🌱 EFICIENCIA + TECNOLOXÍA + DEPORTE + SOSTIBILIDADE
A competición busca tamén promover un cambio nos hábitos de condución, apostando por técnicas que permitan reducir o consumo de enerxía, minimizar o impacto ambiental e avanzar cara a un modelo de transporte máis sostible.

🔧 Ademais, o EcoRallye constitúe un importante escaparate para os fabricantes, que poden probar e amosar novas tecnoloxías orientadas á eficiencia enerxética e á mobilidade do futuro.

💚 As Pontes súmase así a unha cita que combina competición, innovación e compromiso coa sustentabilidade.

COMPARTIMOS.  ⚽️💙🧡 Portas abertas ao fútbol sala feminino nas Pontes!O deporte feminino segue medrando e, esta semana, t...
08/09/2026

COMPARTIMOS. ⚽️💙🧡 Portas abertas ao fútbol sala feminino nas Pontes!

O deporte feminino segue medrando e, esta semana, todas as nenas que queiran achegarse ao fútbol sala, probar e desfrutar deste deporte teñen unha nova oportunidade da man do Lago Sport.

Durante as sesións estarán acompañadas por Dany Domingos, xogadora profesional e adestradora da Escola de Base do Lago Sport que compartirá a súa experiencia e paixón polo fútbol sala. 👏🏻

Unha actividade para xogar, aprender, facer equipo e, sobre todo, pasalo ben! 💪🏻⚽️

📍 Pavillón Monte Caxado
📅 Martes, 8 de setembro | ⏰ 17:00 – 19:00 h
📅 Venres, 11 de setembro | ⏰ 16:45 – 18:45 h

👉 Anímate a probar o fútbol sala feminino!

Dirección

Parque Municipal S/n
Puentes De García Rodríguez
15320

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de As Pontes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de As Pontes:

Atajos

Compartir