Bibliotecas de Redondela

Bibliotecas de Redondela Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Bibliotecas de Redondela, Biblioteca, Paseo da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos, Redondela.

HORARIOS DAS NOSAS SALAS:
HORARIO INVERNO:
-- Biblioteca Valle-Inclán de Redondela:
- Sala Xeral - De luns a venres: de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
- Sala Infantil - De luns a venres: de 17:00 a 20:00 h.
- Sala de Estudo - De luns a venres: de 8:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:45 h. / Sábados e domingos: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 h.
-- Biblioteca Xela Arias de Chapela:
De luns a v

enres: de 16:00 a 21:00 h. HORARIO VERÁN:
-- Biblioteca Valle-Inclán de Redondela:
- Sala xeral: De luns a venres: de 9:00 a 14:00 h.
- Sala infantil: De luns a venres: de 10:30 a 13:30 h.
- Sala de estudo: de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:45 / Sábados e domingos: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h.
-- Biblioteca Xela Arias de Chapela:
De luns a venres: de 9:00 a 14:00 h.

29/05/2026

🌳Esta tarde a 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐗𝐞𝐥𝐚 𝐀𝐫𝐢𝐚𝐬 trasladouse ao parque para contar contos.

👧Era unha ocasión especial, pois Noela, acompañada de Rebeca, a súa nai, nos ía contar a todos un conto.

🍀Que ben estabamos na herba, coa brisa, escoitando historias! Canto nos prestou!

📖A bibliotecaria nos achegou tamén algunhas das historias que ocupan os estantes, e ás que lles gusta ser contadas.

🖍️Rematamos debuxando a algún dos personaxes.

Grazas a Noela e Rebeca por facer esta proposta e por impulsar á biblioteca a saír das súas paredes habituais. Sen vós non sería posible.


Nos clubs de lectura estamos a ler este mes:🔸REDONDELA: "Los ojos del hermano eterno", de Stefan Zweig🔸CHAPELA: "La geom...
25/05/2026

Nos clubs de lectura estamos a ler este mes:

🔸REDONDELA: "Los ojos del hermano eterno", de Stefan Zweig
🔸CHAPELA: "La geometría del amor", de John Cheever

Última das lecturas desta temporada 2025/2026. En xuño comentarémolas!

🤓 E como non podía ser doutro xeito, esta mañá as Bibliotecas Municipais de Redondela participamos na grande festa 𝕷𝖊𝖈𝖙𝖚...
22/05/2026

🤓 E como non podía ser doutro xeito, esta mañá as Bibliotecas Municipais de Redondela participamos na grande festa 𝕷𝖊𝖈𝖙𝖚𝖗𝖆 𝖓𝖆 𝕽𝖚́𝖆.

🎆Este evento, que vai xa pola súa 𝙑𝙄 𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣, está organizado polo , en colaboración co .

🏫 Nel escolas de infantil, de primaria, institutos e centros de atención a persoas maiores se reúnen na alameda para festexar a afección á lectura.

📖Momentos de lectura individual e silenciosa se combinan con outros de lectura compartida, ensalzamento de libros, etc.

🎸Ao rematar, unha actuación musical serve o momento de festa e ledicia compartida.

🏚️As bibliotecas municipais participamos coas nosas "casetas", onde prestamos libros para as persoas participantes, especialmente o público de máis idade.

22/05/2026

A Alameda Castelao acolle este venres 22 unha nova edición da actividade “Lectura na rúa” na que participan os centros educativos do concello, as bibliotecas

INTERESANTE presentación de libro, este venres no Multiúsos de Redondela.Parabéns a Julio Alonso pola súa publicación!
20/05/2026

INTERESANTE presentación de libro, este venres no Multiúsos de Redondela.
Parabéns a Julio Alonso pola súa publicación!

O acto terá lugar este venres 22 ás 20:30 horas e xunto ao autor estará o investigador e técnico do servizo de Normalización Lingúística de Redondela, Xurxo

🤍🩵🤍Nas nosas bibliotecas podedes seguir a consultar información interesante de Begoña Caamaño, a homenaxeada do Día das ...
18/05/2026

🤍🩵🤍Nas nosas bibliotecas podedes seguir a consultar información interesante de Begoña Caamaño, a homenaxeada do Día das Letras Galegas 2026, e achegarvos ás súas novelas e ao seu particular xeito de cambiar e axeitar a tradición dos mitos e da épica, subvertindo o rol das mulleres.

👧🏾👦🏾E esta semana recibimos a visita duns pequenos lectores na 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐕𝐚𝐥𝐥𝐞-𝐈𝐧𝐜𝐥𝐚́𝐧 𝐝𝐞 𝐑𝐞𝐝𝐨𝐧𝐝𝐞𝐥𝐚.🌳📖A rapazada de Inf...
15/05/2026

👧🏾👦🏾E esta semana recibimos a visita duns pequenos lectores na 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐕𝐚𝐥𝐥𝐞-𝐈𝐧𝐜𝐥𝐚́𝐧 𝐝𝐞 𝐑𝐞𝐝𝐨𝐧𝐝𝐞𝐥𝐚.

🌳📖A rapazada de Infantil do achegouse á nosa biblioteca para g***r dun "baño de bosque" literario.

🖌️Escoitaron contos de libros, de paisaxes literarias, e elaboraron cadanseu bosque de libros persoal.

🌱Antes de marchar, recibiron un orixinal agasallo: un esquexe de árbol de xade, para prantar na casa.

🤓Parabéns a estes xoves lectores, por ese entusiasmo cos libros. Están a sementar o terreo para ser futuros lectores.

📖👩‍🎨Esta tarde xuntamos a un pequeno e xoven grupo de aspirantes a escritoras na Biblioteca Xela Arias. 🖌Xuntas explorar...
14/05/2026

📖👩‍🎨Esta tarde xuntamos a un pequeno e xoven grupo de aspirantes a escritoras na Biblioteca Xela Arias.
🖌Xuntas exploraron a creación individual e colectiva de historias: narrativas, de cómic, serias, absurdas e tolas.

Grazas a Nusy Lo art por brindarnos esta oportunidade de exploración creativa

Dirección

Paseo Da Xunqueira, SN, Edificio Multiusos
Redondela
36800

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bibliotecas de Redondela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Bibliotecas de Redondela:

Compartir

Categoría