Concello de Redondela

Concello de Redondela O Concello de Redondela pretende, dende esta canle, transmitir á súa veciñanza todas as actividad

O CPA AREALONGA BRILLA EN ITALIA! 🥉PARABÉNS ao CPA Arealonga Chapela  e especialmente ao cuarteto junior que vén de face...
31/05/2026

O CPA AREALONGA BRILLA EN ITALIA! 🥉

PARABÉNS ao CPA Arealonga Chapela e especialmente ao cuarteto junior que vén de facer historia en Italia ao alzarse co terceiro posto na Artistic World Cup Final 2026.

Daniela, Martina, Noa e Clara mediron forzas con equipos de potencias como Italia, España e Brasil 💪👏

GRAZAS por levar o nome de Redondela e Chapela ao alto do podio! ❤️

Parabéns, campioas! 🥳👏

O NOSO FÚTBOL ESTÁ DE FESTA!🥇 CD ATLÉTICO VILAR: CAMPIÓNS E ASCENSO!O  proclamouse campión de liga e certificou o ascens...
31/05/2026

O NOSO FÚTBOL ESTÁ DE FESTA!

🥇 CD ATLÉTICO VILAR: CAMPIÓNS E ASCENSO!
O proclamouse campión de liga e certificou o ascenso directo á 2ª Galicia 👏👏

🔥 CHAPELA FC: Á FASE DE ASCENSO!
O asinou unha gran campaña e clasificouse para xogar a fase de ascenso. O soño está máis vivo ca nunca!! Moita sorte 💪💪

🔥 O CD CESANTES: Á FASE DE ASCENSO!
Unha gran temporada do equipo de Cesantes que xoga a fase de ascenso. Parabéns e moita sorte 💪💪

Dende o Concello queremos transmitir a nosa noraboa a xogadores, corpos técnicos, directivas e, por suposto, ás dúas afeccións que empuxaron dende a bancada ❤️

🚧 SOLUCIÓN INTEGRAL NO CAMIÑO DA MILIXOSA (CABEIRO) 🚧Melloramos o proxecto inicial para reparar os danos dos temporais e...
31/05/2026

🚧 SOLUCIÓN INTEGRAL NO CAMIÑO DA MILIXOSA (CABEIRO) 🚧

Melloramos o proxecto inicial para reparar os danos dos temporais e ofrecer unha solución definitiva á veciñanza da parroquia 💪.

Presentamos a actuación ao programa Vía Depo cun investimento de 146.372€ .

O novo deseño técnico inclúe:
• 🏗️ Muros en ambas marxes: Máxima seguridade para evitar novos desprendementos.
• 🚜 Rebaixe do talude: Execución dun novo petril de pedra de granito de 50 cm.
• 🚗 Calzada máis ampla: Ampliase o ancho medio do camiño ata os 7,50 metros.
• 💧 Mellor drenaxe: Terreo estabilizado fronte a futuras choivas intensas.

👉 "Non nos limitamos a poñer un parche onde caeu a terra, traballamos para ofrecer unha solución definitiva e integral”, sinala a alcaldesa, Digna Rivas.

Con esta reforma total garantimos unha circulación moito máis segura e cómoda para vehículos e peóns 🚗🚶‍♂️

ℹ Máis información aquí 👇
https://redondela.gal/o-concello-mellora-o-proxecto-do-camino-milixosa-para-facer-unha-reforma-integral/

🎉 ARRANCAMOS A PROGRAMACIÓN DA FESTA DA COCA 2026!Hoxe comezamos co Choquiño Urban Fest e mañá seguimos con plans para t...
30/05/2026

🎉 ARRANCAMOS A PROGRAMACIÓN DA FESTA DA COCA 2026!

Hoxe comezamos co Choquiño Urban Fest e mañá seguimos con plans para toda a familia.

💥 HOXE: DEPORTE e MÚSICA URBANA
🛹 Obradoiros de parkour, skate, stencil e exhibición de BMX.
🎵 A esta hora: Concertos en directo e sesións de picadiscos no Campo da Feira.
🎤 No escenario: Ortiga, 9Louro, K**e Varela, French Rivera, Rodri Vegas, Dj Valdi e Ramsés López.
⏰A música non para ata as 04:00 h.
Prezo: De balde

🤡 MAÑÁ: ACTIVIDADE INFANTIL CON CANTAJUEGO
O domingo chega un dos espectáculos máis agardados polos pequenos.
🎭 «El Payaso Tallarín – Su Gran Circo»:🤸‍♂️ Acrobacias, humor, música e a visita de Coco e Pepe.
📍 Lugar: Campo da Feira.
🕡 Hora: Domingo 31 de maio ás 18:30 h.
Prezo: De balde

🚭 Redondela xa conta con novos ESPAZOS SEN FUME! 💚📅 No marco do Día Mundial sen Tabaco, o Concello adhírese á campaña da...
30/05/2026

🚭 Redondela xa conta con novos ESPAZOS SEN FUME! 💚

📅 No marco do Día Mundial sen Tabaco, o Concello adhírese á campaña da Asociación Española Contra o Cancro para protexer a saúde da nosa veciñanza. 🫁

📍 Cales son as novas contornas libres de fume?
• 🌿 Paseo da Xunqueira
• 🌳 Alameda de Castelao

🤝 Esta iniciativa naceu do grupo de Saúde Infanto-Xuvenil da MESA LOCAL de SAÚDE. A mocidade foi o motor do proxecto! 🚀 O alumnado dos institutos propuxo as localizacións para conseguir espazos máis limpos 🍃

👉 "Non se trata de prohibir, senón de concienciar, educar e, sobre todo, protexer á nosa infancia e mocidade", explica a alcaldesa, Digna Rivas.

🎯 O obxectivo é desnormalizar o consumo de tabaco e vapeo en zonas públicas. Queremos acadar o reto da Unión Europea: ¡a primeira xeración libre de fume no ano 2030! 🇪🇺👶

🙌 Moitas grazas a toda a comunidade escolar, á Asociación Española Contra o Cancro, á Rede Galega de Promoción da Saúde e á Asociación Lenda pola súa implicación. 🤝🎒

💚 Coidemos a nosa saúde. Respectemos os espazos de convivencia. 👨‍👩‍👧‍👦☀️

ℹ Máis información aquí 👇
https://redondela.gal/alameda-castelao-e-paseo-da-xunqueira-novos-espazos-sen-fume/

🌊 NOVAS OPORTUNIDADES NA ENSEADA DE SAN SIMÓN 🌊Queremos imaxinar e compoñer futuros máis sostibles para o noso mar. Por ...
30/05/2026

🌊 NOVAS OPORTUNIDADES NA ENSEADA DE SAN SIMÓN 🌊

Queremos imaxinar e compoñer futuros máis sostibles para o noso mar. Por iso unímonos á ciencia e á cooperación internacional para conectar o sector pesqueiro galego co mundo.

Que vas descubrir?
• Realidades compartidas: Coñece a pesca artesanal en Xapón, México ou O Salvador.
• Retos comúns: Descubre como se enfrontan aos mesmos problemas ca nós.
• Lazos globais: Intercambia experiencias para aprender unhas das outras.

O futuro da nosa enseada tamén se constrúe escoitando outras voces 🤝

✅ CHARLA PRESENCIAL
30/05/2026

✅ CHARLA PRESENCIAL

🛹 SÁBADO 30 de MAIO na PISTA de SKATE da MARISMA12.00 h Taller de STENCIL 👕 🎨16:00 h Talleres de PARKOUR                ...
29/05/2026

🛹 SÁBADO 30 de MAIO na PISTA de SKATE da MARISMA

12.00 h Taller de STENCIL 👕 🎨

16:00 h Talleres de PARKOUR
SKATE 🛹
BREAKDANCE

19:00 h Exhibición BMX Flatland por David Carmona "MONKIKI" 🚲

🛑 Defensa do noso litoral 🌊💚O Concello de Redondela presentou formalmente as súas alegacións á proposta de Delimitación ...
29/05/2026

🛑 Defensa do noso litoral 🌊💚

O Concello de Redondela presentou formalmente as súas alegacións á proposta de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do Porto de Vigo. A alcaldesa, Digna Rivas, reitera o firme rexeitamento do Goberno local á ampliación de usos comerciais, loxísticos e industriais na nosa costa.

🌿 As demandas principais:
• Priorizar a recuperación ambiental fronte á almacenaxe loxística.
• Protexer a Enseada de San Simón, o seu patrimonio cultural e a súa paisaxe.
• Actuar na contorna do Peirao de Pedra e do cargadoiro de Coto-Wagner polo seu alto valor histórico.
• Garantir o uso público do bordo marítimo para o goce de toda a veciñanza.
• Reducir o solo industrial previsto e aplicar medidas reais de rexeneración.

📢 "Esiximos un modelo máis equilibrado que compatibilice a actividade económica coa protección ambiental e a calidade de vida en Chapela e Rande", sinala a alcaldesa Digna Rivas.

Traballamos por un futuro sustentable e un litoral vivo para Redondela. 🌊💚

ℹ Máis información aquí 👇
https://redondela.gal/o-concello-defende-a-proteccion-de-rande-e-san-simon-fronte-ao-plan-de-usos-do-porto-de-vigo/

29/05/2026

Dirección

Alfonso XII Nº2
Redondela
36800

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Redondela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Redondela:

Compartir

Categoría