21/09/2022
Onte 20 de setembro tivo lugar un OBRADOIRO SOBRE MOBILIDADE LABORAL EURES, 30 das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego 2021 - 2022 do Concello de Redondela reuníronse no Multiusos da Xunqueira para coñecer as opcións de traballo no extranxeiro da man de Elisa González, Consejera da rede EURES : como acceder as ofertas abertas, como obter información do pais de destiño, axudas, etc...
Ao finalizar, Ana Concheiro, unha das tres técnicas do programa integrado informou as persoas asistentes sobre diversas cuestións de formación e emprego:
- Certificados de profesionalidade
- Competencias clave
- Probas libres para a obteción da ESO
- Probas de acceso a ciclos
- Recoñecemento da experiencia profesional
Todas estas accións teñen como finalidade mellorar a ocupabilidade das 100 persoas que participan neste programa integrado que finalizará o vindeiro 21 de novembro.