03/06/2026
Como xa estamos a piques de celebrar a Festa da Coca, solicitamos ao Concello de Redondela medidas que faciliten o traballo das alfombristas, verdadeiras protagonistas desta tradición .
Pedimos ao goberno tres pequenas accións para unha mellor organización da festa da Coca:
1. Corte do tráfico en Alfonso XII desde as 10:00 h do mércores.
2. Alternativas para que o transporte escolar entre por Santa Mariña.
3. Acceso do autobús urbano Vigo-Redondela ata a Farola.
Coidar a nosa festa é tamén facilitar o labor de quen a fai posible ano tras ano.