Protección Civil Rianxo Perfil Oficial

Protección Civil Rianxo Perfil Oficial Formada integramente por voluntari@s. A nosa máxima é formar a poboación na prevención e colaborar en emerxencias cós colectivos profesionais.

⛪🙏 Procesión de San Antonio en Rianxo👥 Na xornada de hoxe, voluntarios de Protección Civil de Rianxo participaron no dis...
07/06/2026

⛪🙏 Procesión de San Antonio en Rianxo

👥 Na xornada de hoxe, voluntarios de Protección Civil de Rianxo participaron no dispositivo de seguridade con motivo da tradicional procesión de San Antonio, celebrada no noso concello.

Durante o acto, os nosos voluntarios colaboraron para garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento da procesión, contribuíndo a que esta celebración se desenvolvese con normalidade e tranquilidade. 🚑💛

Queremos agradecer a colaboración de todas as persoas participantes, así como das entidades e servizos que formaron parte do dispositivo, facendo posible unha xornada segura para todos. 🤝

Seguimos ao servizo da veciñanza, traballando con compromiso e vocación para acompañar e apoiar os eventos e tradicións do noso concello. 💛🚑

🏍️🚑 XVII Concentración Moteira de RianxoNa xornada de onte, voluntarios de Protección Civil de Rianxo prestaron servizo ...
07/06/2026

🏍️🚑 XVII Concentración Moteira de Rianxo

Na xornada de onte, voluntarios de Protección Civil de Rianxo prestaron servizo preventivo durante a XVII Concentración Moteira celebrada no noso concello, colaborando para garantir a seguridade e o correcto desenvolvemento deste importante evento.

Queremos expresar o noso agradecemento á organización polo seu traballo e dedicación, así como á Policía Local e ao servizo de ambulancias pola súa coordinación e colaboración durante toda a xornada. 🤝

Tamén queremos dar as grazas a todas as persoas participantes e asistentes polo seu comportamento exemplar, contribuíndo a que a concentración se desenvolvese con normalidade e seguridade. 🏍️💨

Seguimos traballando con compromiso, responsabilidade e vocación de servizo para estar ao lado da veciñanza e garantir a seguridade nos eventos do noso concello. 💛🚑

🇪🇸🤝 Protección Civil de Rianxo nas Forzas Armadas👥 Durante os días xoves, venres e sábado, voluntarios da nosa Agrupació...
30/05/2026

🇪🇸🤝 Protección Civil de Rianxo nas Forzas Armadas

👥 Durante os días xoves, venres e sábado, voluntarios da nosa Agrupación de Protección Civil de Rianxo participaron no dispositivo de seguridade e apoio organizado con motivo do evento das Forzas Armadas, celebrado na praia de Samil, en Vigo.

Ao longo destas tres xornadas, colaboramos estreitamente coa organización do evento e cos distintos corpos e forzas de seguridade, entre eles as Policías Militares, a Garda Civil, a Policía Nacional, Policía Local, etc…Contribuíndo ao correcto desenvolvemento dunha cita que reuniu a miles de asistentes.

🚑🤝 Tamén foi unha oportunidade para traballar coordinadamente con compañeiros doutras agrupacións de Protección Civil, como Vigo, Pontevedra, Ponteareas, O Porriño, Tomiño, Vilaboa e Poio, demostrando unha vez máis a importancia da cooperación, a coordinación e o compromiso compartido entre todos os servizos participantes.

👏 Queremos agradecer á organización, ás Forzas Armadas, aos corpos de seguridade e a todas as agrupacións colaboradoras a súa profesionalidade, disposición e compañeirismo durante estas intensas xornadas de servizo.

💛 Seguimos traballando ao servizo da cidadanía, sempre preparados para colaborar onde sexa necesario.

👥Esta semana, os nosos voluntarios de Protección Civil de Rianxo participaron xoves e venres no Congreso Autonómico sobr...
29/05/2026

👥Esta semana, os nosos voluntarios de Protección Civil de Rianxo participaron xoves e venres no Congreso Autonómico sobre Busca de Persoas Desaparecidas, celebrado na AGASP.

🤝 Durante estas xornadas tiveron a oportunidade de ampliar coñecementos, compartir experiencias con profesionais e equipos de toda Galicia, e coñecer novas técnicas e ferramentas que contribúen a facer máis eficaces os dispositivos de busca.

🎓 A formación continua é unha peza fundamental no labor de Protección Civil, permitindo mellorar a preparación e a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia.

👏 Queremos agradecer á organización deste encontro o seu compromiso coa formación e a coordinación entre os diferentes servizos que traballan cada día pola seguridade da cidadanía.

👥 Onte os nosos voluntarios de Protección Civil de Rianxo e a Policía Local tiveron a sorte de compartir unha mañá moi e...
28/05/2026

👥 Onte os nosos voluntarios de Protección Civil de Rianxo e a Policía Local tiveron a sorte de compartir unha mañá moi especial cos nenos e nenas da gardería Galiña Azul🐣💙

Durante a visita, os máis pequenos puideron coñecer de preto os nosos vehículos de emerxencias, descubrir o material que empregamos no día a día e aprender algunhas nocións básicas sobre a importancia da axuda e da prevención 🚨🦺

Foi unha xornada chea de curiosidade, sorrisos e ilusión, na que os pequenos se converteron por un intre en auténticos heroes e heroínas 👨‍🚒✨

Queremos agradecer á gardería Galiña Azul pola súa acollida e polo agarimo recibido. Agardamos repetir moi pronto! 💛

👥 Protección Civil de Rianxo, presente un ano máis na tradicional procesión de Santa Rita 🌊🚨Durante a xornada de onte, v...
23/05/2026

👥 Protección Civil de Rianxo, presente un ano máis na tradicional procesión de Santa Rita 🌊🚨

Durante a xornada de onte, voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Rianxo colaboraron activamente tanto por mar como por terra para garantir o bo desenvolvemento da celebración.

⛴️ No percorrido marítimo, o noso equipo velou pola seguridade do público asistente e das personalidades e autoridades presentes a bordo do catamarán, asegurando que a travesía se desenvolvese con total normalidade e seguridade.

🚶‍♂️ Por terra, tamén estivemos presentes acompañando a procesión polas rúas de Rianxo, coordinando o tránsito, apoiando ás persoas asistentes e traballando para que veciños e visitantes puidesen g***r desta tradición con tranquilidade.

🙏 Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta celebración e, especialmente, aos nosos voluntarios e voluntarias polo seu compromiso e dedicación.

👥🚑 Hoxe, voluntarios de Protección Civil de Rianxo, en colaboración coa Agrupación de Protección Civil de Outes e a Poli...
17/05/2026

👥🚑 Hoxe, voluntarios de Protección Civil de Rianxo, en colaboración coa Agrupación de Protección Civil de Outes e a Policía Local, participaron no dispositivo de apoio e seguridade da Carreira Pedestre celebrada no concello de Outes.

Durante a xornada realizáronse labores de prevención, coordinación e apoio aos participantes para garantir o bo desenvolvemento do evento deportivo 💪😊

Queremos agradecer a colaboración entre agrupacións e o gran ambiente vivido durante toda a proba 👏🚓

👥🥾 Onte, dende a agrupación de Protección Civil de Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo () e o Club Deportivo B...
17/05/2026

👥🥾 Onte, dende a agrupación de Protección Civil de Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo () e o Club Deportivo Barbantia Roda ( , tivemos a oportunidade de participar no dispositivo de apoio do evento de sendeirismo O Camiño dos Faros.

Nesta ocasión acompañamos aos participantes na primeira etapa, entre Malpica e a Praia de Niñóns, cun percorrido de arredor de 22 km cheos de paisaxes espectaculares da Costa da Morte 🌅🌊

Durante a xornada realizáronse tarefas de apoio loxístico, prevención e acompañamento, contribuíndo a que a actividade se desenvolvese con seguridade e normalidade para todas as persoas participantes 🚑💪

Queremos agradecer a colaboración entre entidades e o bo ambiente vivido durante toda a ruta. Seguimos traballando ao servizo da veciñanza e apoiando actividades deportivas e saudables no noso entorno 😊👏

👥Onte, os nosos voluntarios de Protección Civil de Rianxo acudiron para dar cobertura e apoio nunha carreira celebrada n...
16/05/2026

👥Onte, os nosos voluntarios de Protección Civil de Rianxo acudiron para dar cobertura e apoio nunha carreira celebrada no noso concello.

Como sempre, estivemos preparados para colaborar e velar pola seguridade de participantes e asistentes, garantindo que a proba se desenvolvese con normalidade e sen incidencias. 💛

Queremos agradecer á organización a confianza depositada no noso equipo e felicitar a todas as persoas participantes polo gran ambiente vivido durante a xornada. 👏🏅

📱👥 Hoxe, dende a Agrupación de Protección Civil de Rianxo, seguimos avanzando na mellora da nosa organización interna e ...
02/05/2026

📱👥 Hoxe, dende a Agrupación de Protección Civil de Rianxo, seguimos avanzando na mellora da nosa organización interna e na innovación tecnolóxica.

As voluntarias do departamento de redes sociais (._ y .alejandra_gomez._ ), impartiron unha charla informativa sobre o novo proxecto dixital da agrupación: a aplicación exclusiva ProtRian 🚨

Trátase dunha aplicación móbil privada deseñada para a xestión administrativa e operativa, exclusivamente para a Agrupación de Protección Civil de Rianxo. Durante a sesión explicouse o seu funcionamento e as súas utilidades, entre as que destacan a coordinación de voluntariado, a xestión de servizos e equipos, a visualización do perfil dos integrantes e a recepción de notificacións internas, etc 📲

Ademais, tamén se realizou unha demostración práctica sobre a instalación da aplicación e o seu uso básico, resolvendo dúbidas e facilitando a súa posta en marcha entre os membros da agrupación.

Seguimos traballando por unha Protección Civil máis eficiente, coordinada e preparada 💙

Dirección

Rianjo
15920

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Protección Civil Rianxo Perfil Oficial publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Protección Civil Rianxo Perfil Oficial:

Compartir