Servizo de Normalización Lingüística - Concello de Rianxo

Servizo de Normalización Lingüística - Concello de Rianxo O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo creouse o 1 de maio de 2017.

O técnico de normalización lingüística é David Cobas Medín, e depende organicamente da Concellaría de Educación e Normalización Lingüística. O Concello de Rianxo materializa, deste xeito, o seu compromiso co idioma propio e oficial de Galicia, coa intención de promover o proceso de normalización lingüística a través da galeguización do seus servizos e incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos e sectores da sociedade rianxeira.

MURAL ARTÍSTICO E IDENTIFICATIVO DO CEIP ADR CASTELAOA petición do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do...
08/09/2021

MURAL ARTÍSTICO E IDENTIFICATIVO DO CEIP ADR CASTELAO

A petición do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP ADR Castelao de Rianxo, NOVE NOEL, artista grafiteiro rianxeiro, elaborou este mural artístico e identificativo do colexio.

Contou co financiamento da Concellería de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo e para a súa instalación precisouse crear unha estrutura de aluminio modular de 6x3 metros, co fin de poder descolgalo en previsión das obras de rehabilitación do edificio que vai levar a cabo proximamente a Consellería de Educación.

Presentes no mural, Rianxo, Castelao e a defensa da lingua galega e da educación pública.

Cultura Rianxo

MURAL ARTÍSTICO E IDENTIFICATIVO DO CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ DE ASADOSA Concellería de Educación e Normalización Lingüísti...
06/09/2021

MURAL ARTÍSTICO E IDENTIFICATIVO DO CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ DE ASADOS

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo colaborou co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP Ana María Diéguez de Asados financiando a elaboración duns murais artísticos e identificativos da escola. A artista escollida para este traballo foi Lara Torres.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/rianxo/2021/09/01/arte-educar-pequenosartista-obra-lugar/0003_202109B1C8993.htm

Concello de Rianxo Cultura Rianxo

FORMACIÓN EN LIÑA DE YOUTUBEIRAS 2021Inscrición antes do 14 de setembro!!Concello de Rianxo Cultura Rianxo Youtubeiras Y...
03/09/2021

FORMACIÓN EN LIÑA DE YOUTUBEIRAS 2021

Inscrición antes do 14 de setembro!!

Concello de Rianxo Cultura Rianxo Youtubeiras Youtubeiras Rianxeiras

☄️FORMACIÓNS MAGNÉTICAS EN LIÑA☄️

⚡️Youtubeiras lanza a segunda formación virtual desta edición. 👩‍💻

📌O 𝟏𝟕 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 chega 𝐏𝐎𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐄 𝐘𝐎𝐔𝐓𝐔𝐁𝐄 con Adrián Suárez.

🔈 Estratexias de comunicación sinxelas e directas para ter máis visualizacións!

⚠️AS PRAZAS SON LIMITADAS⚠️

Preme na ligazón, infórmate e inscríbete!

👉https://youtubeiras.gal/formacion/POSICIONAMENTO%20E%20YOUTUBE/

27/08/2021

O VIDEOXOGO DO POLBO PO

Un dos atractivos da Ruta do Apego de Rianxo é poder botar unha partida ao videoxogo do polbo Po. Po viaxa ao río Te e alí atopa personaxes moi simpáticos e, sobre todo, moi curiosos...

O videoxogo, ao igual que a páxina web da Ruta do Apego de Rianxo foi elaborado polo alumnado do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil de Confección de Páxinas Web Carnero Valenzuela II do Concello de Rianxo.

Anímaste a superar o reto?

https://rutadoapego.rianxo.gal/apegopo/apegopo.html

Cultura Rianxo Concello de Rianxo Apego

Estes son algúns dos tesouros que poderedes atopar ao longo da Ruta do Apego de Rianxo... https://rutadoapego.rianxo.gal...
13/08/2021

Estes son algúns dos tesouros que poderedes atopar ao longo da Ruta do Apego de Rianxo...

https://rutadoapego.rianxo.gal/

Concello de Rianxo Cultura Rianxo Turismo Rianxo Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo Apego

Inauguramos a Ruta do Apego de Rianxo
12/08/2021

Inauguramos a Ruta do Apego de Rianxo

RUTA DO APEGO DE RIANXO Apetéceche vivir unha experiencia rianxeira en familia?Déixate guiar pola Ruta do Apego de Rianx...
11/08/2021

RUTA DO APEGO DE RIANXO

Apetéceche vivir unha experiencia rianxeira en familia?

Déixate guiar pola Ruta do Apego de Rianxo, a primeira ruta sinalizada e interactiva para crianzas do Proxecto Apego

Ademais de coñecer as bondades do río Te, poderedes atopar lendas, contos, natureza, historia e toda a información necesaria para pasar uns días no noso concello: onde durmir ou comer con crianzas, que visitar...

Estamos agardando por vós!!

https://rutadoapego.rianxo.gal/

Concello de Rianxo Cultura Rianxo Turismo Rianxo Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo Avoar

YOUTUBEIRAS 2021Bota a andar o certame Youtubeiras, que este ano se centrará na oferta de formación especializada e en l...
30/06/2021

YOUTUBEIRAS 2021

Bota a andar o certame Youtubeiras, que este ano se centrará na oferta de formación especializada e en liña e na posta en valor das canles que fan un traballo continuado, atenden a súa comunidade e normalizan o uso da lingua galega nesta rede social.

Como cada ano, tamén convocamos os que manteñen en 7500 € a contía dos galardóns.

Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Negreira, O Grove, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

Consulta toda a información: bases, actividades formativas etc., en

Youtubeir@s é un proxecto de visibilización de creadores e creadoras en galego no Youtube.

ENREGUÉIFATE 2021Xa se publicou a relación de premiados do Enreguéifate 2021. Rianxo participou tamén coas súas regueifa...
28/06/2021

ENREGUÉIFATE 2021

Xa se publicou a relación de premiados do Enreguéifate 2021. Rianxo participou tamén coas súas regueifas... A ver se vos soa alguén entre a listaxe dos vídeos escollidos...

https://enregueifate.gal/

Cultura Rianxo Concello de Rianxo Endl Félix Muriel

Enreguéifate é un proxecto educativo e festivo que promove o contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar. Súmate á regueifa expansiva!

ENREGUÉIFATE O proxecto Enreguéifate e a Regueifesta, en que colaboramos cinco concellos galegos: Ames, Santiago de Comp...
07/06/2021

ENREGUÉIFATE

O proxecto Enreguéifate e a Regueifesta, en que colaboramos cinco concellos galegos: Ames, Santiago de Compostela, Pontevedra, Teo e Rianxo, levou o Premio 1000 Primaveras ao proxecto estabilizado de normalización lingüística. É un premio que outorga a CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Nel valóranse as boas prácticas á hora de promover campañas que son capaces de crear espazos de uso para a nosa lingua.

O sábado pasado estivemos en Pontevedra recollendo o noso premio... que por certo, é obra de Pedras de Papel. Artesania e patrimonio de Rianxo.

Cultura Rianxo Concello de Rianxo Enreguéifate

ENREGUÉIFATE 2021Que ben o pasamos os maiores regueifando o sábado!! Aprendemos moito de Lupe e ata houbo sorpresas... L...
24/05/2021

ENREGUÉIFATE 2021

Que ben o pasamos os maiores regueifando o sábado!! Aprendemos moito de Lupe e ata houbo sorpresas...

Lembrade que tendes ata o día 28 deste mes para mandar os vosos vídeos regueifando. Ánimo!!

Cultura Rianxo Concello de Rianxo Enreguéifate

21/05/2021

ENREGUÉIFATE 2021

Mañá, sábado, ás 11.00 no Liceo marítimo, Lupe Blanco aprenderanos todo sobre a regueifa: orixe, distribución xeográfica, técnicas para regueifar...

Mais no vídeo que acompaña a esta publicación, a nosa veciña Maruxa do Toural, de 92 anos, xa dá conta dos "piques" que se producían entre as aldeas de Buia e Cerqueiras. (Grazas a José Luis do Pico Orjais polo documento).

Así que xa sabedes, se vos apetece vir mañá a charlar con Lupe sobre este xeito de tradición oral, tamén rianxeiro, aínda estades a tempo de anortarvos en: [email protected].

Concello de Rianxo Cultura Rianxo Enreguéifate

Dirección

Rianjo
15920

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Servizo de Normalización Lingüística - Concello de Rianxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir