17/08/2025
“Os que mataron a Bóveda mataron a unha Galiza chea de luz; pero nós crearemos outra nova i-entón o noso mártir revivirá." (Castelao)
O 17 de agosto é o día de honra á memoria dunha Galiza Mártir, a memoria de todas e todos que morreron asasinados por defenderen os seus ideais simbolizada no día que Alexandre Bóveda era fusilado no monte da Caeira.
Foi no exilio en Bos Aires onde a Irmandade Galega institúe o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir. Castelao inmortalizou simbolicamente no seu álbum Galicia Mártir a todas as vítimas da represión fascista en Galiza. A máis representativa delas, a quen Castelao adicou o seu testamento político, o libro Sempre en Galiza e a quen considerou o símbolo de todas as vítimas no seu discurso Alba de Groria, foi Alexandre Bóveda, dirixente do Partido Galeguista, vítima dun falso proceso en Pontevedra e fusilado na Caeira o 17 de Agosto de 1936. Sería en Pontevedra, no cemiterio de Santo Amaro en que foi enterrado Bóveda, onde se realizaría en 1977 o primeiro acto público en Galiza do