03/06/2026
👨👩👧👦 Este sábado, 6 de xuño, terá lugar o segundo Encontro de Familias organizado pola Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello de Ribadeo e pola asociación Guillem Veiga Iglesias.
🗣️ A xornada estará centrada nas “Relacións e conflitos sociais: como axudar á infancia a relacionarse mellor” e desenvolverase no centro sociocomunitario de Ribadeo de 11:30 a 13:30 horas.
💙 Os Encontros de Familias son espazos para aprender, reflexionar e compartir experiencias arredor do benestar emocional, social e educativo das nosas crianzas.
📌 Actividade gratuíta con prazas limitadas por orde de inscrición.
📞 Máis información e inscricións no 672 98 64 76 (tamén WhatsApp) ou no correo [email protected].