Concello de Ribadeo

Concello de Ribadeo Páxina oficial de facebook do Concello de Ribadeo Páxina oficial de Facebook do Concello de Ribadeo.

Queremos felicitar ao Club Baloncesto Ría de Ribadeo por este gran logro.🏆🥇Un orgullo ver como o deporte base de Ribadeo...
01/06/2026

Queremos felicitar ao Club Baloncesto Ría de Ribadeo por este gran logro.🏆🥇

Un orgullo ver como o deporte base de Ribadeo segue medrando. Parabéns aos xogadores e xogadoras, ao corpo técnico e ás familias polo esforzo e polo traballo.

A seguir desfrutando do baloncesto! 💙🏀

CAMPEONES GALLEGOS DE 2ª DIVISIÓN MINI🏆🥇

Máximo orgullo de Club al ver competir a nuestr@s minis en el Campeonato Gallego que se ha disputado en la Estrada. 💪🏼🏀

Enhorabuena y a seguir disfrutando del basket👏🏼💙

31/05/2026

🎶 𝙊 𝘿𝙤𝙢𝙞𝙣𝙜𝙪𝙚𝙤 𝙫𝙤𝙡𝙫𝙚𝙪 𝙚𝙣𝙘𝙝𝙚𝙧 𝙙𝙚 𝙢𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖, 𝙖𝙢𝙗𝙞𝙚𝙣𝙩𝙚 𝙚 𝙫𝙞𝙙𝙖 𝙖𝙨 𝙧𝙪́𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤

📍 A rúa Virxe do Camiño converteuse este domingo nun punto de encontro para veciñanza e visitantes coa actuación de La Indirigible, dentro da programación do Domingueo organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa. A música en directo acompañou unha mañá marcada polo bo ambiente, o paseo e a actividade comercial e hostaleira da vila.

🤝 Desde o Concello agradecemos a participación de todas as persoas que se achegaron a desfrutar desta xornada e animamos a seguir participando nas próximas citas do Domingueo.

31/05/2026

🧠 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤, 𝙪𝙣𝙞𝙙𝙤 𝙛𝙧𝙤𝙣𝙩𝙚 𝙖𝙤 𝘼𝙡𝙯𝙝𝙚𝙞𝙢𝙚𝙧 🧠

📍 Onte celebramos en Ribadeo o I Foro Alzheimer, unha xornada que converteu o noso concello nun punto de encontro para a reflexión, o intercambio de experiencias e a sensibilización arredor desta enfermidade 🤝 Profesionais, persoas coidadoras, entidades e público asistente compartiron coñecementos e visións que nos axudan a comprender mellor a realidade das persoas afectadas e das súas familias.

💙 Desde o Concello de Ribadeo queremos agradecer a implicación de todas as persoas que participaron e contribuíron ao éxito desta iniciativa, que nace coa vocación de seguir medrando e xerando conciencia social 🌱 Continuaremos promovendo accións que fomenten unha sociedade máis inclusiva, máis humana e comprometida co benestar das persoas.

31/05/2026
🎶💙 𝘼 𝙈𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 𝙙𝙖 𝙀𝙈𝙈𝙚𝘿 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙡𝙚𝙫𝙖 𝙖𝙧𝙩𝙚 𝙚 𝙖𝙘𝙤𝙢𝙥𝙖𝙣̃𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙖́𝙨 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨 𝙙𝙤 𝘾𝙚𝙣𝙩𝙧𝙤 𝙙𝙚 𝘿𝙞́𝙖 𝘼 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙤𝙧𝙙𝙞𝙖 𝙚 𝙤 𝙃𝙤𝙨𝙥𝙞𝙩𝙖𝙡 𝘿𝙖 𝙈𝙖...
30/05/2026

🎶💙 𝘼 𝙈𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 𝙙𝙖 𝙀𝙈𝙈𝙚𝘿 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙡𝙚𝙫𝙖 𝙖𝙧𝙩𝙚 𝙚 𝙖𝙘𝙤𝙢𝙥𝙖𝙣̃𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙖́𝙨 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨 𝙙𝙤 𝘾𝙚𝙣𝙩𝙧𝙤 𝙙𝙚 𝘿𝙞́𝙖 𝘼 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙤𝙧𝙙𝙞𝙖 𝙚 𝙤 𝙃𝙤𝙨𝙥𝙞𝙩𝙖𝙡 𝘿𝙖 𝙈𝙖𝙧𝙞𝙣̃𝙖

🎼 O profesorado da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo protagonizou unha emotiva iniciativa solidaria levando a súa música ao Centro de Día A Concordia e ao Hospital Público da Mariña.

💙 Unha proposta que busca achegar a música e a danza máis alá das aulas, xerando momentos de benestar, compañía e emoción entre as persoas usuarias e pacientes destes centros.

🤝 A actividade contou coa colaboración do persoal sanitario e asistencial, contribuíndo a crear unha atmosfera de proximidade e ledicia en ambos espazos.

🗣️ Desde a EMMeD destacan o valor social da arte, lembrando que a música e a danza son ferramentas fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas, especialmente en contextos de coidado e recuperación.

🌟 Unha iniciativa que reforza o compromiso da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo coa comunidade, achegando a cultura ás persoas que máis o precisan.

30/05/2026

🧠 Ribadeo acolle hoxe o I Foro Alzheimer, unha xornada aberta á cidadanía para informar, compartir experiencias e reflexionar sobre unha realidade que afecta a milleiros de persoas e familias.

Ao longo de todo o día desenvólvense relatorios, mesas de diálogo e actividades centradas na sensibilización, o acompañamento e os recursos dispoñibles para as persoas con Alzheimer e as súas coidadoras e coidadores.

📍 Aínda estás a tempo de participar. Achegádevos ao Salón dos Alcaldes e formade parte deste espazo de encontro, aprendizaxe e apoio mutuo.

Porque coñecer, comprender e acompañar tamén é coidar. 💜

30/05/2026

🛒 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙚́𝙣𝙘𝙝𝙚𝙨𝙚 𝙙𝙚 𝙫𝙞𝙙𝙖 𝙘𝙤𝙖 𝙘𝙖𝙢𝙥𝙖𝙣̃𝙖 “𝙌𝙪𝙚𝙧𝙚 𝙤 𝙩𝙚𝙪 𝙈𝙚𝙧𝙘𝙖𝙙𝙤” 𝙣𝙖 𝙨𝙪́𝙖 𝙋𝙧𝙖𝙯𝙖 𝙙𝙚 𝘼𝙗𝙖𝙨𝙩𝙤𝙨

🧠 A Praza de Abastos de Ribadeo acolle estes días a campaña europea “Quere o teu Mercado”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que busca poñer en valor o comercio de proximidade e o produto fresco.

🎁 Durante a xornada repartíronse materiais entre os praceiros e bolsas entre as persoas que se achegaron a mercar na praza, co obxectivo de apoiar e dinamizar este espazo clave para a vida da vila.

🗓️ Nas próximas semanas continuarán as actividades na Praza de Abastos, reforzando o seu papel como punto de encontro e motor do comercio local.

🗣️ Unha campaña que aposta por fortalecer a Praza de Abastos como corazón económico e social de Ribadeo.

🎗️ 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙪𝙣𝙞́𝙪𝙨𝙚 𝙖́ 𝙡𝙪𝙞𝙩𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙖 𝙤 𝙘𝙖𝙣𝙘𝙧𝙤 𝙣𝙪𝙣 𝙛𝙚𝙨𝙩𝙞𝙫𝙖𝙡 𝙘𝙝𝙚𝙤 𝙙𝙚 𝙨𝙤𝙡𝙞𝙙𝙖𝙧𝙞𝙚𝙙𝙖𝙙𝙚📍 O Auditorio Hernán Naval acolleu onte o ...
30/05/2026

🎗️ 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙪𝙣𝙞́𝙪𝙨𝙚 𝙖́ 𝙡𝙪𝙞𝙩𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙖 𝙤 𝙘𝙖𝙣𝙘𝙧𝙤 𝙣𝙪𝙣 𝙛𝙚𝙨𝙩𝙞𝙫𝙖𝙡 𝙘𝙝𝙚𝙤 𝙙𝙚 𝙨𝙤𝙡𝙞𝙙𝙖𝙧𝙞𝙚𝙙𝙖𝙙𝙚

📍 O Auditorio Hernán Naval acolleu onte o Festival Contra o Cancro, unha cita solidaria que reuniu música, danza e compromiso social da man de diferentes colectivos e asociacións da vila.

🎶 Sobre o escenario participaron a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Coro Sagrado Corazón, EnraizHadas, o Grupo Amas de Casa e a Asociación Española Contra o Cancro, ofrecendo unha tarde cargada de emoción e apoio a esta causa.

💚 Un evento que volveu demostrar a capacidade de Ribadeo para unirse arredor da solidariedade e da concienciación fronte ao cancro nun auditorio que se quedou pequeno.

🎶 𝙊 𝘿𝙤𝙢𝙞𝙣𝙜𝙪𝙚𝙤 𝙨𝙚𝙜𝙪𝙚 𝙚𝙣𝙘𝙝𝙚𝙣𝙙𝙤 𝙙𝙚 𝙢𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 𝙖𝙨 𝙧𝙪́𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤📍 Este domingo, 31 de maio, La Indirigible actuará na rúa Vir...
29/05/2026

🎶 𝙊 𝘿𝙤𝙢𝙞𝙣𝙜𝙪𝙚𝙤 𝙨𝙚𝙜𝙪𝙚 𝙚𝙣𝙘𝙝𝙚𝙣𝙙𝙤 𝙙𝙚 𝙢𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 𝙖𝙨 𝙧𝙪́𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤

📍 Este domingo, 31 de maio, La Indirigible actuará na rúa Virxe do Camiño a partir das 13:00 horas dentro da programación do Domingueo en Ribadeo, organizada polo Concello e Acisa.

🎸 Música na rúa, ambiente, comercio e hostalería para seguir gozando da primavera na nosa vila.

✅ O Domingueo continuará tamén os días 7 e 14 de xuño en diferentes puntos de Ribadeo.

⚽ 𝙏𝙤𝙙𝙤𝙨 𝙘𝙤 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 FC📍 Este domingo ás 18:30 horas o Ribadeo FC xoga no Pepe Barrera o partido de ida da promoción de as...
29/05/2026

⚽ 𝙏𝙤𝙙𝙤𝙨 𝙘𝙤 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 FC

📍 Este domingo ás 18:30 horas o Ribadeo FC xoga no Pepe Barrera o partido de ida da promoción de ascenso a Preferente Futgal.

👏 Desde o Concello de Ribadeo queremos enviar todo o noso apoio ao equipo nesta cita tan importante.

💪 ¡Moita sorte e a por todas!

Chegou o momento! Arranca a PROMOCIÒN DE ASCENSO a Preferente Futgal.

Xogamos o partido de ida da eliminatoria como locais, este Domingo as 18:30h no Pepe Barrera.

¡Necesitamoste!

Dirección

Praza De España 1
Ribadeo
27700

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ribadeo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir