Somos Ribadumia

Somos Ribadumia Séguenos e mantente ao día do noso traballo. Somos unha plataforma cidadá, aberta e transversal. Máis nós non desaparecemos. Estades convidados a participar.

No 2015 nacemos para dar unha alternativa á cidadanía ribadumiense. Unha alternativa que permitira pular por un cambio moi necesario, logo de anos de políticas de despilfarro e enchufismo. Nacemos naquel intre, e co apoio da veciñanza logramos dar o cambio que Ribadumia precisaba, que nos fixemos efectivo confiando a alcaldía en David Castro. Durante catro anos, co noso voceiro volcado no traballo

municipal co apoio da nosa Comisión Executiva, Ribadumia converteuse nun exemplo de pequeno concello a seguir pola comarca e o resto de Galicia, con importantes avances na transparencia, na xestión municipal e na política social, con importantes logros. Logo no 2019 a cidadanía interpretou que era mellor volver a un goberno maioritario, e iso sumado á ventaxa que IR tiña ao posuír a alcaldía e toda a presenza pública, e ao segundo descalabro electoral do PP, fixo posible que os Independientes obtiveran a maioría absoluta. Mantivemos o apoio dunha parte da veciñanza, e seguimos traballando coa mesma forza que o primeiro día, agora na oposición, onde nos destacamos como o partido máis activo tanto na labor de control ao goberno como poñendo enriba da mesa propostas e solucións diversas aos problemas do noso concello. O paso dos meses está demostrando que por un lado David Castro precisa da experiencia e das capacidades de Somos Ribadumia, sen os cales resúltalle complicado, a pesar de ter tres liberacións, sacar adiante o goberno. Por outro lado a maioría absoluta de IR sacou a parte caciquil que esa formación leva dentro (non esquezamos que son unha escisión do PP), e que durante catro anos dende Somos Ribadumia mantivemos a raia. E todo isto tradúcese nun concello que xa non é referente de nada, cunha xestión opaca, cun goberno sen proxecto, que traballa a impulsos, facendo política de oposición á oposición, á que tenta bloquear en todos os aspectos, e que so sae nos medios por mor dos seus ataques xudiciais a traballadoras do concello e polo lios continuos nos que o alcalde se mete. Por iso cada día é máis evidente que seguimos sendo unha forza necesaria. E por iso seguimos traballando, sen depender de ningunha entidade superior nin de ningun líder público ou oculto, unicamente da nosa veciñanza. Nesta páxina está o noso traballo diario, complementada coa nosa presenza no Twitter, no Instagram e na web www.somosribadumia.com , e cos nosos boletíns en papel que cada certo tempo chegan aos voso fogares. Porque todas e todos Somos Ribadumia.

01/06/2026

𝗗𝗲𝗰𝗶𝗱𝗶𝗿 𝘀𝗲𝗻 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗶𝘁𝗮𝗿 á 𝘃𝗲𝗰𝗶ñ𝗮𝗻𝘇𝗮.
Neste corte, grabado durante o Pleno de maio (2026), Sergio Soutelo expón unha realidade diaria, a dun alcalde que actúa de costas á veciñanza, neste caso tomando decisións sobre a escola infantil sen escoitar antes as nais e pais.

Unhas formas de facer política que non compartimos. 𝗘𝘀𝘁𝗮 𝗺𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 á 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻𝗮𝗻𝘇𝗮, 𝗰𝗼𝗻 @𝗦𝗼𝗺𝗼𝘀𝗥𝗶𝗯𝗮𝗱𝘂𝗺𝗶𝗮, 𝗻𝗶𝗻 𝗳𝗼𝗶, 𝗻𝗶𝗻 é, 𝗻𝗶𝗻 𝘀𝗲𝗿á.


Sobre este tema concreto, máis info :

https://somosribadumia #.com/2026/05/15/david-castro-leva-a-pleno-un-cambio-na-normativa-da-escola-infantil-xa-aprobado-en-maio-de-2023-e-levao-mal/

Presentamos unha moción para instar á Xunta de Galicia a finalización definitiva da concentración parcelaria de Lois–Mon...
31/05/2026

Presentamos unha moción para instar á Xunta de Galicia a finalización definitiva da concentración parcelaria de Lois–Montes de Ribadumia

Declarada “urxente” en 1998, a día de hoxe segue sen rematarse o proceso. Centos de veciños afectados, cas parcelas paralizadas por erros de todo tipo que non se resolven. David Castro aplaude coas orellas anuncios de arranxos de pistas e cuestións menores, pero non esixe que se remate dunha vez. A concentración parcelaria constitúe unha das ferramentas históricas máis relevantes para a modernización do medio rural galego....

Declarada “urxente” en 1998, a día de hoxe segue sen rematarse o proceso. Centos de veciños afectados, cas parcelas paralizadas por erros de todo tipo que non se resolven. David Castro aplaude coas…

27/05/2026

𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗮𝘀𝗮 𝗰𝗼𝗮 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗶𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶𝗹?
Pois pasa que David Castro non sabe nin o que aproba nos Plenos, ata o punto de cometer ilegalidades.Vexamos:

- En maio de 2023 levou a Pleno uns cambios na norma da escola infantil. A proposta foi defendida polo propio David Castro.

- Resultou que o "gran xestor" non completou o proceso para que eses cambios entrasen en vigor, e polo tanto quedaron en suspenso.

- Tres anos despois a situación volveuse insostible e quixo meter pola porta de atrás do Pleno o mesmo cambio, ou case, por que deixóu cousa atrás, xerando un problema ao non cumprir con cousas esixidas pola Xunta. Afortunadamente estaba alí Sergio Soutelo para explicar a realidade do que o alcalde, por certo caladiño como un peto cando Sergio sacou o tema, estaba realmente facendo: 𝗰𝗼𝗿𝗿i𝘅𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗮 𝘀ú𝗮 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗶𝗮 𝗶𝗻𝗰𝗼𝗺𝗽𝗲𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮.

- No medio, durante 3 anos o goberno do señor Castro aplicou unhas normas, entre elas unha reducción de horario no verán, que non eran legais, mentíndolle a nais e pais con argumentos como que eran "normas internas".

𝗥𝗶𝗯𝗮𝗱𝘂𝗺𝗶𝗮 𝗺𝗲𝗿𝗲𝗰𝗲 𝘂𝗻 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗲𝘁𝗲𝗻𝘁𝗲, 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲𝗽𝗮 𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗹𝗲𝘃𝗮 𝗮 𝗣𝗹𝗲𝗻𝗼 𝗲 𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝗽𝗿𝗼𝗯𝗮.

Máis info:
https://somosribadumia.com/2026/05/15/david-castro-leva-a-pleno-un-cambio-na-normativa-da-escola-infantil-xa-aprobado-en-maio-de-2023-e-levao-mal/




Inseguridade no centro de Barrantes polas chapuzas do Concello e Deputación.·   A Deputación deixa a medio  pintar un tr...
23/05/2026

Inseguridade no centro de Barrantes polas chapuzas do Concello e Deputación.

· A Deputación deixa a medio pintar un tramo reasfaltado no centro de Barrantes. · Pasos de peóns onde non corresponden e onde ademais son un perigo, outros sen pintar, os semáforos apagados e un perigo constante para condutores e peóns. · O Concello fai unha chapuza na nunha esquina supostamente para mellorar a accesibilidade, e deixa todo peor do que estaba e incumprindo a lei....

· A Deputación deixa a medio pintar un tramo reasfaltado no centro de Barrantes. ·   Pasos de peóns onde non corresponden e onde ademais son un perigo, outros sen pintar, os semáforos apaga…

20/05/2026

𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗮𝘀𝗮 𝗰𝗼𝗮 𝗽𝗶𝘀𝗰𝗶𝗻𝗮?
• A piscina levantada da súa cimentación máis de 30 cm.
• Informes que din que hai que facela de novo.
• Dende xaneiro non se moveu unha herba.
• O alcalde non incluíu no Orzamento -aprobado fai uns días- ningunha partida para facerlle fronte a un investimento que pode estar por enriba dos 150.000€ (e cartos hai ).
• A mes e medio da apertura da piscina, o alcalde oculta se a vai abrir ou non.

𝗤𝘂𝗲 𝗱𝗲𝗰𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗻ó𝘀? 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗻 2 𝗠𝗶𝗹𝗹ó𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗺𝗮𝗻𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗻𝗼 𝗯𝗮𝗻𝗰𝗼, 𝗵𝗮𝗶 𝗰𝗮𝗿𝘁𝗼𝘀 𝗲 𝗮 𝗼𝗯𝗿𝗮, 𝘀𝗲𝘅𝗮 𝗰𝗮𝗹 𝘀𝗲𝘅𝗮, 𝘅𝗮 𝗱𝗲𝗯𝗲𝗿í𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗿 𝗲𝗺𝗽𝗲𝘇𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗴𝗮𝗿𝗮𝗻𝘁𝗶𝗿 𝗼 𝘀𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝘃𝗲𝗿á𝗻. 𝗣𝗲𝗿𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗶𝘀𝗼 𝗳𝗮𝗶 𝗳𝗮𝗹𝗹𝗮 𝘂𝗻 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶𝗼𝗻𝗲, 𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗼 𝘁𝗲𝗺𝗼𝘀.
E que non se pode enganar á veciñanza. 𝗦𝗘𝗡𝗢𝗥 𝗖𝗔𝗦𝗧𝗥𝗢, 𝗗𝗘𝗔 𝗔 𝗖𝗔𝗥𝗔 𝗘 𝗘𝗫𝗣𝗟𝗜𝗤𝗨𝗘 𝗤𝗨𝗘 𝗩𝗔𝗜 𝗣𝗔𝗦𝗔𝗥 𝗖𝗢𝗔 𝗣𝗜𝗦𝗖𝗜𝗡𝗔.

Máis info:
https://somosribadumia.com/2026/05/12/sen-piscina-municipal-este-veran/

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a recoñecer a figura de Begonha Caamanho. Periodista e escritora, destac...
17/05/2026

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a recoñecer a figura de Begonha Caamanho. Periodista e escritora, destacou por un fondo compromiso social en aspectos moi diversos, dende o sindicalismo e a loita pola defensa dos dereitos das traballadoras, ao feminismo e a loita contra a violencia machista.
Unha figura de referencia que tamén destacou pola súa defensa da nosa lingua e da nosa cultura.
No día de hoxe recordemos que a nosa lingua forma parte indisociable da nosa cultura, e que se deixamos morrer o idioma, a nosa cultura, todo aquílo que herdamos e que nos diferencia doutras zonas do mundo, morrera con él.
Falemos a nosa lingua. Falemos galego.

David Castro leva a Pleno un cambio na normativa da escola infantil XA APROBADO en maio de 2023 … e levao mal.·   O camb...
15/05/2026

David Castro leva a Pleno un cambio na normativa da escola infantil XA APROBADO en maio de 2023 … e levao mal.

· O cambio normativo que inclúe redución da xornada no verán, aprobouse no Pleno de Maio de 2023, Pero non entrou en vigor por desidia do goberno. · A escola infantil leva tres anos aplicando ilegalmente unhas normas que non estaban en vigor. · Leva o acordo de novo, e deixa atrás a maior parte das propostas aprobadas no 2023 que seguen sen estar en vigor....

· O cambio normativo que inclúe redución da xornada no verán, aprobouse no Pleno de Maio de 2023, Pero non entrou en vigor por desidia do goberno. · A escola infantil leva tres anos aplicando …

Sen piscina municipal este verán.  O señor Castro non incluíu ningunha partida para a súa reparación ou substitución. Ca...
12/05/2026

Sen piscina municipal este verán.

O señor Castro non incluíu ningunha partida para a súa reparación ou substitución. Catro meses despois de que a piscina de levantara da cimentación, e a menos de dous meses da súa apertura, o goberno do que non sabe como puido pasar, nin o alcance dos danos, nin cal vai ser a solución. No peor dos escenarios, facer unha nova piscina podería custar 150.000 €, unha cifra máis que asumible....

O señor Castro non incluíu ningunha partida para a súa reparación ou substitución. Catro meses despois de que a piscina de levantara da cimentación, e a menos de dous meses da súa apertura, o go…

David Castro propón unha actualización da RPT para favorecer a persoas próximas. · Unha RPT para premiar ao persoal amig...
05/05/2026

David Castro propón unha actualización da RPT para favorecer a persoas próximas.

· Unha RPT para premiar ao persoal amigo e castigar ao persoal que non é da corda do señor Castro. · Sen consensuar cos sindicatos, baixo ameaza de recursos legais... outra chapuza marca Castro. · Dispara os gastos de persoal, pero para pagar postos favorecidos mentres castiga á maior parte do persoal cos salarios máis baixos da comarca e da provincia....

. ·     Unha RPT para premiar ao persoal amigo e castigar ao persoal que non é da corda do señor Castro. ·   Sen consensuar cos sindicatos, baixo ameaza de recursos legais… out…

02/05/2026

💪𝗧𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼 𝗲𝗻 𝗽𝗼𝘀𝗶𝘁𝗶𝘃𝗼.
𝗔𝘅𝘂𝗱𝗮𝗿 á 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗻𝗮𝘀 𝗼𝗯𝗿𝗶𝗴𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗻𝘁𝗲𝗿 𝗹𝗶𝗺𝗽𝗮𝘀 á𝘀 𝗳𝗿𝗮𝗻𝘅𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗿𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼𝗻 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝗰𝗲𝗻𝗱𝗶𝗼𝘀.

📽️Neste vídeo Sergio soutelo concelleiro explica o problema derivado da obriga de cumprir as normas e a nosa proposta para facilitar á veciñanza as labouras de mantemento e tamén a xestión por parte do Concello.

Por que nin a prevención pode pasar por enfrontamentos entre a veciñanza , nin a solución pode ser poñer multas.

Máis info aquí ,👇:

https://somosribadumia.com/2026/04/28/proponemos-o-establecemento-dun-plan-municipal-de-apoio-a-reforestacion-das-franxas-de-seguridade/


Dirección

Ribadumia

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Somos Ribadumia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Somos Ribadumia:

Compartir