Casares ESTÁ VIVO

Casares  ESTÁ VIVO Historias y recuerdos del pueblo de Casares.

31/10/2024

🎃👻🌰Vivimos nun proceso de aculturación que nos está a empobrecer como sociedade e como planeta terra.

👉Vivemos nun planeta cheo de cultura e diversidade e con todo, cada vez somos máis iguais: consumimos o mesmo, escoitamos a mesma música, vestimos igual...e semella que queremos adoptar calquera cousa que nos impoña unha cultura dominante, como neste caso sucede con Halloween👹

👉En Galiza mais tamén noutros territorios da Península, en Europa e en definitiva nas diversas culturas contamos con ritos e tradicións relacionados coa morte que nos chegaron desde hai séculos🍂

👉Na nosa terra xa baleirabamos cabazas, nabos e patacas antes de que o importase Halloween, pedimos os defuntiños polas casas, tamén facemos colares de castañas, rituais para honrar ás ánimas, contamos historias sobre a Compaña e a Raposa do Aire, celebramos os magostos, etc.

🌰💀Imos perder toda esta riqueza? A min onde teñamos unha historia da nosa Compaña que se quite o pallaso Ith ou os asasinos con motoserra! 😂

31/10/2024

  A Asociación Sociocultural Boca do Monte presenta unha nova edición da súa Xornada Castañeira que se celebrará na fin de semana do 2 e 3 de novembro nos Anguieiros (Montefurado, Quiroga). Trátase dun encontro co que buscan socializar poñendo en valor a celebración comunitaria do magosto n...

28/10/2024
28/10/2024

Aquí temos o cartel da nosa xa VIII Xornada Castañeira. Estades convidad@s !

Deseño de "Maki".

E en Casares? Facían o colar de zonchos?
26/10/2024

E en Casares? Facían o colar de zonchos?

🌰Sodes moitas as persoas que lembrades do colar de zonchos, contádenos!

🤩Nesta imaxe temos a unha cativa co seu colar de castañas. A foto é en Ordes nos anos 60

👉Unha tradición moi popular en Galiza e que se está a recuperar (aínda que en moitas zonas non se perdeu) é a do colar de zonchos.

👉Este colar servía para honrar aos finados, está composto de castañas cocidas que unías cun fío para facer o colar. Podías deixalo na tumba do finado ou ben comelo (neste último caso dicían que por cada castaña liberabas unha ánima do purgatorio).

👉Tamén era habitual ver ás crianzas polas rúas con estes colares comendo neles ou ofrecendo castañas. Todos gardan moi bos recordos do momento da súa elaboración (e de comelas), era moi divertido e saboroso
Nalgúns cemiterios vendíannos nas portas.


📷Fondo Fotográfico Rey-Henningsen. Arquivo Fotográfico do Museo do Pobo Galego

Cine para este finde en A Rúa.
25/10/2024

Cine para este finde en A Rúa.

Sorte que temos de contar cunha librería de calidade (e non todos poden dicilo).
25/10/2024

Sorte que temos de contar cunha librería de calidade (e non todos poden dicilo).

A tartamudez é moito máis ca un trastorno da fala‼

En “Antropología de la tartamudez”, Cristóbal Loriente ofrécenos unha mirada completamente nova sobre este fenómeno, dende unha perspectiva antropolóxica. O autor, que tamén é tartamudo, expón como a sociedade etiqueta ás persoas con tartamudez e como podemos cambiar esa visión para reducir o sufrimento. É un libro que invita á reflexión e ao cambio de mentalidade. 🧠💫

25/10/2024

*
DESCUBERTOS DOUS QUILÓMETROS DE GALERÍAS NA COVA MÁIS FONDA DE GALICIA

Un equipo formado por ata 40 espeleólogos atopou condutos subterráneos, salas e pozas no interior da sima Aradelas, no Xeoparque do Courel

Equipos espeleolóxicos galegos e asturianos descubriron dous quilómetros de galerías e pozos virxes na cova máis profunda de Galicia, a sima Aradelas, ao norte do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel. A sima Aradelas, coñecida dende sempre polos habitantes de Campelo e outras aldeas da contorna, foi explorada por primeira vez en 1972 polos clubs Santa Clara e Montañeiros Celtas de Vigo. Estes clubs exploraron a sima acadando os 120 metros de profundidade en 1973. Na década dos anos 90, foron descubertos 10 metros máis, convertindo á sima do Courel na cova máis fonda de Galicia e nun referente espeleolóxico dentro da comunidade.

Agora, nove entidades galegas vencelladas á espeleoloxía elaboran un novo plano da cova, que inclúe máis de dous quilómetros de condutos subterráneos, salas e ata pozas. O achado fíxose despois de realizar escaladas no interior da sima. Segundo explican, os condutos presentan “unha gran variedade e abundancia de espeleotemas“, depósitos de minerais con distintas formas que son froito da filtración da auga no interior das cavidades dunha caverna. No caso da cova do Courel, no interior da sima é posible ver estalagmitas, columnas, gours, pisolitos, helicitas ou excéntricas.

Segundo Inma Pumariño Riguera, espeleóloga e exploradora nesta campaña de 2024, os novos achados comezaron grazas a un pequeno grupo que penetrou na sima, onda atoparon unha ventá que os levou a unha zona de novas galerías: “Este grupo de espeleólogos tivo a xenerosidade de compartir e facernos partícipes destes descubrimentos ó resto do gremio”. Para Riguera, o mellor traballo é aquel que se fai en equipo, xa que “os grandes logros xeralmente dependen de moitas mans, como neste caso”.

O descubrimento de Aradelas ten unha importancia especial: na última década atopáronse máis de catro km de novas galerías en Galicia. No que respecta ao Xeoparque do Courel, o novo achado supón incrementar en máis dun 25% os condutos descubertos baixo terra. Sen dúbida, explica a exploradora, trátase de datos importantes para a espeleoloxía galega e, á vez, demostra que aínda queda moito por explorar: “Non sabemos canto, pero gustaríanos pensar que queda moito!”.

Outro dos aspectos máis destacables deste traballo colaborativo vencéllase directamente coas peculiaridades do noso terreo. A maior parte das covas de España están formadas en pedras calizas do carbonífero e do cretácico, mais a meirande parte das covas galegas están formadas en calizas do período cámbrico: “Isto quere dicir que as rochas das covas galegas son o doble de vellas que as outras, o cal constitúe outra singularidade encanto á idade das rochas”, reflexiona a espeleóloga.

LER TODO O ARTIGO
https://www.gciencia.com/medioambiental/descubertos-dous-quilometros-de-galerias-na-cova-mais-profunda-de-galicia/

25/10/2024

Xa temos aquí o calendario para a Festa da castaña no Souto da Carroza en Folgoso do Courel, dous roteiros de dificultade media o venres e o sábado cunha deportiva o domingo para queimar as castañas e o viño da festa. Como sempre prazas limitadas.


Tempos de castañas.
25/10/2024

Tempos de castañas.

*
A CASTAÑA, ALIMENTO MILENARIO ANTES DA CHEGADA DA PATACA

A castaña constituíu unha achega calórico importante para o ser humano desde o Paleolítico e tamén en diferentes épocas para alimentar aos animais domésticos, pois é rica en graxas, proteínas, minerais e vitamina C. Agora parecen quedar como elemento decorativo do outono na cidade.

Esta froita, tan querida en Galicia, foi imprescindible na dieta dos galegos ata que foi desbancada pola pataca chegada do outro lado do Océano Atlántico. E non foi inmediato, xa que o tubérculo americano non tivo moito éxito nestas terras ata a segunda metade do século XVIII.

O costume era ofrecer patacas, tomates e millo aos animais. Pero as crises de subsistencia, con períodos de regresión económica e malas colleitas, foron en gran parte o estímulo que permitiu a adopción destes alimentos para o consumo humano.

O ilustrado ferrolán Lucas Labrada ((1762-1842) explica a evolución do tubérculo na nosa terra nuns parágrafos da obra que leva por título Descrición económica do Reino de Galicia, reeditada pola Editorial Galaxia no ano 1971: "

Antes do ano 1768 no cal padeceu Galicia os efectos da fame e da peste, só nesta provincia (Mondoñedo) cultivábanse as patacas, e en curta cantidade, pero desde aquela época fóronse estendendo considerablemente por todas as provincias do reino".

A castaña foi protagonista histórica na nosa cociña, pero agora é a pataca. Aínda así, algúns cociñeiros están a recuperar receitas tradicionais con este produto e as veces vemos purés de castañas ou outras preparacións para acompañar algúns pratos modernos.

A deliciosa froita pódese comer de moitas maneiras: crúa, cocida, asada ou doce. Outro uso importante que ofrece é a fariña de castaña. Con ela podes preparar pan, bolos e pasta.

https://www.elprogreso.es/articulo/gastronomia/castana-alimento-milenario-que-reinaba-antes-patata/202410211759151796856.html

Dirección

CASARES
Ribas Del Sil
27

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casares ESTÁ VIVO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Casares está vivo:


  • Desde esta página queremos hablar del pueblo de Casares y de sus alrededores. Nos dirigimos a todos aquellos que alguna vez pasaron infancias, adolescencias y vivencias de toda una vida, o de parte de ella. Esperamos que los que os sentís identificados o vuestras vidas se vieran influenciadas por sitios parecidos, aportéis vuestro granito. Casares lo mantendremos vivo entre todos, con recuerdos, vivencias e historias pero sobre todo volviendo, porque si volvemos siempre habrá algo que contar. Mantener los pueblos pequeños está en nuestras manos. Aquí empieza nuestra pequeña iniciativa...