BNG Ribeira

BNG Ribeira Aquí atoparás o traballo que facemos por ti e por Ribeira. Coñécenos! ;)

A reitora da USC, Rosa Crujeiras, visita o curso do IV Ciclo da Universidade que se desenvolve en Ribeira.Alí estivo a n...
03/06/2026

A reitora da USC, Rosa Crujeiras, visita o curso do IV Ciclo da Universidade que se desenvolve en Ribeira.

Alí estivo a nosa compañeira e concelleira Cruz Rivadulla, tamén alumna dos cursos que imparte a Universidade de Santiago de Compostela.

A reitora contou como foi a súa traxectoria persoal e presentou o programa que ten o seu equipo para o IV ciclo resaltando a importancia que ten para a formación das persoas maiores. Tamén falou da importancia da USC na defensa do legado inmaterial especialmente da lingua galega e fixo unha defensa firme da universidade pública.

Defendamos a Sanidade Pública 🩺Este 4 de xunio, hai convocadas mobilizacións diante dos hospitais para denunciar o incre...
03/06/2026

Defendamos a Sanidade Pública 🩺

Este 4 de xunio, hai convocadas mobilizacións diante dos hospitais para denunciar o incremento das listas de agarda e o deterioro que sofre a Sanidade Pública en Galiza.

Milleiros de persoas agardan consultas, probas e intervencións cirúrxicas mentres o PP dende a Xunta desvía millóns de euros á Sanidade privada.

Por unha atención sanitaria de calidade e sen demoras excesivas.

Limpeza da contorna natural de Corrubedo ♻️Esta fin de semana estivemos participando xunto a outras 150 persoas para lim...
01/06/2026

Limpeza da contorna natural de Corrubedo ♻️

Esta fin de semana estivemos participando xunto a outras 150 persoas para limpar o litoral de Corrubedo e retirar dúas toneladas de residuos.

Queremos felicitar a Grip Surf School por organizar esta xornada que permite coidar este espazo natural tan fermoso.

Grazas a todas as persoas que se achegaron tamén por demostrar que o mellor de Corrubedo non está só na súa paisaxe, senón tamén na xente que se implica para protexer a natureza. Desde o BNG foi un orgullo colaborar e poñer o noso gran de area nesta causa.

⛽️ Quen vai pagar as indemnizacións da gasolineira SBC?As sentenzas xudiciais declararon ilegais as licenzas que outorgo...
01/06/2026

⛽️ Quen vai pagar as indemnizacións da gasolineira SBC?

As sentenzas xudiciais declararon ilegais as licenzas que outorgou o goberno do PP para a súa construción e ordenaron o derrubo. Agora están en xogo varios millóns de euros para Ribeira.

Desde o BNG acabamos de convocar un pleno extraordinario monográfico para coñecer toda a verdade: que consecuencias pode ter para o Concello, que reclamacións existen e quen debe asumir responsabilidades.

🗣️ “A veciñanza non pode pagar as consecuencias da mala xestión do PP. agora deben pagar as indemnizacións os causantes deste problema”, afirma Luís Pérez Barral.

👉 Le a noticia completa aquí:

O BNG vén de convocar, xunto co PSOE e os concelleiros non adscritos, un pleno extraordinario monográfico co obxectivo de que o goberno municipal dea información da situación administrativa e xudicial derivada das licenzas outorgadas no seu día a Puntos de Bajo Coste (SBC) para a construción d...

Fronte á deriva belicista do españolismo, o pobo galego responde con dignidade e contundencia amosando o seu rexeitamo a...
30/05/2026

Fronte á deriva belicista do españolismo, o pobo galego responde con dignidade e contundencia amosando o seu rexeitamo ao gasto militar nas rúas de Vigo.

ORGULLOSAS E ORGULLOSOS DO POBO GALEGO! 😍💙


6,5 millóns de euros logrados para Ribeira polo goberno de Luís Pérez e agora pretenden desvirtuar a súa finalidade, por...
29/05/2026

6,5 millóns de euros logrados para Ribeira polo goberno de Luís Pérez e agora pretenden desvirtuar a súa finalidade, por que? 🤔

No BNG votamos NON aos recortes nas parroquias e por responsabilidade de protexer os recursos públicos da mala xestión.

👉 Nós investimos 7 millóns de euros en pouco máis de 2 anos e medio. Por que comezan a reducir? Le a nova e dinos: cres que Ribeira merece máis investimento nas parroquias? ⬇️

O exalcalde e portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, cualifica o goberno do PP de "malos inquilinos" e critica o abandono total do polígono industrial con "cero euros", o perigo de privatización da auga e saneamento por décadas e un recorte nas partidas destinadas ao mantemento do rural. Ribeira, ...

Hai persoas que co seu traballo axudan a construír a memoria dun concello. Manuel, Flora e Lesmes fano dende o seu estud...
28/05/2026

Hai persoas que co seu traballo axudan a construír a memoria dun concello. Manuel, Flora e Lesmes fano dende o seu estudo fotográfico.

Desde o BNG queremos felicitar aos irmáns Lesmes polo seu grande traballo e por seguir a traxectoria familiar de seu avó e de seu pai.

Máis alá da fotografía son capaces de inmortalizar emocións e anacos da nosa historia. Ribeira tamén se mira a través do seu obxectivo. Parabéns!

27/05/2026

A mentira ten as patas moi curtas... e ben certo é!

Queren levar a residencia ao monte… cando nas Saíñas xa hai máis de 800.000€ públicos investidos e un proxecto listo para avanzar con todos os permisos favorables.

📍 Si é posible e legal construíla en Coroso, daquela por que o PP quere poñer en risco unha infraestrutura clave para as persoas maiores de Ribeira? Levala ao monte supón máis atrasos, tirar cos cartos públicos e illar as persoas maiores.

✅ Ribeira merece unha residencia accesible, conectada e pensada para a veciñanza, non máis ataques e intereses do PP.

25/05/2026

A historia de Ribeira plásmase a través destas grandes pezas recreadas por grandes artistas galegos como Lidia Cao, Novenoel, Mondevane, Raquel Germade e Fernando Yáñez.

Co BNG no goberno de Ribeira, impulsamos esta iniciativa que trascende máis alá do embelecemento de fachadas. Trátase transformar os espazos e pór ás persoas no centro deles.

Salmoira non é un mural, Salmoira é unha historia.

A nosa idea? Trasladar isto ás parroquias, realizar un mural en Palmeira sobre as herbas de San Xoán, ou en Aguiño sobre a serea de Sálvora. Incorporar novos muralistas que se mergullaran na memoria ribeirense, construír futuro a través do noso pasado.

No BNG témolo claro: queremos que Ribeira nos siga a contar historias ✊🏻

Fin de semana cheo de actividade ambiental, culinaria, solidaria e cultural.🦑 Chopo SaleiroA hostalaría da rúa do Sal, o...
25/05/2026

Fin de semana cheo de actividade ambiental, culinaria, solidaria e cultural.

🦑 Chopo Saleiro
A hostalaría da rúa do Sal, organizou este ano a segunda edición deste evento que pretende poñer en valor o chopo de deiferentes maneiras. O alcalde Luís Pérez e as compañeiras Anxos e Marián estiveron por alí e transmitíronlle os parabéns aos cociñeiros e tamén déronlle as grazas á hostalaría por unha actividade que congregou tantas persoas.

Limpeza da praia de Coroso ♻
A concelleira Veva Betanzos estivo apoiando e recollendo lixo na praia de Coroso canda membros da Festa da Dorna e da asociación Amicos nunha actividade que promoveu os valores ambientais de coidar da nosa contorna e evitar contaminar os espazos naturais.

🎶Concerto solidario de Sogaps
A concelleira Cruz Rivadulla estivo presente no concerto solidario que promoveu a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para recadar fondos para os campamentos de refuxiados do Sáhara.

Festas da Guía de Carreira 🎡
Pola noite desfrutamos do ambiente das festas da Guía na parroquia de Carreira. Felices festas veciños e veciñas!

No BNG seguimos traballando arreo, acompañando ás entidades e participando activamente das actividades, iniciativas e eventos que fan unha Ribeira en grande.

Dirección

Rúa Amarella, 4
Ribeira
15960

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Ribeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir