Socialistas de Rois

Socialistas de Rois Páxina do grupo PSdG-Rois. Información variada, útil e de interés sobre o Concello de Rois, a agrupación socialista, axudas e noticias varias.

📢 A corporación de Rois aproba por unanimidade a cesión da escola unitaria de Sorribas á Asociación AMIPA para crear un ...
28/05/2026

📢 A corporación de Rois aproba por unanimidade a cesión da escola unitaria de Sorribas á Asociación AMIPA para crear un centro de día de persoas con discapacidade intelectual.
Un proxecto no que AMIPA leva moito tempo traballando. 🫂 Gracias! É un gran proxecto!

A cesión da escola unitaria requiría previamente a desafectación da escola do uso educativo. Un trámite que o concello arrastrou excesivamente no tempo ata o punto de ter que convocar un pleno extraordinario para non exceder os prazos marcados na subvención concedida pola concellería de Política Social da Xunta de Galicia a asociación AMIPA para poder executar este proxecto tan interesante e importante, e que no caso de haberse sobrepasado os prazos marcados podería supoñer a perda da axuda concedida.
Algo, a perda de axudas por incumprimento dos prazos fixados, no Concello de Rois xa ten experiencia.

🎣 En canto á escola unitaria da Peruca queda a disposición do Concello e que se poderá destinar aos usos que se considere oportuno máis adiante.
Dende o grupo socialista solicitamos estudasen a posibilidade dun convenio de cesión temporal, aínda que sexa de maneira parcial, ao Club de pesca deportiva LONDRA coa fin de que este club, que xa goza actualmente do uso destas instalacións, poida así ter potestade para solicitar subvencións para inversións no inmoble que repercuta nunhas mellores instalacións. 🐟

O Concello de Rois cederalle á Asociación Amipa a antiga escola uni...

🎉🎉 Hoxe celebramos a San Isidro Labrador, o patrón do noso Concello. Un día de tradición, de apego á terra e de homenaxe...
15/05/2026

🎉🎉 Hoxe celebramos a San Isidro Labrador, o patrón do noso Concello. Un día de tradición, de apego á terra e de homenaxe á xente do rural.

Mais tamén é un día para lembrar a quen sostén a vida cada día, moitas veces en silencio: as traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar. Profesionais esenciais que coidan das nosas persoas maiores e dependentes, garantindo dignidade e acompañamento, mentres sofren condicións laborais precarias, sobrecarga e falta de recoñecemento.

Non hai Festa verdadeira se quen coida segue esquecida.

O SAF leva dende o 2018 esperando pola licitación do servizo. O venres pasado preguntamos e o Sr. Tojo estaba preparado (xa sabía que ibamos preguntar polo SAF, e non lle avisamos nós...). Pero vamos a darvos un dato: concello de Pontecesures con goberno novo dende o 2023, sacou licitación do servizo en decembro e adxudicou en abril. A conclusión sacadea vós!

Neste San Isidro, reivindicamos:

☑️ DIGNIDADE PARA O SAF!

Porque un rural vivo tamén precisa coidados dignos! 💜




Licitación da obra de arranxo e ensanche da estrada DP-7402 (AUGASANTAS-O CODESO) en Rois.    🚗Deputación da Coruña.- Pr...
28/04/2026

Licitación da obra de arranxo e ensanche da estrada DP-7402 (AUGASANTAS-O CODESO) en Rois. 🚗
Deputación da Coruña.

- Prazo de presentación de ofertas: ata 25/05/2026
- Valor estimado do contrato: 1.686.932,62 €
- Importe: 2.041.188,47 €.
- Prazo de Execución: 12 Meses

__________
📣E con isto cumprimos o compromiso dado polos socialistas de Rois de loitar ata o final por esta obra. Pois tan só queda a adxudicación do contrato e a execución da obra pola empresa que resulte adxudicataria da obra.

Foron anos moi moi duros: os problemas patrimoniais, a relaxación de prazos nos permisos da Xunta, a nula colaboración do concello de Rois,.. e é que a falta de confianza e os reproches ao compromiso socialista dado foron constantes e nalgunha ocasión demasiado crueis.

En fin!!.. hoxe por fin podemos dicir que o proceso de tramitación administrativo da obra chegou a súa fase final e que, agás a licitación quede deserta, máis pronto que tarde saberemos que empresa executará esta importante obra coa que a estrada DP-7402 pasará a ter un trazado máis lineal (sacaranse/suavizaranse moitas curvas) e un ancho de 8 metros (dous carrís de 3'5 metros cada un, duas beiravías de 0'5 metros cada unha e as correspondentes cunetas).

Unha obra fundamental para mellorar as comunicacións no sur da provincia da Coruña, e dos concellos das comarcas do Sar, Barbanza Norte e Noia-Barcala con Padrón e a provincia de Pontevedra.

Dende o PSOE de Rois queremos novamente agradecerlle á Deputación da Coruña o enorme esforzo adquirido e non haber abandonado o proxecto a pesar de tódalas dificultades cantas foron aparecendo.

🌹🌹

🔎 (*) Podes consultar os datos da licitación na plataforma de contratación do sector público (Ministerio de Facenda, Goberno de España) 👇

https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=6o6Am19w38yzz8fXU2i3eQ%3D%3D

08/04/2026

Anuncio publicado no BOP da Coruña de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Rois por parte de UFD Distribución Electricidad S.A.

A instalación afecta a terreos situados entre os lugares de A PEREIRA e SOCASTRO, na parroquia de Herbogo.

A publicación engade o cadro das expropiacións a realizar e dos seus propietarios. 👇
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/06/2026_0000001961.pdf

As persoas interesadas poderán examinar a documentación técnica, e no seu caso, achegar as alegacións ou observacións que estimen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

PLENO EXTRAORDINARIO ORZAMENTOS DE ROIS PARA 2026 📓Dende o PSdG votamos EN CONTRA da proposta de orzamentos do PP.Non fo...
29/03/2026

PLENO EXTRAORDINARIO
ORZAMENTOS DE ROIS PARA 2026 📓

Dende o PSdG votamos EN CONTRA da proposta de orzamentos do PP.
Non foi un capricho, non!! Tiñamos os nosos motivos.

En primeiro lugar resulta moi desconsiderado coa oposición que un documento tan importante para o funcionamento do concello como son os Orzamentos se nos achegue 3 días antes dun pleno sorpresa co que non contabamos. Non só non nos deixan participar senón que apenas nos dan marxe para analizalo debidamente.

En segundo lugar o documento é practicamente un copia e pega de anos anteriores. Aumentan os orzamentos pero en apenas un 3'5% con respecto a 2025 (pouco máis que o IPC). E cuns ingresos estimados moi optimistas. Xa veremos si chega a tanto!!🤷🏼

En INVESTIMENTOS (obras)🚧 apenas hai nada novo (outra cousa será o que fagan despois).
Despáchano cun cadro case idéntico ao do ano anterior, no cal volve aparecer unha partida de 120.000€ para obras pero sen especificar que obras serán esas.

💰DÉBEDA!!?
Durante anos negaron isto..
Pois ben, a Deputación púxose seria e comezou a detraer das asignacións aos concellos morosos unha parte para ir pagando o que lles deben.
Rois pagará este ano 115.000€.
E aínda nos queda! Seguiremos debéndolle case 800.000€ á Deputación.
Iso sen contar co que poida pasar coa denuncia por posible corresponsabilidades de Rois na débeda da Mancomunidade de Lousame. 🙄
Xa veremos.. !

💸GASTO CORRENTE?
Vemos partidas mal consignadas. Non pasa nada!! Despois farán e desfarán como que lles plaza. Non hai formalidade contable. É a selva!!
Capitulo aparte merece a RECOLLIDA DE LIXO. Números sen base sostible e dos que non podemos estimar con certeza aproximada canto custará a recollida de lixo en 2026.
O único claro aquí é que a culpa non a queren.. "Invitáronnos a marchar para SOGAMA" dixeron.. Madremia o que hai que escoitar!!

En definitiva, uns "ORZAMENTOS ROIS 2026" que reflexa o proxecto do PP, a súa visión de futuro para Rois. Diso non cabe dúbida!
Para nós un documento continuísta, que presenta grandes carencias, moita opacidade e pouca seriedade nas contas estimadas. Semella máis ben que presentan algo por dicir que teñen orzamentos pero que despois non respectan, facendo e desfacendo segundo lles prace. O cal adoita traducirse nunhas CONTAS XERAIS posteriores que nada teñen que ver co planificado.🙄

🎥

O Pleno da Corporación de Rois aprobou esta mañá o orzamento para o presente exercicio, que se eleva ata os 5,6 millóns de euros, dos cales 3,5 destinaranse ...

PLENO ORDINARIO DE ROIS 13 Marzo 2026.Dende o grupo socialista votamos A FAVOR das dúas propostas presentadas na ORDE DO...
17/03/2026

PLENO ORDINARIO DE ROIS
13 Marzo 2026.

Dende o grupo socialista votamos A FAVOR das dúas propostas presentadas na ORDE DO DÍA, aínda que con algún matiz;

1️⃣ CONVENIO XUNTA-CONCELLOS-SEAGA PARA A XESTIÓN DAS FAIXAS SECUNDARIAS.
O convenio é unha renovación do xa existente para a xestión da biomasa forestal arredor das casas e os núcleos de poboación. Medida preventiva antes o risco de incendios forestais.
Pero tamén contempla apoio técnico da Xunta para mellorar os PMCIF (Plan Municipal contra Incendios Forestais), polo que pedimos aproveitasen isto para mellorar o PMCIF de Rois por ser escaso e só contemplar a xestión da biomasa forestal cando tamén debería conter medidas e protocolos de actuación en caso de emerxencia por incendios forestais, algo que desgraciadamente xa temos sufrido moito en Rois. 🌳🔥

2️⃣ DESAFECTACIÓN DAS ANTIGAS ESCOLAS UNITARIAS DE SORRIBAS E A PERUCA.
A desafectación é paso previo obrigatorio para poder desvinculalas do uso educativo e destinalas a outra actividade.
Para que novo uso? Non quixeron desvelalo. Suxeriron a cooperación con asociacións importantes do noso concello en réxime de concesión.
Máis ou menos xa nos figuramos cal pode ser ese uso, pero mellor informaremos cando o confirmen 🏡

🎥

O Pleno do Concello de Rois aprobou por unanimidade no pleno ordinario do pasado venres asinar coa Xunta de Galicia o convenio de colaboración, en materia de...

08/03/2026


Hoxe entregamos a CESTA DE ENTROIDO sorteada pola Agrupación Socialista de Rois. 🌹Noraboa ao afortunado gañador!A disfru...
05/03/2026

Hoxe entregamos a CESTA DE ENTROIDO sorteada pola Agrupación Socialista de Rois. 🌹

Noraboa ao afortunado gañador!
A disfrutala!! 😄😋

Pleno Extraordinario de Rois5 de Febreiro de 2026Aprobación do PLAN DE OBRAS: , financiado pola Deputacion da Coruña.Som...
05/02/2026

Pleno Extraordinario de Rois
5 de Febreiro de 2026
Aprobación do PLAN DE OBRAS: , financiado pola Deputacion da Coruña.

Somos conscientes que as obras son necesarias e que aínda podendo ter diferentes criterios, opinions, preferencias,.. os cartos 💰 son limitados e cada quen intenta distribuilos da mellor maneira posible. Tamén que é imposible contentar a todo o mundo e cada quen adoita ver máis urxencia no propio que no alleo.
Por tanto non recriminamos tanto as obras incluídas senon a estructura e composición da proposta.

Porque é esta unha proposta exclusiva do PP, na que non puidemos, ou máis ben dito, non se nos invitou a participar (así son as maiorias absolutas). Unha proposta que destina un 63% do orzamento (409.319,78 €) a pagar facturas de gastos correntes do concello (luz e lixo). Un gasto corrente sen control que é xa un serio problema económico.
Unha proposta que só destina o 37% a facer obras (246.743,13 €). Obras importantes, necesarias e longamente demandadas. Non o dubidamos. Pero coas que tamén discrepamos en canto a súa estructura, composición e xestión;

1️⃣ ACONDICIONAMENTO DE VIAL EN VILAR DE ABADE (68.736,58 €).
*(Pero non de toda a estrada, senon tan só dun tramo de uns 500 metros (aproximadamente) a medio camiño entre a aldea e Sorribas. E nós consideramos que si se fai debe facerse enteira e non deixar a estrada a medio arranxar)
2️⃣ PAVIMENTACION DO NÚCLEO DE SOCASTRO. FASE I. (65.459,31€)
*(Os interiores da aldea de Socastro están desfeitos ao completo. Calquera pode velo. Tal como tamén sucede noutras. O problema aquí é que a proposta só recolle arranxos de doús camiños na parte superior da aldea deixando o resto para unha segunda fase que queda como unha obra complementaria de futuro.
Na nosa opinión a inversión debería cubrir os interiores da aldea ao completo. Sempre apoiamos que as humanizacións das aldeas fosen integrais. Deixar todo listo agora e evitar o sentimento de descriminacion duns veciños con respecto a outros.
En consecuencia, visto o visto, solicitamos urxencia na aprobación da "FASE II" desta obra para completar o antes posible os arranxos dos interiorres de Socastro)
3️⃣ACONDICIONAMENTO DE VIAIS NA CASA DO VENTO de ERMEDELO ( 34.354,39€)
*(Obra moi importante, urxente e longamente demandada. Concordamos)
4️⃣ MELLORA DE ACCESOS AO NÚCLEO DE QUINTANS. (78.192,85 €)
*(Obra moi importante, urxente e longamente demandada. Volvemos concordar)

VOTACIÓN DA PROPOSTA👇
(votos a favor de PP e BNG, e a Abstención do PSdG)

O Goberno local do PP confirmou no último pleno que Rois pode quedar excluído de importantes programas financiados pola ...
16/01/2026

O Goberno local do PP confirmou no último pleno que Rois pode quedar excluído de importantes programas financiados pola Xunta como consecuencia de non depositar as CONTAS XERAIS de 2024 dentro do prazo legalmente establecido.📚

Concretamente, Rois pode quedar fóra 👎 de;

1️⃣ - OBRADOIRO DE EMPREGO comarca do Sar.
2️⃣ - PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL (co que se formaba a mozos/as da comarca no deseño de páxinas web).
3️⃣ - PROGRAMA DE CONTROL DE ADICIÓNS (programa pedagóxico para concienciar á rapazada sobre os problemas do consumo de dr**as e outras adicións).

No vídeo plenario podedes ver a resposta do alcalde; quen non confirma, pero tampouco desminte. Limitase a deixar entrever que así pode ser 👇🎥.

https://youtu.be/LDeWzHNw5iE?si=C8vKmoThpW6i3RvQ

🤔 E é que Rois leva anos incumprindo sistematicamente esta obriga contable.
E non será polas veces que llo levamos advertindo; ano tras ano, dende fai xa demasiados, repetimos o mesmo: 📢 "isto pode causar problemas graves",.. Pero á vista dos feitos doulles absolutamente igual o que dixeramos. Seguiron ao seu. E agora veñen as consecuencias. Desgraciadamente, de non correxirse, a cousa aínda pode ser peor.

A xestión contable e económica do concello de Rois é pésima! 📉

🗣️ E non, non somos uns esaxerados!
Hai moita débeda, tamén morosidade, un gasto corrente fóra de control, partidas económicas mal estimadas, incumprimento sistemático dos prazos contables legalmente establecidos...

Vamos, un desastre!
Normal que lles coste tanto cadrar as contas! 🤷🏼

O Pleno da Corporación de Rois aprobou na sesión ordinaria do 9 de xaneiro destinar 68.653,37 euros a gasto corrente e 8.530,50 a investimento do POS+ adicio...

Dirección

Rois

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas de Rois publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Socialistas de Rois:

Compartir