10/09/2026
🚌 𝐔́𝐥𝐭𝐢𝐦𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐜𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐞 𝐮́𝐥𝐭𝐢𝐦𝐨 𝐛𝐮𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐞𝐱𝐜𝐮𝐫𝐬𝐢𝐨́𝐧
A gran resposta da veciñanza continúa: o 🚍 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐛𝐮́𝐬 xa está completo e quedan moi 🚍 𝐩𝐨𝐮𝐜𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐥𝐞𝐭𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐜𝐞𝐢𝐫𝐨, que será o último que se habilite para a 🎒 𝐞𝐱𝐜𝐮𝐫𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐚 𝐕𝐚𝐥𝐞𝐧𝐜̧𝐚, 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 𝐓𝐫𝐞𝐠𝐚 𝐞 𝐁𝐚𝐢𝐨𝐧𝐚.
A saída terá lugar o 📅 𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 e permitirá coñecer a fortaleza de 📍 Valença, o monte 📍 Santa Trega, na Guarda, e a vila mariñeira de 📍 Baiona.
𝐃𝐚𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐯𝐢𝐚𝐱𝐞:
🕢 Saída ás 7.30 horas desde a Praza do Concello
☕ Parada para almorzar
🍽️ Xantar incluído no prezo
𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨𝐬:
🔹 Persoas empadroadas: 40 €, con preferencia na reserva
🔹 Persoas non empadroadas: 55 €
🔹 Menores de 16 anos: 15 €
📞 𝐑𝐞𝐬𝐞𝐫𝐯𝐚 𝐚 𝐭𝐮́𝐚 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚 chamando ao 981 886 501.
🙌 Grazas pola excelente acollida desta actividade. Se queres participar, non demores a túa inscrición: quedan os últimos asentos dispoñibles.