Concello de Sada

Concello de Sada Canle de comunicación do Concello de Sada. Preme en “Me Gusta” para estar ao día das noticias, emprego público, axenda, avisos, licitacións, plenos...

Se queres estar ao día, dálle a ''Me Gusta''. Noticias, ofertas de emprego, axenda, avisos, plenos e moito máis. Tamén podes visitar sada.gal, a web do Concello de Sada, onde ademais de ter toda a información do municipio poderás enviar incidencias. Tamén te podes pór en contacto connosco. Estaremos encantadxs de escoitar as túas suxestións e de axudarche na medida do posible coas túas demandas.

🔶SEGUNDO VOLUME DE "RELATOS DE LA VIDA" DE URBANO SOAZ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SADA🔶A Biblioteca Municipal de Sada in...
09/09/2026

🔶SEGUNDO VOLUME DE "RELATOS DE LA VIDA" DE URBANO SOAZ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SADA🔶

A Biblioteca Municipal de Sada incorpora ao seu fondo bibliográfico o segundo volume de Relatos de la vida, de Urbano Soaz.

Urbano é o que chamamos un "veciño de Sada de toda a vida". Durante moitos anos o seu traballo foi adecentar as rúas da nosa localidade pero agora, xa alcanzada a idade de xubilación, adica gran parte do seu tempo libre á escritura.

A partir de agora, todas as persoas usuarias poden descubrir unha nova colección de relatos que convidan á reflexión a través de historias cotiás e cheas de sensibilidade.

📚 TAMÉN PODES DESCARGAR O SEGUNDO VOLUME - https://acortar.link/913jIM

🔶CURSO EN SADA: DISPOSITIVOS MÓBILES: APROVEITA OS TEUS RECURSOS🔶Queres aprender a sacar o máximo partido ao teu teléfon...
09/09/2026

🔶CURSO EN SADA: DISPOSITIVOS MÓBILES: APROVEITA OS TEUS RECURSOS🔶

Queres aprender a sacar o máximo partido ao teu teléfono móbil ou tableta?

A Aula CeMIT de Sada ofrece o curso "Dispositivos móbiles: aproveita os teus recursos", unha formación gratuíta para mellorar as túas competencias dixitais e descubrir todas as posibilidades do teu dispositivo.

📅 Do 14 ao 18 de setembro
🕟 Horario: de 16:30 a 21:30 h
📍 Lugar: Aula CeMIT de Sada
⏱️ Duración: 25 horas
👥 10 prazas dispoñibles
🎯 Nivel medio
🔞 Dirixido a persoas maiores de 16 anos

💻 A Rede CeMIT pon ao teu alcance formación e recursos dixitais gratuítos.

👉 Anótate e aprende a aproveitar todas as funcionalidades do teu dispositivo móbil - https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56098

🔶CORTE DE LUZ NO BARRIO DA TENENCIA🔶A empresa UFD (Unión Fenosa Distribución), responsable da rede de distribución eléct...
09/09/2026

🔶CORTE DE LUZ NO BARRIO DA TENENCIA🔶
A empresa UFD (Unión Fenosa Distribución), responsable da rede de distribución eléctrica, realizará traballos de mantemento e mellora na rede eléctrica que farán necesario un corte temporal da subministración eléctrica na zona da Tenencia.

A interrupción do servizo está prevista para mañá xoves, 10 de setembro, entre as 9:00 e as 10:00 horas, cunha duración aproximada de 30 minutos. Os traballos executaranse na rúa da Igrexa, aínda que o corte afectará tamén ás rúas da contorna.

Segundo indican desde a compañía, estes traballos teñen como obxectivo garantir o correcto funcionamento e mellorar a rede eléctrica. Por este motivo, recoméndase á veciñanza tomar as medidas oportunas durante a interrupción, así como nos momentos previos á mesma.

O corte de luz afectará tamén ao edificio do Concello, polo que o normal funcionamento dos servizos municipais poderá verse afectado durante o tempo que dure a interrupción e ata o restablecemento da subministración eléctrica.

O Concello prega desculpas polas molestias que esta actuación poida ocasionar e agradece a comprensión e colaboración da veciñanza.

🔶BO COMEZO DE CURSO, FAMILIAS!🔶O alumnado de educación infantil e primaria incorporouse hoxe ás aulas para dar comezo a ...
09/09/2026

🔶BO COMEZO DE CURSO, FAMILIAS!🔶

O alumnado de educación infantil e primaria incorporouse hoxe ás aulas para dar comezo a un novo curso escolar, unha xornada especial chea de ilusión, de reencontros e, para moitos, de primeiras experiencias.

Dende o Concello de Sada queremos facerlle chegar todo o noso ánimo ao alumnado que hoxe inicia ou retoma esta etapa, e tamén ás familias, que acompañan día a día este proceso e que hoxe viven, á súa maneira, un comezo de curso propio. Queremos tamén recoñecer, un ano máis, a dedicación do profesorado e de todo o persoal dos centros, peza clave para que este curso comece coas mellores garantías.

Ao longo deste último ano, o Concello levou a cabo investimentos en todos os centros educativos do municipio, sempre en coordinación coas respectivas direccións, co obxectivo de adecuar as infraestruturas ás necesidades reais do alumnado e mellorar as condicións nas que se desenvolve a súa aprendizaxe. Un traballo que responde ao noso compromiso firme coa educación pública e co benestar da comunidade escolar.

Dende o Concello seguiremos traballando man a man coa comunidade educativa para que Sada conte cos mellores centros e as mellores oportunidades para os seus nenos e nenas.

Bo curso 2026/27!

🔶VOLVEN AS SAÍDAS DE SENDEIRISMO AO CONCELLO DE SADA 🔶Xa está dispoñible a programación do 3º trimestre de 2026, con tre...
08/09/2026

🔶VOLVEN AS SAÍDAS DE SENDEIRISMO AO CONCELLO DE SADA 🔶
Xa está dispoñible a programación do 3º trimestre de 2026, con tres rutas guiadas por expertos en interpretación medioambiental:
📍 20 de setembro – Terra Chá (Outeiro de Rei) - Aberta Inscrición ata o 13 de setembro
📍 4 de outubro – Costa de Laxe
📍 15 de novembro – Serra de Forgoselo (As Pontes)

👉 Todas as actividades son de día completo.
📅 Consulta os prazos de inscrición de cada saída e solicita a túa praza en : https://www.sada.gal/

🔶ORGULLO DO DEPORTE SADENSE🔶A sadense Andrea Boedo Arza volve facer historia ao proclamarse, por terceiro ano consecutiv...
08/09/2026

🔶ORGULLO DO DEPORTE SADENSE🔶
A sadense Andrea Boedo Arza volve facer historia ao proclamarse, por terceiro ano consecutivo, campioa de España na proba de 100 metros sprint da categoría sénior absoluta, no Campionato de España de Circuíto de Patinaxe de Velocidade, celebrado esta fin de semana en Málaga.

A deportista sadense acadou a medalla de ouro cun espectacular rexistro de 11,091 segundos, confirmando o seu dominio nesta disciplina a nivel estatal.

Ademais, completou unha brillante actuación ao conseguir a medalla de bronce na proba de 300 metros sprint volta ao circuíto, tras disputar unha final moi igualada e de gran nivel.

Desde o Concello de Sada queremos trasladarlle os nosos parabéns por estes magníficos resultados, que son un motivo de orgullo para todo o deporte sadense.

Moitos parabéns, Andrea! 🥇🥉💙

🔶SAL E BARRO: UNHA VIAXE AO PATRIMONIO NATURAL DAS MARIÑAS🔶A Casa do mar de Sada acollerá o próximo 11 de setembro ás 19...
08/09/2026

🔶SAL E BARRO: UNHA VIAXE AO PATRIMONIO NATURAL DAS MARIÑAS🔶

A Casa do mar de Sada acollerá o próximo 11 de setembro ás 19:00h, a proxección de “Sal e Barro”, da Sociedade Galega de Historia Natural, unha oportunidade para achegarnos ao noso patrimonio natural e coñecer mellor a riqueza do litoral que nos rodea.

Unha proposta para mirar o noso territorio con outros ollos e descubrir a diversidad natural que temos tan preto.

🔶CORTE DE LUZ NO BARRIO DA TENENCIA🔶A empresa UFD (Unión Fenosa Distribución), responsable da rede de distribución eléct...
07/09/2026

🔶CORTE DE LUZ NO BARRIO DA TENENCIA🔶
A empresa UFD (Unión Fenosa Distribución), responsable da rede de distribución eléctrica, realizará traballos de mantemento e mellora na rede eléctrica que farán necesario un corte temporal da subministración eléctrica na zona da Tenencia.

A interrupción do servizo está prevista para este xoves, 10 de setembro, entre as 9:00 e as 10:00 horas, cunha duración aproximada de 30 minutos.

Os traballos executaranse na rúa da Igrexa, aínda que o corte afectará tamén ás rúas da contorna.
Segundo indican desde a compañía, estes traballos teñen como obxectivo garantir o correcto funcionamento e mellorar a rede eléctrica. Por este motivo, recoméndase á veciñanza tomar as medidas oportunas durante a interrupción, así como nos momentos previos á mesma.

O corte de luz afectará tamén ao edificio do Concello, polo que o normal funcionamento dos servizos municipais poderá verse afectado durante o tempo que dure a interrupción e ata o restablecemento da subministración eléctrica.

O Concello prega desculpas polas molestias que esta actuación poida ocasionar e agradece a comprensión e colaboración da veciñanza.

🔶QUICO CADAVAL: 30 ANOS A CONTAR HISTORIAS🔶Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da ...
07/09/2026

🔶QUICO CADAVAL: 30 ANOS A CONTAR HISTORIAS🔶
Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da imaxinación. Tende a perderse e a reatoparse, sempre coa axuda do público.
Os seus espectáculos pertencen a un movedizo mundo escénico que foi definida de distintas maneiras. Teatro da palabra, narración oral escénica ou literatura ao vivo, foron alguns dos xeitos de designalo.

É un espectáculo mestizo entre o conto de lareira, o cabaret literario e o teatro épico.

ℹ️ DOMINGO 13 DE SETEMBRO ÁS 19 HORAS. Casa da Cultura . Entrada de balde ata completar aforo

🔶COMEZA A PROGRAMACIÓN DA AULA CEMIT🔶Dende este mes de setembro🕣 Horario de apertura: de luns a venres, de 08:30 a 20:00...
07/09/2026

🔶COMEZA A PROGRAMACIÓN DA AULA CEMIT🔶

Dende este mes de setembro
🕣 Horario de apertura: de luns a venres, de 08:30 a 20:00 h.

💻 Acceso libre aos equipos:
🔹 Martes e xoves: 08:30 – 11:30 h
🔹 Luns e mércores: 16:30 – 20:00 h

📚 No resto do horario desenvolveranse as actividades formativas programadas.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

📍 8 de setembro
🔸 Google e as súas aplicacións (Internet: ocio e operacións dixitais)
🔸 Guía práctica de entrevistas de traballo (Busca de emprego)
🔸 Marketing e captación de clientes (Formación para empresari@s e emprendedor@s)

📍 21 de setembro
📝 Exames presenciais EMA Teleformación.

📍 7 de outubro
📝 Exame presencial COMDIX Nivel Intermedio (edición outubro 2026).

➡️ Consulta a programación completa e inscríbete nas actividades da Aula CeMIT de Sada.- https://cemit.xunta.gal/es/centros/sada

Dirección

Avenida Da Mariña, 25
Sada
15160

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00

Teléfono

+34981620075

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Sada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría