Concello de Salceda de Caselas

Concello de Salceda de Caselas Espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas en Facebook.

📢 XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA EEABM! Ven descubrir as últimas innovacións, accións de cooperación e campos de demostrac...
13/06/2026

📢 XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA EEABM! Ven descubrir as últimas innovacións, accións de cooperación e campos de demostración agrícola en Salceda de Caselas.

📅 18 de xuño
⏰ De 9:00 h a 14:00 h
📍 Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño (Cerqueiral 13, Entenza)
✍️ Preinscricións: https://f.mtr.cool/ofsxbtwvqj
📧 Contacto: [email protected]

Inscríbete xa! 🌿

📍Este mércores presentamos en Budiño dous proxectos clave para a parroquia: o inminente inicio das obras do saneamento d...
12/06/2026

📍Este mércores presentamos en Budiño dous proxectos clave para a parroquia: o inminente inicio das obras do saneamento de Cerquido e o proxecto de saneamento integral de Budiño, que permitirá seguir ampliando a cobertura deste servizo esencial. Na xuntanza acompañounos a empresa adxudicataria da obra e a empresa redactora do proxecto.

📊 O proxecto integral contempla:
🏠 63 vivendas
📏 3,85 km de nova rede
💶 Investimento total de 961.647€

💧Ademais, a redacción do proxecto foi financiada con 226.749,98 € de fondos europeos a través do Consorcio de Augas do Louro.
Queremos agradecer á veciñanza e aos colectivos da parroquia a boa acollida e a colaboración.

12/06/2026

💡 Xa comezaron as obras de soterramento das instalacións e a renovación das luminarias no torreiro de San Xurxo, unha actuación que mellora notablemente a calidade da iluminación e tamén a estética dun dos espazos máis importantes da parroquia.

Unha demanda histórica da veciñanza que por fin se fai realidade. .

12/06/2026

🚧 Esta semana deron comezo as obras de mellora da eficiencia e dixitalización da rede de abastecemento na rúa Victoriano Pérez Vidal.

Esta actuación, executada polo Consorcio de Augas do Louro, enmárcase no proxecto financiado con Fondos Europeos a través do PERTE para a mellora e dixitalización do ciclo urbano da auga. O investimento nesta actuación ascende a 158.221,72 €, dentro dun proxecto global de 1.324.924,68 €.

💧 Trátase dunha obra necesaria que permitirá mellorar o servizo de abastecemento da rúa, incrementando a eficiencia da rede e facilitando unha monitorización máis precisa para unha mellor xestión da auga.

Seguimos avanzando cara a unhas infraestruturas máis modernas, sostibles e eficientes.

12/06/2026
📣 Velaquí a axenda ‘Salceda Móvese’ desta fin de semana.😊A non perder!
12/06/2026

📣 Velaquí a axenda ‘Salceda Móvese’ desta fin de semana.
😊A non perder!

🗞️ | 𝗦𝗮𝗹𝗰𝗲𝗱𝗮 𝗱𝗮́ 𝗮 𝗯𝗮𝘁𝗮𝗹𝗹𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗮𝘀 𝗰𝗮𝗯𝗶𝗰𝗵𝗮𝘀O Concello de Salceda de Caselas botou a andar a campaña “Coida Salceda” co...
11/06/2026

🗞️ | 𝗦𝗮𝗹𝗰𝗲𝗱𝗮 𝗱𝗮́ 𝗮 𝗯𝗮𝘁𝗮𝗹𝗹𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗮𝘀 𝗰𝗮𝗯𝗶𝗰𝗵𝗮𝘀

O Concello de Salceda de Caselas botou a andar a campaña “Coida Salceda” co obxectivo de reducir o impacto visual de refugallos específicos e mellorar a convivencia urbana, fomentando ao mesmo tempo un sentimento de orgullo e pertenza a Salceda.

Nesta primeira fase, a campaña céntrase nas cabichas, e en concienciar do verdadeiro problema de contaminación que supoñen tanto no chan como nos sumidoiros. A través do lema “Nin conta te das, pero que dano fas”, búscase concienciar á poboación do dano que produce o simple feito de desbotar unha cabicha no chan, e peor aínda cando se fai nos sumidoiros

👀 Le a nota completa: https://f.mtr.cool/oydrdajefs

🚕 Dende esta semana Salceda conta cun novo taxi para uso da veciñanza.🍀Desexámoslle moita sorte a Cristian nesta nova an...
11/06/2026

🚕 Dende esta semana Salceda conta cun novo taxi para uso da veciñanza.
🍀Desexámoslle moita sorte a Cristian nesta nova andadura, co convencemento de que xunto con Bea seguirán a ofrecer un servizo de calidade fundamental para Salceda.
📲 601562206

11/06/2026

⚽ A Charampions xa encara a súa fase final!

A competición interna de fútbol sala organizada pola EDM Salceda chega aos seus últimos partidos nesta cuarta edición, consolidándose como unha das citas máis agardadas polos rapaces e rapazas da escola.

Cada ano hai máis participación, demostrando que a Charampions segue medrando tanto en número como en ilusión. Máis alá dos resultados, esta competición destaca polos valores que transmite: diversión, compañeirismo, respecto e paixón polo deporte.

👏 Moita sorte a todos os equipos nesta recta final e, sobre todo, que sigan gozando do fútbol sala como ata agora!

💧 Dentro do Plan Municipal de Limpeza de Pozas e de Recuperación de Recursos Hídricos, acometeuse xa a limpeza das pozas...
11/06/2026

💧 Dentro do Plan Municipal de Limpeza de Pozas e de Recuperación de Recursos Hídricos, acometeuse xa a limpeza das pozas de Cendón e Liñares, na parroquia de Soutelo, e do espazo das Carballas, na parroquia de Santa María.

🌿 Unha iniciativa que pretende recuperar estas infraestruturas tradicionais para o uso da veciñanza e para a loita contra os incendios forestais.

Dirección

Praza Do Concello S/n
Salceda
36471

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Salceda de Caselas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Salceda de Caselas:

Compartir

Categoría