Partido Popular de Cervo

Partido Popular de Cervo Páxina oficial do Partido Popular no Concello de Cervo

22/06/2026

👨‍👩‍👧‍👦 O Concello de Cervo vén de obter unha subvención de 55.000 euros da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, para apoiar os programas municipais de conciliación e as accións de promoción da igualdade.

🤝 Esta achega permitirá contribuír ao financiamento de iniciativas xa plenamente consolidadas e moi necesarias para as familias do municipio, como *Cervo Concilia*, *Cervo Madruga* e *Brincos de Lecer coa Ra Ramira*, que ano tras ano contan cunha ampla participación e unha excelente acollida.

☀️ Precisamente, a edición de verán de *Cervo Concilia* arrincou este mesmo luns con preto de 150 crianzas inscritas, unha cifra que evidencia a importancia e a utilidade deste servizo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

📚 Ademais, os fondos permitirán desenvolver accións formativas e de sensibilización en materia de igualdade, reforzando o compromiso municipal coa creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

🌟 Desde o Concello de Cervo seguimos apostando por programas que dan resposta ás necesidades reais das familias cervenses e que contribúen ao seu benestar e á conciliación.

👏 O Concello quere trasladar o seu agradecemento á Xunta de Galicia e á Consellería de Política Social e Igualdade por este apoio, que permite continuar fortalecendo uns servizos fundamentais para a veciñanza.

♻️ Cervo da un paso más en su apuesta verde: así cambia el servicio de recogida de enseres a domicilio
17/06/2026

♻️ Cervo da un paso más en su apuesta verde: así cambia el servicio de recogida de enseres a domicilio

13/06/2026
05/06/2026
⚖️ A Xustiza dános a razón
05/06/2026

⚖️ A Xustiza dános a razón

02/06/2026

Incluida en el listado de senderos azules, ofrece un paseo circular junto al río Cobo donde se mezclan patrimonio, etnografía y paisaje fluvial 🔗 El link a la noticia, en el primer comentario 👇

02/06/2026
💙 Rúa
30/05/2026

💙 Rúa

🚧O CONCELLO DE CERVO ACONDICIONA A PARCELA DA ESCOLA DE RÚA CUN INVESTIMENTO DE 200.000 EUROS

O Concello de Cervo está a levar a cabo un importante proxecto de acondicionamento da parcela na que se sitúa a edificación da Escola de Rúa, co obxectivo de mellorar tanto a funcionalidade como a imaxe deste espazo de uso público.

A actuación, cun investimento total de algo máis de 200.000 euros -203.525,01 euros concretamente-, procedentes de fondos propios, inclúe a renovación integral dos firmes da zona actualmente pavimentada con rego asfáltico. Executarase unha nova solera de formigón armado, unha solución máis axeitada para soportar o tránsito de vehículos pesados, como camións que acceden á parcela durante a celebración de eventos. Esta alternativa garante unha maior durabilidade e evita problemas como a aparición de vexetación nas zonas de menor uso.

Ademais, estanse renovando as beirarrúas perimetrais, que presentaban un estado moi deficiente de conservación. As novas beirarrúas son de lousa de granito de maior espesor e están asentadas sobre unha base de formigón armado, permitindo así o paso ocasional de vehículos sen deterioro.

O proxecto complétase coa execución dunha nova rede de pluviais para a correcta canalización das augas procedentes das baixantes do edificio e das canaletas, mellorando así a drenaxe e evitando posibles problemas de acumulación de auga.

Renovación Escola Unitaria de Rúa
Esta actuación súmase á recente rehabilitación da antiga Escola Unitaria de Rúa, impulsada tamén polo Concello de Cervo, cun investimento próximo aos 50.000 euros, financiado parcialmente pola Xunta de Galicia. A intervención permitiu transformar o inmoble, de 226 metros cadrados, nun local cultural ao servizo da veciñanza.

As obras de reforma incluíron a mellora da envolvente do edificio mediante trasdosados con illamento de la mineral, pintura e renovación de revestimentos, así como a instalación de sistemas de ventilación con recuperador de calor e iluminación LED, mellorando tanto a eficiencia enerxética como o confort e a seguridade do espazo.

↪️A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse a supervisar a actuación, acompañada do edil de Zona Rural, Adrián Arias, e do pedáneo de Rúa, Ramón Elemparte e destacou que 🗣“con esta actuación integral seguimos mellorando un espazo moi utilizado pola veciñanza, adaptándoo ás necesidades actuais e garantindo a súa durabilidade no tempo”.
🙌Ademais, puxo en valor o impacto destas intervencións no tecido social do municipio, sinalando que “Rúa é un exemplo do dinamismo no noso municipio, unha parroquia cunha veciñanza moi implicada na organización de actividades ao longo de todo o ano, e por iso é fundamental dotala de infraestruturas adecuadas”.

Neste sentido, engadiu que “a renovación do edificio como local cultural e agora a mellora da súa contorna permítennos ofrecer un espazo máis funcional, cómodo e versátil, que contribúe a seguir impulsando a vida social e cultural e a fortalecer a convivencia”.

Deste xeito, o Concello continúa avanzando na posta en valor das infraestruturas públicas, combinando a mellora dos espazos exteriores coa recuperación e adecuación do edificio para usos culturais e sociais, reforzando o seu papel como punto de encontro para a veciñanza.

Dirección

San Ciprián
27891

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular de Cervo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir