Concello de Ribas de Sil

Concello de Ribas de Sil Páxina do Concello de Ribas de Sil. Aquí poderás atopar información, novas e comunicarte con nós.

Velaquí o programa da XXII edición da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil. Esta festa está incluída na...
29/05/2026

Velaquí o programa da XXII edición da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil. Esta festa está incluída na Semana dos Xeoparques Europeos, dentro dos "Sabores das Nosas Rochas" do Xeoparque Montañas do Courel

Licitadas as obras para rematar o aglomerado en quente da estrada provincial 5301, nos seus últimos quilómetros ata o Al...
29/05/2026

Licitadas as obras para rematar o aglomerado en quente da estrada provincial 5301, nos seus últimos quilómetros ata o Alto da Moá.

🛣️ A Deputación de Lugo aproba un novo investimento de 1M€ para mellorar once estradas provinciais nas comarcas da , e .

🌊A Xunta de Goberno licitou este venres dous proxectos para rehabilitar en Ribadeo o firme da LU-P-5204, de Cedofeita a Regocorto por Arante; e para a execución de varias actuacións en sete estradas provincias de Foz que conectan núcleos costeiros, zonas residencias e accesos a praias como Llas ou Arealonga.

⚠️ Adxudicadas tamén as obras de mellora en tres estradas provinciais: a LU-P-3807, de Bravos a San Pantaleón; a LU-P-5301 de San Clodio ao Alto da Cruz; e a LU-P-2106 de Friol a Lousada, ao seu paso polos concellos de , e .

🤝🏻 Ademais, quedaron aprobados tres convenios de colaboración cos concellos de Lourenzá, Burela e Ourol, por un importe conxunto de 800.000€ para a renovación de instalacións municipais culturais e deportivas e a promoción turística.

Máis de información na seguinte ligazón👉🏻 https://deputacionlugo.gal/es/node/84405

Continúan os preparativos para a XXII edición da nosa Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite. Ata agora, o Concello conta...
28/05/2026

Continúan os preparativos para a XXII edición da nosa Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite. Ata agora, o Concello contaba con oito stands de madeira e vimos de adquirir outros oito, cun investimento de 12.584 euros.

Esta aposta responde a unha planificación económica responsable, que prioriza os investimentos duradeiros fronte a gastos de alugueiro que se repiten ano tras ano. Nesta mesma liña enmárcanse tamén as adquisicións realizadas nos últimos tempos en alumeado de Nadal, equipamento de son, carpas e mobiliario para eventos.

Con este total de 16 stands de madeira, integrados e acordes coa contorna, a imaxe da nosa festa mellora de maneira notable nesta edición.

Este sábado 30, os mellores estudantes de Bioloxía de Galicia da ESO recibirán un recoñecemento no Salón de Actos do Con...
28/05/2026

Este sábado 30, os mellores estudantes de Bioloxía de Galicia da ESO recibirán un recoñecemento no Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil.

🕕 18:00 h
📍 Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil
🎟️ Acto aberto ao público

As probas desenvolveranse este sábado no institituto da localidade

Comezaron as obras de construcción de cunetas en formigón nas aldeas de Filgueiro e Moreiras de Medio, na parroquia de T...
27/05/2026

Comezaron as obras de construcción de cunetas en formigón nas aldeas de Filgueiro e Moreiras de Medio, na parroquia de Torbeo. As actuacións teñen un orzamento de 15.631,73 euros e están destinadas a favorecer a evacuación das augas de choiva, o que garantiza a correcta conservación do firme desas estradas locais.

O domingo realizamos unha publicación adicada aos veciños de Casares e á restauración que levaron a cabo do forno comuni...
26/05/2026

O domingo realizamos unha publicación adicada aos veciños de Casares e á restauración que levaron a cabo do forno comunitario, coa colaboración do Concello.

Seguindo esa mesma dinámica de colaboración, os veciños de Torbeo uníronse tamén para pechar o depósito da auga e protexelo dos animais, cun obxectivo fundamental: garantir a salubridade das augas comunitarias.

Unha vez máis, ponse de manifesto a importancia de que os veciños se unan para realizar pequenas actuacións que melloran a calidade de vida de toda a comunidade da que forman parte. O Concello apoia e colabora para facer posibles estas pequenas, pero moi importantes, accións veciñais. Moitas grazas e noraboa polo espíritu de colaboración e as ganas e ilusión que lle poñedes. Este é o camiño.

https://www.facebook.com/share/17VjCoMvMc/
26/05/2026

https://www.facebook.com/share/17VjCoMvMc/

La Xunta impulsa un proyecto de identificación y autentificación de variedades típicas de Galicia para determinar su estado sanitario y generar posteriorment...

Dirección

Praza Maior Nº 1
San Clodio
27310

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ribas de Sil publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir