05/09/2026
RUTA DE CLASICOS PEREDA 2026
Interesante iniciativa de veciños de Pereda.
Una ruta por parte do Concello de San Cristovo de Cea de vehículos clásicos mañá domingo, 6 de setembro, con saída desde a Praza Maior de Cea ás 9:45 horas e con chegada en Pereda.
Cea, Covas, Ardesende, A Martiñá, Agrosantiño, Vales, Casar de María, As Laxas, Vilanfesta, Áspers, Oseira Pieles, Cea, Castrelo, Louredo, Bubeiras, Souto, Farmontaos de Pereda e Pereda serán os lugares visitados.
Todos os participantes recibirán un agasallo en forma de Pan de Cea, cortesía do Consello Regulador da IXP Pan de Cea e as mellores atencións por parte da organización, a quen aproveitando felicitamos pola iniciativa.
Rematarán na Casa da Asociación de Pereda con xantar e tardeo e música en directo con LOGAN, para os participantes e festa para todos os que se animen.
NOTA: PRÉGASE NON APARCAR NA PRAZA MAIOR DE CEA O DONINGO POLA MAÑA (DESDE AS 9:00 HORAS)