A CASA DOS AVOS

A CASA DOS AVOS un lugar de coidado a vez que de lecer, para os maiores de 60 anos, no Concello de Sandiás, Cada casa do maior terá un máximo de 5 prazas.

A casa do maior é un novo proxecto que nace para manter e mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia moderada e severa, grao I, e para persoas maiores sen dependencia, como recurso de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal. Comprenderá a atención específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e tempo libre, de forma

que se procure o mantemento no medio social habitual evitando o internamento en institución cando non sexa desexado ou cando non existan preto do seu domicilio habitual. Organizarase un ambiente e trato familiar, no cal se dea resposta ás necesidades derivadas da idade e da situación de dependencia das persoas usuarias, co fin de evitar e /ou atrasar a institucionalización de persoas maiores, reducindo a súa dependencia e illamento sociais. Este proxecto piloto desenvolverase con carácter GRATUITO na modalidade de atención diúrna e de luns a venres durante todo o ano, excepto os días festivos e un mes de cada doce, no cal a casa do maior permanecerá pechada por vacacións. As persoas usuarias da casa do maior decidirán voluntariamente se fan uso do servizo de manutención e desprazamento. As persoas maiores que acudan á casa do maior deberán estar empadroados/as no concello en que esta se sitúe ou nun limítrofe e que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores. Non poderán ser persoas usuarias aquelas que precisen de atención e coidados sanitarios continuados. Dirixete a traballadora social do Concello de Sandiás para solicitar este recurso. Ou contactanos directamente no 670580234

Dirección

Santa Ana N70
Sandiás
32692

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 18:00
Martes 10:00 - 06:00
Miércoles 10:00 - 18:00
Jueves 10:00 - 18:00
Viernes 10:00 - 18:00

Teléfono

+34670580234

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A CASA DOS AVOS publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir