BNG Sanxenxo

BNG Sanxenxo Páxina Oficial do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo

A NECESIDADE DE ACADAR UN EQUILIBRO QUE GARANTA O DESCANSO DA VECIÑANZA E DOS VISITANTES E O LECER NOCTURNO🌃 No BNG ente...
21/08/2026

A NECESIDADE DE ACADAR UN EQUILIBRO QUE GARANTA O DESCANSO DA VECIÑANZA E DOS VISITANTES E O LECER NOCTURNO

🌃 No BNG entendemos que hai unha necesidade sobre a xestión do lecer nocturno que segue sen cubrirse. Desde hai anos, a aposta de Telmo Martín por un turismo de masificación, cun protagonismo elevando para a noite, faise máis ca evidente. É por iso polo que o Goberno local ten a obriga de traballar na busca dun equilibro que sirva para velar polo funcionamento deste sector, ao mesmo tempo que se garante o dereito ao descanso que teñen os veciños e veciñas de Sanxenxo, así como moitos visitantes que tamén buscan repousar.

🚓 Os controis deben basearse na equidade. Non pode ser que sobre uns negocios se faga unha presión constante e exhaustiva, mentres que con outros locais e eventos se actúe de maneira máis laxa. O Goberno local ten a obriga de implicarse na busca de solucións axeitadas e equilibradas. De momento, este verán xa entra na súa fase final e a problemática segue igual.

🚥 E se falamos de eivas estivais que continúan sen resolverse, aquí tamén podemos engadir a ausencia de aparcadoiros (problema recoñecido polo propio alcalde na prensa) ou as conxestións de tráfico na Rúa Progreso (onde os atascos van desde a Avenida de León ata a rotonda de saída do centro), con ausencia total de axentes da Policía Local para tratar de paliar estes problemas na circulación. O mesmo sucede na entrada a Portonovo ou no centro de Sanxenxo. Pasan os anos, o turismo medra en toda Galicia, pero o Concello é incapaz de atallar problemáticas que se repiten de maneira sistemática.

🧋 TELMO MARTÍN É INCAPAZ DE ATALLAR OS OS PROBLEMAS DO BOTELLÓN EN SANXENXO🗑️ O verán avanza e os problemas da política ...
13/08/2026

🧋 TELMO MARTÍN É INCAPAZ DE ATALLAR OS OS PROBLEMAS DO BOTELLÓN EN SANXENXO

🗑️ O verán avanza e os problemas da política de masificación turística e de descontrol do lecer nocturno medran. Por máis que no último Pleno asegurou ter todo controlado, o señor Martín segue a demostrar a súa incapacidade para garantir a limpeza do noso concello e acabar cos ruídos e o malestar que está a experimentar a veciñanza polo turismo de botellón, marca da casa do PP.

❌ Levamos xa semanas advertindo de que lugares como a praia de Lavapanos, o mirador de Punta Vicaño ou puntos da Florida como os aparcadoiros disuasorios están a ser focos de encontros de xente moza que se xuntan para beber e deixan alí restos de bebidas, cristais e todo tipo de lixo. Estamos dacordo en que esta actitude é intolerable e incívica, pero non podemos limitarnos a botarlle a culpa aos pais, como fixo o señor Martín no útlimo Pleno, cando a compañeira Estrella Martínez lle preguntou que medidas está a tomar o Concello para acabar con estes problemas.

⚫ Unha das causas desta situación é a teima do alcalde en centrar recursos exclusivamente no Porto Deportivo, que semella que é único lugar, xunto ao Paseo de Silgar, que lle interesa a Telmo Martín. Nin sequera é quen de facer que algunha patrulla da Policía Local se achegue ata Punta Vicaño, será que queda moi lonxe... Pero a realidade é que mentres o alcalde vende proxectos faraónicos como a senda entre Sanxenxo e Portonovo (que ben podería chamala Senda do Botellón) e se pasea coas patrullas nocturnas as fins de semana polos locais do peirao, o resto de Sanxenxo segue a monte e os residuos tardan días en retirarse, como se pode comprobar mesmo na rúa principal en Nanín, en plena PO-308, en cuxa beirarrúa é habitual atoparse con cascos baleiros, trozos de vidro e manchas de todo tipo que non son precisamente do mesmo día.

👉 No BNG temos claro que Sanxenxo é un destino turístico de primeiro nivel, pero hai que traballar para garantir un tempo de lecer nocturno de calidade, ao tempo que se defenden os dereitos da veciñanza e dos e das visitantes que queren descansar. Algo que Telmo Martín pregona, pero non fai.

🦀Ata o ano á festa da Ostra! Noraboa á comisión un ano máis Festa da ostra  🫡
09/08/2026

🦀Ata o ano á festa da Ostra! Noraboa á comisión un ano máis Festa da ostra 🫡

07/08/2026

🎤Un pequeno corte da intervención do concelleiro do noso compañeiro do BNG de Sanxenxo, Adrián González, amosando a hipocresía do PP na moción que este grupo levou ao último pleno ordinario de xullo. Podes ver o pleno completo en Youtube: https://www.youtube.com/live/g-g3qR1iHXI?is=LdtvROcvhACH1xea

🚶‍♀️🚶 A SEGURIDADE VIARIA É O MÁIS IMPORTANTE, E MÁIS NESTA ÉPOCA DE VERÁN👉 Vimos de solicitar no Pleno ordinario medida...
04/08/2026

🚶‍♀️🚶 A SEGURIDADE VIARIA É O MÁIS IMPORTANTE, E MÁIS NESTA ÉPOCA DE VERÁN

👉 Vimos de solicitar no Pleno ordinario medidas para reforzar a sinalización nos pasos de peóns dalgunhas das rúas máis céntricas de Sanxenxo e Portonovo. Estamos a comprobar como na Avenida de León ou na recta de Baltar, onde existen varios puntos para cruzar a estrada a pé, nos que entendemos que é preciso reforzar a seguridade.

🚥 A compañeira Estrella Martínez, na quenda de rogos e preguntas, propuxo a dotación de sinais lumínicas nos pasos de peóns, como xa acometeu a Xunta noutros puntos da PO-308 en concellos limítrofes. Entendemos que é unha medida que non supón un custo importante e que reforzaría a seguridade para viandantes e suporía unha axuda para os condutores, especialmente polas noites.

🛤️ Tamén fixemos fincapé ao alcalde na importancia de que se axilice todo o que se poida a mellora da seguridade viaria na zona de Arra e O Catadoiro, en Portonovo. Hai uns meses presentamos unha moción solicitando unha actuación integral nesta zona, na que non hai espazos para viandantes e na que urxe acometer medidas de calmado do tráfico. A nosa proposta foi rexeitada polo PP e o alcalde alegou que ese proxecto estaba en marcha, así que pedimos que se licite e leve a cabo no menor tempo posible.

🎉Noraboa ás campioas  de K4 do Clube de Piragüismo de Portonovo. Orgullo!!!
01/08/2026

🎉Noraboa ás campioas de K4 do Clube de Piragüismo de Portonovo. Orgullo!!!

❌ NIN O MOMENTO, NIN O INVESTIMENTO NIN O LUGAR AXEITADO🔵 No Pleno ordinario de xullo votamos en contra da nova ocorrenc...
28/07/2026

❌ NIN O MOMENTO, NIN O INVESTIMENTO NIN O LUGAR AXEITADO

🔵 No Pleno ordinario de xullo votamos en contra da nova ocorrencia faraónica de Telmo Martín. O alcalde ve prioritario investir case 6 millóns de euros no novo Mercado de Abastos de Sanxenxo e situalo no mesmo emprazamento no que se atopaba o xa demolido, na avenida Madrid.

👉 A dotación e mellora de infraestruturas é necesaria, pero hai que facela con cabeza. O señor Martín, seguindo a súa liña de “máis cemento e máis formigón”, quere construír este edificio nun lugar no que hai un problema de estacionamento evidente, que en ningún caso se vai paliar con habilitar algunha praza puntual.

🧑‍🧑‍🧒 Máis alá disto, entendemos, ademais, existen na actualidade outras prioridades e necesidades nas que o Concello debería actuar, tanto en materia de investimentos sociais como en, precisamente, ter unha maior sensibilidade á hora de ter en conta as demandas e inquedanzas dos praceiros e praceiras de Sanxenxo e Portonovo.

😰 Ao final, este despilfarro millonario non arranxa nada a curto prazo e é un capricho máis do alcalde, como o buraco que abriu na avenida de Madrid hai uns anos e que non serviu para nada.

🛝 ESPAZOS DE LECER PARA A PARROQUIA DE NOALLA👉 Compartimos con tod@s vós a proposta que imos levar a Pleno para que o Co...
23/07/2026

🛝 ESPAZOS DE LECER PARA A PARROQUIA DE NOALLA

👉 Compartimos con tod@s vós a proposta que imos levar a Pleno para que o Concello aproveite os terreos que acollían as antigas escolas do Casal e do Tombo, demolidas hai xa varios anos, para crear espazos de lecer de carácter interxeracional.

🧑‍🧑‍🧒‍🧒 Noalla e o rural de Sanxenxo merecen contar con máis áreas deste tipo, que melloran a calidade de vida da veciñanza. Especialmente preocupante é o caso da Revolta, que non conta con centros de lecer de referencia. Co proxecto para O Tombelo, esta débede histórica quedaría resolta. Na iniciativa proxectada polo BNG inclúense zonas de xogos infantís, áreas de descanso para maiores, arbolado e mobiliario inclusivo. Tamén consideramos prioritario eliminar barreiras arquitectónicas, para garantir a accesibilidade universal, e a utilización de materiais ecolóxicos.

🪙 Dada a necesidade de que Noalla conte con este tipo de espazos, imos propoñer que nos Orzamentos do vindeiro ano se contemple unha partida específica para esta actuación, sen renunciar á posibilidade de obter fondos a través doutras institucións, como a Deputación de Pontevedra ou a Xunta de Galicia.

🫶 Este proxecto resolvería unha débeda histórica e serviría para volver a converter en referencia ao Tombelo e O Casal, lugares nos que diferentes xeracións de veciñ@s se formaron neses colexios que xa non existen.

🥰 Detallaremos máis polo miúdo o proxecto con xuntanzas que se celebrarán proximamente

🛥️ Vilalonga e Korea: Que vivan ás festas do Carmen!!
16/07/2026

🛥️ Vilalonga e Korea: Que vivan ás festas do Carmen!!

🪩De onte na festa Ye-Ye en Bordóns. Noite para o recordo coa nosa veciñanza e noraboa á nosa compañeira Dora & familia p...
12/07/2026

🪩De onte na festa Ye-Ye en Bordóns. Noite para o recordo coa nosa veciñanza e noraboa á nosa compañeira Dora & familia por ese primeiro premio.

Dirección

Sangenjo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Sanxenxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría