29/05/2026
Moción do PSdeG-PSOE de Sanxenxo para mellorar o proxecto da Xunta en A Lanzada, incorporar novas conexións estratéxicas e promover o consenso ambiental
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Vista a documentación exposta sobre a MELLORA DA FUNCIONALIDADE, CAPACIDADE E INTEGRACIÓN AMBIENTAL DA VG-4.1 E E PO-308 NA ENTORNA DA LANZADA
O Concello de Sanxenxo e a comarca do Salnés soportan, especialmente durante a tempada estival, importantes problemas de tráfico e retencións na contorna de A Lanzada e nos accesos ao Grove, afectando á mobilidade, á seguridade viaria e á calidade de vida da veciñanza.
O Grupo Municipal Socialista considera necesaria unha actuación que mellore a funcionalidade da rede viaria, pero entende que esta debe ser plenamente compatible coa preservación de A Lanzada, un dos espazos naturais máis valiosos e sensibles de Galicia, integrado na Rede Natura 2000 e sometido a un elevado nivel de protección ambiental.
O PSdeG-PSOE de Sanxenxo defende que é posible compatibilizar a mellora da mobilidade coa máxima protección do medio natural mediante unha solución técnica máis respectuosa co territorio e máis eficiente desde o punto de vista funcional.
Neste sentido, propoñemos que a Xunta de Galicia estude unha alternativa na que o tramo máis sensible da actuación se execute mediante unha estrutura elevada sobre pilotes, evitando recheos e minimizando a ocupación do humidal e das zonas intermareais. Esta solución de conexión coa rotonda de O Bao a contemplaban xa as antigas normas subsidiarias do Concello de Sanxenxo permitirían manter a conectividade ecolóxica e hidrolóxica do espazo protexido e reducir significativamente a afección ambiental.
Baixo esta estrutura podería habilitarse un gran boulevar peonil e ciclista, aberto, amplo e perfectamente integrado na paisaxe, permitindo que veciños, visitantes e usuarios dos establecementos hoteleiros e turísticos accedan á praia de maneira cómoda, intuitiva e segura, practicamente sen percibir que están atravesando unha infraestrutura viaria.
Esta configuración permitiría reducir de forma moi significativa a circulación no actual paso de peóns semaforizado, xa que o carril existente podería destinarse a canalizar os accesos á zona da praia da Lanzada de maneira máis cómoda e segura posto que lle estamos eliminando toda a circulación que se dirixa a Revolta e O Grove. Este tramo podería incluso manterse a actual vía, reservándoa unicamente para o tráfico local e para os vehículos que se dirixan á praia de A Lanzada.
Ao mesmo tempo, desde a actual rotonda da Lanzada podería executarse unha incorporación directa de saída cara á VG-4.1, permitindo que o tráfico de retorno da praias se incorpore á autovía sen interferir cos movementos locais nin cos itinerarios peonís.
Deste xeito, eliminaríanse tres puntos de conflito:
1. A excesiva circulación do actual paso de peóns semaforizado, desviando os catro carriles a rotonda do bao tal e como contemplaba xa as antigas normas subsidiarias do Concello de Sanxenxo.
2. O novo pase subterraneo que figura no proxecto que estaría situado na rotonda do bao.
3. A pasarela peonil elevada contemplada para eliminar o actual paso de peons no avance do proxecto deixaría de ter sentido, xa que este tipo de infraestruturas adoitan ser pouco utilizadas cando existen percorridos máis directos e cómodos. A experiencia demostra que as pasarelas con ramplas e escaleiras non resultan atractivas para familias con carriños de bebé, persoas maiores, persoas con mobilidade reducida ou usuarios con bicicletas e material de praia.
Ao mesmo tempo, o PSdeG-PSOE considera imprescindible aproveitar esta actuación para incorporar dúas conexións estratéxicas historicamente demandadas pola veciñanza:
1. Conexión cara O Revel a través do SU-13
Esta actuación permitiría dotar a Vilalonga da conexión comprometida desde hai anos, dando resposta a unha demanda histórica da veciñanza e mellorando de maneira substancial a mobilidade nesta parroquia.
A apertura desta conexión facilitaría unha saída máis directa cara á rede principal de estradas, reducindo o tráfico que actualmente atravesa o núcleo urbano e desconxestionando as vías interiores.
Ao mesmo tempo, esta infraestrutura tería unha importante repercusión a nivel comarcal, xa que ofrecería unha ruta alternativa para os vehículos procedentes de Vilalonga e doutras zonas do municipio que se dirixen ás praias de A Lanzada e ao Grove. Deste xeito, repartiríanse mellor os fluxos de tráfico, reduciríase a presión sobre os accesos actuais e contribuiríase a minimizar as retencións nos puntos máis saturados durante a tempada estival.
2. Nova conexión dende Autovia hacia a PO308 a altura da Pragueira - Major
Solicítase igualmente que se estude a execución da conexión prevista coa PO308 que propio Plan Xeral de Ordenación Municipal na zona de Pragueira estaba prevista.
Esta actuación permitiría mellorar de forma notable os accesos e a vertebración desta área, incrementando a seguridade viaria e facilitando os desprazamentos diarios da veciñanza.
Ademais da súa utilidade a nivel local, esta conexión constituiría unha alternativa eficaz para distribuír mellor o tráfico nos períodos de maior afluencia turística. Ao crear novos itinerarios cara á rede viaria principal, reduciríase a concentración de vehículos nos accesos tradicionais a A Lanzada e ao Grove, contribuíndo a desconxestionar as estradas que soportan unha maior intensidade de circulación durante o verán.
Estas actuacións permitirían que o proxecto da Xunta de Galicia non se limite unicamente a resolver os problemas puntuais de tráfico na contorna de A Lanzada e do Grove, senón que se converta nunha verdadeira oportunidade para mellorar de forma estrutural a mobilidade en todo o municipio de Sanxenxo.
O PSdeG-PSOE de Sanxenxo considera igualmente fundamental que a Xunta de Galicia manteña o máximo respecto institucional e unha actitude de diálogo e colaboración cos colectivos ecoloxistas que presentaron alegacións e recursos conxuntos ao proxecto, co fin de acadar unha solución consensuada que compatibilice a mellora da mobilidade coa protección efectiva deste espazo natural de extraordinario valor ambiental.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que se adopte o seguinte ACORDO:
1. Instar á Xunta de Galicia a estudar e valorar unha alternativa técnica baseada na execución do tramo dos catro carris dunha maneira máis sensible do proxecto mediante unha estrutura elevada sobre pilotes, evitando recheos e minimizando a ocupación do humidal e dos espazos protexidos e conectado completamente o O Grove – Sanxenxo a Autoviá do Salnes.
2. Solicitar que baixo esta estrutura se habilite un pase o suficientemente ancho para logo convertir o camiño das salinas nun boulevard peonil e ciclista aberto, amplo e accesible, que permita un acceso cómodo, seguro e natural á praia de A Lanzada para veciños e visitantes.
3. Solicitar que se manteña a actual vía para o tráfico local e os accesos á praia, e que se estude a execución dunha incorporación directa desde a actual rotonda da Lanzada cara á VG-4.1, mellorando a fluidez do tráfico.
4. Solicitar a supresión da pasarela peonil elevada prevista no avance do proxecto, por considerarse unha solución pouco funcional e previsiblemente infrautilizada.
5. Instar á Xunta de Galicia a incorporar ao estudo do proxecto unha conexión viaria cara O Revel a través do ámbito do SU-13, ata conectar coa EP-9209 a altura do cementerio parroquial, dando cumprimento a unha demanda histórica da veciñanza, dando un servicio o pueblo de Vilalonga que quedou abandonado sen conexión ninguha para o seu crecemento.
6. Solicitar tamén o estudo e execución dunha nova conexión en Pragueira, esta xa prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal, co obxectivo de mellorar a vertebración territorial e contribuír á desconxestión do tráfico estival.
7. Solicitar á Xunta de Galicia que manteña o máximo respecto institucional e unha colaboración activa cos colectivos ecoloxistas que presentaron alegacións e recursos conxuntos, incorporando ao proceso o diálogo necesario para alcanzar a solución máis equilibrada e sostible.
8. Requirir que calquera actuación respecte de maneira prioritaria os valores ambientais da Rede Natura 2000 e minimice ao máximo a afección ao espazo natural de A Lanzada.
9. Dar traslado deste acordo á Presidencia da Xunta de Galicia, á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia e ás entidades veciñais e ambientais interesadas.
En Sanxenxo, a 19 de Maio de 2026
Declaración PIA_Lanzada
https://descargas.xunta.es/descargar?url=5d4e5068-b77d-4e8f-a44c-de2b02fbb24f1767865464014