20/08/2025
Ana Pontón: “A prioridade agora é apagar os lumes, pero esta catástrofe ten que ser un punto de inflexión”.
A líder nacionalista trasladou o apoio do BNG ao persoal dos servizos de extinción, que “loitan en condicións extremas e precarias”, así como á veciñanza que “se ve obrigada a enfrontarse coas súas propias mans ás lapas pola falta de medios dun goberno da Xunta desbordado e sobrepasado”.
Ana Pontón reclamou “mudar o rumbo” e insistiu en que “os lumes apáganse no inverno, cun rural vivo, con ordenación e prevención, non con slogans, propaganda nin cunha política forestal ao servizo de ENCE e de ALTRI”.
“Non podemos aceptar como normal que Galiza arda ano tras ano. Se queremos que as cousas cambien, non se poden repetir as mesmas políticas fracasadas”, subliñou.