Policía Local de Ribeira

Policía Local de Ribeira Perfil oficial do corpo da Policía Local de Ribeira. Canle informativa. Teléfonos de incidencias e urxencias 112 / 981 871 178

Esta canle non atende denuncias, en caso de URXENCIA ou EMERXENCIA chama ao teléfono 112 / 092 / 981 871 178

🚧 Domingo 12 de abril corte ao tráfico da Rotonda de Padín
11/04/2026

🚧 Domingo 12 de abril corte ao tráfico da Rotonda de Padín

📣 O Concello de Ribeira informa de que no domingo, 12 de abril, permanecerá cortada ao tráfico a rotonda de Padín por mor do seu aglomerado, dun tramo da avenida de Ferrol e da rúa de Lepanto, sendo preciso desviar a circulación por vías alternativas.

⛔️ Indicarase mediante a correspondente sinalización vertical.

✔️ O día elixido é un domingo por ser cando se presenta menor densidade de circulación, minimizando así o impacto nos desprazamentos.

🚧 A partir das 8:00 horas de mañá, luns 9 de marzo, a Rúa Doutor Torres en Palmeira, quedará pechada ao tráfico, durante...
08/03/2026

🚧 A partir das 8:00 horas de mañá, luns 9 de marzo, a Rúa Doutor Torres en Palmeira, quedará pechada ao tráfico, durante o tempo que duren as obras de pavimentación.

☝️ Do mesmo xeito, dende as 8:00 horas do martes 10, os condutores deberán seguir as indicación do persoal de obras, na Rúa Castelao en Aguiño, xa que o Concello de Ribeira vai proceder ao seu asfaltado.

18/01/2026

📞 Na tarde de onte, sábado 17 de xaneiro, recibiuse un aviso sobre o abandono de catro crías de can no lugar de Cruxeiras. Grazas á colaboración cidadá estes animais xa se atopan baixo acollida da Asociación que xestiona a cancela municipal, ata que poidan ser dados en adopción.

👩🏼‍⚖️ Feitos desta natureza constitúen un delito de abandono animal, castigado penalmente, os cales adoitan a quedar impunes polo doado que resulta a súa perpetración.

👮🏼‍♂️ Se tes algunha información que posibilite a identificación do/s autor/es, contacta con nós.

👑 As súas Maxestades de Oriente están moi preto de chegar ao Concello de Ribeira 🚫 Para que todas as nenas e nenos poida...
04/01/2026

👑 As súas Maxestades de Oriente están moi preto de chegar ao Concello de Ribeira

🚫 Para que todas as nenas e nenos poidan desfrutar do seu percorrido pola nosa vila, dende as 15:00 horas non se poderá estacionar nas rúas que nos amosan neste plano.

🤔 Lembrade retirar os vehículos a tempo e ante calquera dúbida chamade á Policía Local de Ribeira

31/12/2025

👮👮‍♀️ Dende a Policía Local de Ribeira, desexámosvos un✨ Feliz Ano Novo 2026. 🎄💫🌟💖🎉

👑 As suas Maxestades de Oriente, anuncian que xa están de camiño ao Concello de Ribeira para agasallar a tódalas nenas e...
29/12/2025

👑 As suas Maxestades de Oriente, anuncian que xa están de camiño ao Concello de Ribeira para agasallar a tódalas nenas e nenos que foron bos durante este ano que está a piques de rematar.

🅿️ Como saben que son moitos os rapaces que van acudir a velos na Cabalgata do día 5 de xaneiro, queren que dende a Policía Local de Ribeira lembremos que no noso municipio existen Aparcadoiros dos que botar man, para evitar retencións de tráfico innecesarias nos intres de maior actividade nas rúas.
👇

APARCADOIROS GRATUITOS

Avenida de Ferrol
Localización: https://maps.app.goo.gl/m4DQXtjniekq3sxc7?g_st=ipc

Avenida da Coruña
Localización: https://maps.app.goo.gl/PssH4AsnBFZqeEYp8?g_st=ipc

Agustín Fernández Oujo
Localización: https://maps.app.goo.gl/jSSgABMJ7MdWbq1j9?g_st=ipc

As Avesadas
Localización: https://maps.app.goo.gl/mwDLhHqP8myZm2KA6?g_st=ipc

Fafián
Localización: https://maps.app.goo.gl/WS6DPvaqcoC6xdv5A?g_st=ipc

O Touro
Localización: https://maps.app.goo.gl/5Xm8fGNnRv4Y6rUc8?g_st=ipc

APARCADOIROS SOTERRADOS

Aparcadoiro público do Centenario (tarifas reducidas)
Localización: https://maps.app.goo.gl/91qjn9dxFH8Di1qQ8?g_st=ipc

Aparcadoiro privado O Rueiro
Localización: https://maps.app.goo.gl/3ouSGce3mJBGpBKK7?g_st=ipc

👮👮‍♀️ Dende a Policía Local de Ribeira, desexámosvos un Bo Nadal. 🌲🎁Como todos os días, esta noiteboa estaremos vixiando...
24/12/2025

👮👮‍♀️ Dende a Policía Local de Ribeira, desexámosvos un Bo Nadal. 🌲🎁

Como todos os días, esta noiteboa estaremos vixiando por unha Ribeira tranquila e segura.

Ante calquera emerxencia ou dúbida, estamos ao outro lado do teléfono

☎️ Policia Local de Ribeira:
🆘 112 - 981871178.

ℹ️ As Rúas Rosalía de Castro, Lugo e Romero Ortiz, do Concello de Ribeira son rúas urbanas de coexistencia entre vehícul...
23/12/2025

ℹ️ As Rúas Rosalía de Castro, Lugo e Romero Ortiz, do Concello de Ribeira son rúas urbanas de coexistencia entre vehículos e peóns.

🤔 As características deste tipo de vías son as seguintes:

🚶🏼‍♀️ Os peóns teñen preferencia sobre os vehículos, pero non están permitidos os xogos.

🚗 A velocidade máxima está limitada a 20 quilómetros por hora, sendo aconsellable unha velocidade aínda menor.

🅿️ O estacionamento soamente está permitido dentro do horario e das zonas sinalizadas en cor Azul, durante un máximo de 15 minutos.

📝 Excederse do tempo permitido, estacionar fora do horario ou das zonas establecidas, son tres infraccións que levan aparelladas sancións de ata 200 euros.

👮🏼‍♂️ Dende a Policía Local de Ribeira facemos un chamamento para o uso racional e responsable destes espazos, en aras da boa convivencia vehículo/peón e a dinamización do comercio local.

👮‍♂️👮‍♀️ Durante esta fin de semana, axentes de garda da Policía Local de Ribeira en tarefas de control preventivo, denu...
16/12/2025

👮‍♂️👮‍♀️ Durante esta fin de semana, axentes de garda da Policía Local de Ribeira en tarefas de control preventivo, denunciaron a cinco condutores.

✍️ Dous, por conducir cunha taxa de alcol en aire espirado superior a 0,25 mg/l; afrontando unha sanción económica de 500 euros e 4 puntos de retirada no crédito do seu permiso de conducir.

✍️ Os outros tres, tamén por conducir cunha taxa de alcol en aire espirado superior a 0,25 mg/l, sobrepasando nesta ocasión os 0,50 mg/l; afrontando con elo unha sanción económica de 1.000 euros e 6 puntos de retirada no crédito do seu permiso de conducir.

📢 Lembrase que a Policía Local de Ribeira en colaboración coa DXT, continuará nas vindeiras semanas do Nadal a facer controis preventivos.

👮🏼‍♂️ Na tarde do domingo 14 de decembro, Axentes de garda da Policía Local de Ribeira procederon á imputación penal de ...
14/12/2025

👮🏼‍♂️ Na tarde do domingo 14 de decembro, Axentes de garda da Policía Local de Ribeira procederon á imputación penal de tres varóns, como supostos participes na sustración de carburante nun camión estacionado na zona portuaria.

📞 Grazas á colaboración da veciñanza e á rápida intervención dos Axentes, acadouse a recuperación do combustible e a posta en coñecemento da Autoridade Xudicial da identidade dos supostos autores deste feito.

👮‍♂️👮‍♀️ Lembrase que este sábado 6 de decembro, festividade do día da Constitución Española, celebrarase o mercadillo a...
02/12/2025

👮‍♂️👮‍♀️ Lembrase que este sábado 6 de decembro, festividade do día da Constitución Española, celebrarase o mercadillo ambulante semanal de Ribeira e o seu desenvolvemento será o habitual.

⛔️ 🚫 Por iso, a circulación e aparcamento de vehículos NON está permitido de 07:00 a 17:00 horas.

✅ Así que antes de aparcar o vehículo asegúrate e evita disgustos 🏗️🚗

🚔

👮‍♂️👮‍♀️ Durante esta fin de semana, axentes de garda da Policía Local de Ribeira en tarefas de control preventivo, denu...
24/11/2025

👮‍♂️👮‍♀️ Durante esta fin de semana, axentes de garda da Policía Local de Ribeira en tarefas de control preventivo, denunciaron a tres condutores.

✍️ O primeiro, por conducir cunha taxa de alcol en aire espirado superior a 0,25 mg/l; afrontando unha sanción económica de 500 euros e 4 puntos de retirada no crédito do seu permiso de conducir.

✍️ O segundo, tamén por conducir cunha taxa de alcol en aire espirado superior a 0,25 mg/l, sobrepasando nesta ocasión os 0,50 mg/l; afrontando con elo unha sanción económica de 1.000 euros e 6 puntos de retirada no crédito do seu permiso de conducir.

👩🏼‍⚖️ O terceiro, por superar a taxa obxetiva de alcol en aire espirado de 0,60 mg/l, a cal delimita a infracción administrativa da infracción penal, polo que deberá asistir a un Xuizo Rápido, como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria, tipificado no artigo 379.2 do Código Penal vixente.

Dirección

Rúa Barbanza Nº33
Santa Eugenia De Ribeira
15960

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Policía Local de Ribeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir