XERA Axencia Galega da Industria Forestal

XERA Axencia Galega da Industria Forestal Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de XERA Axencia Galega da Industria Forestal, Organización gubernamental, Avenida Fernando de Casas Novoa, 38, Santiago de Compostela.

🌳   | A investigación galega, presente no debate internacional sobre a saúde dos piñeiros🔬 Raquel Díaz, investigadora do...
09/09/2026

🌳 | A investigación galega, presente no debate internacional sobre a saúde dos piñeiros

🔬 Raquel Díaz, investigadora do , participou como poñente convidada no “International Symposium on the Global Spread of Pine Wilt Disease: Future Prospects and Management Challenges”, celebrado en Seúl (Corea do Sur) o 3 de setembro.

🇪🇸 Durante a súa intervención, presentou ante especialistas internacionais a situación da enfermidade do nematodo do piñeiro en España e interveu posteriormente nunha mesa redonda sobre os retos para a súa xestión.

🌲 A participación no simposio completouse cunha visita de campo a Pohang, onde Raquel Díaz puido coñecer de primeira man os efectos da enfermidade na zona e os traballos que se están a desenvolver para combatela.

🤝 Unha oportunidade para compartir coñecemento e experiencias e facer visible o traballo da investigación forestal galega nun foro internacional.

🌳   | Formación especializada para impulsar a construción con madeira🔹 O director de  , Alfredo Fernández Ríos, inauguro...
08/09/2026

🌳 | Formación especializada para impulsar a construción con madeira

🔹 O director de , Alfredo Fernández Ríos, inaugurou en Santiago o curso “O futuro está na madeira: construción sostible e eficiente”, organizado pola co apoio da liña de axudas .

🗣️ “A relevancia da madeira na construción sostible é clave tanto a nivel medioambiental, como no confort, saúde e benestar para as persoas”, destacou Fernández Ríos durante a apertura.

👷 A xornada completouse cunha visita ás instalacións de Finsa onde os participantes puideron coñecer de preto o proceso industrial e as solucións desenvolvidas pola compañía.

🔗 https://xera.xunta.gal/gl/a-axencia/novas/xunta-impulsa-formacion-especializada-no-eido-da-construcion-en-madeira-traves-da

  | A enxeñaría da auga 💧No Xardín Botánico de Lourizán, a auga é moito máis ca un elemento ornamental.🌊 Estanques, canl...
07/09/2026

| A enxeñaría da auga 💧

No Xardín Botánico de Lourizán, a auga é moito máis ca un elemento ornamental.

🌊 Estanques, canles e sistemas hidráulicos forman parte dun deseño histórico que integra funcionalidade, paisaxe e biodiversidade, contribuíndo á conservación e ao equilibrio deste espazo.

🌳 Un exemplo de como cada detalle foi pensado para crear un xardín vivo, harmonioso e sostible.

Descubre todas as curiosidades na web 👉 https://lourizan.xunta.gal/gl/xardin-botanico/curiosidades-sobre-xardin

  | Un palacio de cristal para plantas exóticas 🌿O histórico invernadoiro de ferro e vidro de Lourizán, construído a com...
03/09/2026

| Un palacio de cristal para plantas exóticas 🌿

O histórico invernadoiro de ferro e vidro de Lourizán, construído a comezos do século XX, foi creado para albergar especies vexetais procedentes doutros lugares do mundo.

🏛️ Ademais do seu valor arquitectónico, simboliza a importancia que xa daquela tiñan a investigación , a conservación e o intercambio de especies.

🌱 Un espazo que segue formando parte da identidade e do patrimonio do xardín.

Descubre todas as curiosidades na web 👉 https://lourizan.xunta.gal/gl/xardin-botanico/curiosidades-sobre-xardin

  | A Gruta dos Espellos ✨🌳 A Gruta dos Espellos é un dos espazos máis singulares do Xardín Botánico de Lourizán.🪞 Conci...
27/08/2026

| A Gruta dos Espellos ✨

🌳 A Gruta dos Espellos é un dos espazos máis singulares do Xardín Botánico de Lourizán.

🪞 Concibida para crear xogos de reflexos e sensación de profundidade, combina arquitectura e paisaxismo para sorprender a quen a visita.

🌿 Un recuncho que amosa como natureza, arte e patrimonio conviven nun dos xardíns botánicos de referencia de Galicia.

Descubre todas as curiosidades na web 👉 https://lourizan.xunta.gal/gl/xardin-botanico/curiosidades-sobre-xardin

  | A mesa das negociacións incómodas 🪨🤔 Entre os recunchos con máis historia do Xardín Botánico de Lourizán destaca unh...
25/08/2026

| A mesa das negociacións incómodas 🪨

🤔 Entre os recunchos con máis historia do Xardín Botánico de Lourizán destaca unha curiosa mesa de pedra encargada polo político Montero Ríos, á que a tradición atribúe unha función moi particular.

💬 Dise que pola súa escasa comodidade, favorecía que as reunións e negociacións non se prolongasen máis do necesario, axudando a alcanzar acordos con maior rapidez.

🌳 Un exemplo de como o patrimonio do xardín non só está formado por árbores singulares, senón tamén por elementos que conservan a memoria e as historias deste espazo único.

Descubre todas as curiosidades na web 👉 https://lourizan.xunta.gal/gl/xardin-botanico/curiosidades-sobre-xardin

  | Un xardín inspirado nas rías galegas 🌊🌳 O Xardín Botánico de Lourizán agocha un espazo onde natureza e paisaxe se fu...
20/08/2026

| Un xardín inspirado nas rías galegas 🌊

🌳 O Xardín Botánico de Lourizán agocha un espazo onde natureza e paisaxe se funden coa identidade de Galicia.

🌊 O Parque das Rías recrea a silueta das rías galegas mediante canles, pontes e zonas axardinadas, creando un percorrido que rende homenaxe a un dos elementos máis representativos do noso territorio.

💚 Un exemplo de como a arquitectura da paisaxe tamén pode contar a historia e a esencia de Galicia.

Descubre todas as curiosidades na web 👉 https://lourizan.xunta.gal/gl/xardin-botanico/curiosidades-sobre-xardin

  | Un percorrido pola flora de España sen saír de Galicia 🌿🌳 No Xardín Botánico de Lourizán tamén é posible viaxar pola...
18/08/2026

| Un percorrido pola flora de España sen saír de Galicia 🌿

🌳 No Xardín Botánico de Lourizán tamén é posible viaxar pola riqueza vexetal do noso país.

🌱 O Parque das Autonomías, creado con motivo do Congreso Forestal Español de 1993, reúne especies representativas das distintas comunidades autónomas, ofrecendo un percorrido único pola diversidade forestal de España nun mesmo espazo.

💚 Un lugar que invita a descubrir como a variedade de paisaxes e ecosistemas tamén forma parte do noso .

Descubre todas as curiosidades na web 👉 https://lourizan.xunta.gal/gl/xardin-botanico/curiosidades-sobre-xardin

  | Un museo vivo de coníferas 🌲🌳 O Xardín Botánico de Lourizán alberga unha das coleccións de   máis importantes de Esp...
13/08/2026

| Un museo vivo de coníferas 🌲

🌳 O Xardín Botánico de Lourizán alberga unha das coleccións de máis importantes de España.

🌿 Con máis de 160 taxóns, este espazo reúne especies procedentes de diferentes partes do mundo, converténdose nun auténtico laboratorio ao aire libre para a investigación, a conservación e a divulgación do patrimonio forestal.

💚 Un exemplo de como natureza e ciencia medran da man para preservar a diversidade vexetal das xeracións futuras.

Descubre todas as curiosidades na web 👉 https://lourizan.xunta.gal/gl/xardin-botanico/curiosidades-sobre-xardin

Dirección

Avenida Fernando De Casas Novoa, 38
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00
Sábado 08:00 - 14:00
Domingo 08:00 - 09:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando XERA Axencia Galega da Industria Forestal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir