GaliciaAberta

GaliciaAberta Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia GaliciaAberta | Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia

🇧🇷 Galicia volve ao Brasil para conectar talento e oportunidades.Os vindeiros 6 de xuño en São Paulo e 8 de xuño en Salv...
01/06/2026

🇧🇷 Galicia volve ao Brasil para conectar talento e oportunidades.

Os vindeiros 6 de xuño en São Paulo e 8 de xuño en Salvador de Bahía celebraremos unha nova edición das Feiras de Emprego no Exterior, unha iniciativa da Xunta de Galicia para achegar oportunidades laborais á colectividade galega e á súa descendencia.

A iniciativa enmárcase no programa Retorna Cualifica Emprego, permitiendo ás persoas interesadas coñecer ofertas de traballo con contrato indefinido, axudas ao retorno, oportunidades profesionais no ecosistema galego de innovación e o acompañamento integral que ofrece a Xunta durante todo o proceso de regreso a Galicia.

💼 Emprego, retorno e futuro para quen quere desenvolver o seu proxecto de vida en Galicia.

👉 Máis información en retornacualificaemprego.gal

Comezou a conta atrás para a Feira de Emprego da Xunta de Galicia no Brasil! Explicámosche que vas atopar, onde debes di...
31/05/2026

Comezou a conta atrás para a Feira de Emprego da Xunta de Galicia no Brasil! Explicámosche que vas atopar, onde debes dirixirte cando chegues, quen pode axudarche e que información podes obter na feira. Para que o teñas todo claro!

🇧🇷 Lembra que estaremos en Sao Paulo o 6 de xuño e en Salvador de Bahía o 8 de xuño.

🔎 Podes atopar o programa completo na web retornacualificaemprego.gal ou en emigración.xunta.gal.

31/05/2026

🌍 Unha mensaxe de agradecemento para pechar o Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.

Antonio Rodríguez Miranda quixo pechar a súa intervención cunha mensaxe de agradecemento a todas as persoas que forman parte deste órgano, destacando o traballo compartido durante estes anos e a importancia de seguir colaborando en beneficio da cidadanía española no exterior.

"Espero que nos sigamos atopando en calquera lugar do mundo, traballando polos españois do exterior".

Porque por riba das diferenzas, está o compromiso coas persoas e coas comunidades que manteñen viva a súa conexión con Galicia e con España desde os cinco continentes.

🚌 A 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗡𝗔 𝗠𝗢́𝗕𝗜𝗟 𝗗𝗢 𝗥𝗘𝗧𝗢𝗥𝗡𝗢continúa o seu percorrido polas nosas 4 provincias.Achégate e infórmate!📍Esta semana estare...
31/05/2026

🚌 A 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗡𝗔 𝗠𝗢́𝗕𝗜𝗟 𝗗𝗢 𝗥𝗘𝗧𝗢𝗥𝗡𝗢continúa o seu percorrido polas nosas 4 provincias.

Achégate e infórmate!

📍Esta semana estaremos en:

🔷Martes 02 de xuño
🔷Mércores 03 de xuño
🔷Xoves 04 de xuño
🔷Venres 05 de xuño

ℹ️ Información e cita previa:
☎️ 900 102 380
💻 emigracion.xunta.gal

🇪🇺 𝘗𝘳𝘰𝘹𝘦𝘤𝘵𝘰 𝘤𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘭𝘢 𝘜𝘯𝘪𝘰́𝘯 𝘌𝘶𝘳𝘰𝘱𝘦𝘢 𝘯𝘰 𝘮𝘢𝘳𝘤𝘰 𝘥𝘰 𝘗𝘳𝘰𝘨𝘳𝘢𝘮𝘢 𝘍𝘚𝘌 + 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢 2021-2027



🎭💙 Tradición, cultura e compromiso coa colectividade.Durante a visita á Casa de Galicia en Las Palmas, tivemos a oportun...
31/05/2026

🎭💙 Tradición, cultura e compromiso coa colectividade.

Durante a visita á Casa de Galicia en Las Palmas, tivemos a oportunidade de coñecer os espazos onde se traballa nos máis de 500 traxes da Cabalgata de Reis, unha actividade solidaria moi vinculada á entidade.

A xornada incluíu tamén a sinatura no libro de honra e un encontro con Marisa Lagaron, alma cultural da Casa de Galicia desde hai anos, xunto coa presidenta do Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife, nun día moi especial para a colectividade galega.


30/05/2026

Check out Xunta de Galicia’s video.

30/05/2026

🎖️ Un recoñecemento a toda unha traxectoria.

A Casa de Galicia en Las Palmas recibiu a Medalla de Ouro de Canarias, distinguindo décadas de compromiso, solidariedade e traballo en favor da colectividade galega e da sociedade canaria.

💙 Un premio que honra a quen mantén vivas as raíces galegas no mundo.

📸 A Casa de Galicia en Las Palmas recibiu a Medalla de Ouro de Canarias, unha das máximas distincións que concede o Gobe...
30/05/2026

📸 A Casa de Galicia en Las Palmas recibiu a Medalla de Ouro de Canarias, unha das máximas distincións que concede o Goberno canario.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no acto institucional do Día de Canarias, presidido por Fernando Clavijo e no que tamén estivo presente o vicepresidente Manuel Domínguez González, para felicitar á entidade por un recoñecemento que pon en valor décadas de traballo, solidariedade e compromiso coa sociedade canaria.

💙 Unha homenaxe a todas as persoas que, xeración tras xeración, mantiveron vivas as raíces galegas lonxe da terra, construíndo pontes entre Galicia e Canarias.

“Esta medalla recoñece moito máis ca unha entidade: recoñece décadas de esforzo, solidariedade e amor por Galicia e Canarias”.

30/05/2026

🌍 Volver a Galicia non debería ser unha carreira de obstáculos.

No Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, Antonio Rodríguez Miranda puxo sobre a mesa algunhas das dificultades que seguen atopando moitas persoas que viven fóra: o acceso aos estudos, ás bolsas, á vivenda cando retornan ou a falta de apoio para fortalecer os vínculos coas novas xeracións nacidas no exterior.

"Os españois do exterior non poden sentirse abandonados".

Seguimos traballando para que a Galicia exterior teña máis oportunidades, máis apoio e máis facilidades para manter viva a súa conexión coa terra.

29/05/2026

Sabes cal é a diferenza entre o programa Retorna Cualifica Emprego e a Feira de Emprego da Xunta, que este ano se celebra no Brasil? O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explica en que consiste cada unha e a quen vai dirixidas.

Ambas teñen como obxectivo facilitar o retorno dos galegos do exterior á súa terra, pero diferentes xeitos. Dámosche todas as chaves!

Envíanos a túa pregunta para o secretario xeral a [email protected]

Dirección

Mazarelos, 15
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando GaliciaAberta publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir