Biblioteca de Galicia

Biblioteca de Galicia A Biblioteca de Galicia é a biblioteca central do Sistema Galego de Bibliotecas.

Este venres 29 de outubro o ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros" chega ao seu número 10 con Juan Tallón e "Días contad...
25/10/2021

Este venres 29 de outubro o ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros" chega ao seu número 10 con Juan Tallón e "Días contados". A obra de Cid Cabido será a protagonista da conversa entre o autor de "Rewind" e a poeta Dores Tembrás.
A cita de novo ás 19:00 horas no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia.
Podedes atopar máis información en https://bit.ly/3bb1hPG

Esperámosvos! 😉👍

A "primeira temporada" do noso ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros" remata este venres día 2 coa presenza de María Can...
01/07/2021

A "primeira temporada" do noso ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros" remata este venres día 2 coa presenza de María Canosa, que falará do libro de Co**ha Blanco "Berta non soubo voar".
Enxeñeira de formación, aínda que vinculada á literatura infantil e xuvenil dende moi nova, María Canosa é unha das autoras máis recoñecidas do panorama literario galego actual.
Pilar Sampedro, mestra como Co**ha Blanco, e que dedicou os últimos anos da súa traxectoria profesional ao proxecto de Bibliotecas Escolares, será a súa compañeira nesta nova actividade polos 10 anos da BdG.
Como sempre esperámosvos ás 19:00 horas no Auditorio Neira Vilas da biblioteca ou na canle de YouTube da Cidade da Cultura.
A partir de setembro volveremos coa "segunda temporada" de 10+10+10. ☺

O ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros" volve á Biblioteca de Galicia. Nesta nova sesión acompañaranos a escritora e xo...
17/06/2021

O ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros" volve á Biblioteca de Galicia. Nesta nova sesión acompañaranos a escritora e xornalista María Solar, que seleccionou como libro vencellado aos seus recordos "O misterio das badaladas", de Xabier P. Docampo.
Se en anteriores ocasións os autores deste ciclo estiveron acompañados por unha xornalista, un editor, e un libreiro, esta vez María Solar vai a estar acompañada dun músico, Abe Rábade. A conversa entre escritora e músico en base ao misterio do reloxo da igrexa de Eiranova seguro que será unha nova oportunidade para desfrurar da maxia da literatura e compartir a pegada que deixa nos lectores.
Esperámosvos este venres ás 19:00 no noso auditorio ou na canle de YouTube da CdC.
Máis info en https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/10-anos-10-autores-10-libros-maria-solar

Este venres 4 volve á BdG o ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros". Domingo Villar será o autor que non acompañará para ...
01/06/2021

Este venres 4 volve á BdG o ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros". Domingo Villar será o autor que non acompañará para falarnos dunha das grandes obras da literatura galega, "Cousas" de Castelao.
Na súa charla Domingo está acompañada polo libreiro, e tamén escritor, Xacobe Pato.
Como sempre será no noso auditorio ás 19:00. Esperámosvos! 👍🙂
Máis info en https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/10-anos-10-autores-10-libros-domingo-villar

A ilustración no podía deixar de estar presente na celebración polos nosos dez anos. Despois de desfrutar coas charlas d...
25/05/2021

A ilustración no podía deixar de estar presente na celebración polos nosos dez anos. Despois de desfrutar coas charlas de Xosé Tomás, Laura Romero, Iria Ribadomar, David Pintor e Alberto Guitián, tócalle agora o turno a Miguelanxo Prado.
É imposible imaxinar mellor peche para este pequeno ciclo no que a ilustración tomou o protagonismo na BdG. 😊
Esperámosvos o próximo venres 28 ás 19:00 no Auditorio Neira Vilas ou na canle de Youtube da Cidade da Cultura.

Este venres 21 de maio continuamos coa celebración do noso décimo aniversario. Nesta ocasión acompañaranos o ilustrador ...
18/05/2021

Este venres 21 de maio continuamos coa celebración do noso décimo aniversario. Nesta ocasión acompañaranos o ilustrador David Pintor, que nos falará da súa traxectoria no mundo da ilustración e da súa persoal visión da profesión.
Dende as 19:00 horas poderemos desfrutar da súa charla con outro gran debuxante, Alberto Guitián. 👍
Agardamos a vosa visita!

Como cada ano a Biblioteca de Galicia pon en marcha unha nova mostra bibliográfica para homenaxear a figura á que se lle...
14/05/2021

Como cada ano a Biblioteca de Galicia pon en marcha unha nova mostra bibliográfica para homenaxear a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Neste 2021 a elixida pola Real Academia Galega foi a poeta Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003).

Poeta, tradutora, editora, mestra, Xela Arias foi unha das voces máis valentes, transgresoras e persoais da literatura galega contemporánea. A exposición, que se poderá visitar no vestíbulo da Biblioteca de Galicia dende o próximo 14 de maio ata finais do mes de agosto, trata de achegarse a todas as facetas que estiveron presentes na traxectoria persoal e profesional de Xela.

Rebeca Varela é a ilustradora que acompaña cos seus debuxos aos libros, revistas, xornais, e demais material bibliográfico que seleccionaron os técnicos da Biblioteca de Galicia para artellar esta exposición.

Non só a palabra escrita vai a estar presente nas actividades que conmemoran os dez anos da Biblioteca de Galicia. A lin...
06/05/2021

Non só a palabra escrita vai a estar presente nas actividades que conmemoran os dez anos da Biblioteca de Galicia. A linguaxe visual impresa, cada vez máis demandada nas bibliotecas, merece tamén estar nesta programación.

O obxectivo desta actividade é contar con algúns dos ilustradores galegos máis sobresaíntes. Nas sesións que se programarán todos os venres do mes de maio ás 19:00 horas, as ilustradoras e ilustradores convidados compartirán cos asistentes as súas habilidades, traballos e experiencias e nas que gozaremos da súa liberdade creativa.

Mañá venres 7 será Xosé Tomás o ilustrador que inaugure este novo ciclo da programación polo noso décimo aniversario. Ao longo dunha hora realizará un percorrido polas partes do álbum ilustrado, analizando a importancia da imaxe como elemento narrativo, complementario ao texto, que pode ser ás veces máis importante incluso que el, cando se trata de público prelector. Levará a cabo pequenos xogos creativos na liña de Rodari, para crear historias visuais a partires de elementos do discurso aleatorios, dará unhas pistas de como crear personaxes dende o punto de vista físico e psicolóxico, e mesmo realizará un experimento para debuxar paisaxes sonoras motivadas pola escoita activa da música.

O obradoiro procurará estimular a creatividade dos/as asistentes, que terán que volcar no papel pequenas creacións plásticas.

Nos seguintes enlaces podedes encontrar máis información.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/mes-da-ilustracion-na-biblioteca-de-galicia-xose-tomas

https://www.youtube.com/watch?v=Z8zy3qlZ9LQ

  GALICIA MARÍTIMA (e 4)De Noia a RibadeoCuarta e última entrega de GALICIA MARITIMA adicada a mostrar e dar a coñecer a...
28/04/2021



GALICIA MARÍTIMA (e 4)
De Noia a Ribadeo
Cuarta e última entrega de GALICIA MARITIMA adicada a mostrar e dar a coñecer a ampla colección de material gráfico na Biblioteca de Galicia, que neste caso ten como o tema o mar a través das súas postais e outras publicacións gráficas. E é que Galicia defínea moito a súa relación co mar, e a paisaxe das nosas costas e a singularidade das rías son o testemuño dunha maneira de vivir: os portos, os faros, as súas fábricas de conservas, a pesca e as embarcacións tradicionais son as principais protagonistas.
Pódese atopar máis información nos recursos dixitais da Biblioteca de Galicia: GALICIANA (Biblioteca Dixital de Galicia) https://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do
https://biblioteca.galiciana.gal/es/inicio/inicio.do
Tamén en Europeana.eu

ESP//
GALICIA MARITIMA (y 4)
La Biblioteca de Galicia está publicando una sección que tiene por objetivo, mostrar y dar a conocer la amplia colección de material gráfico en la Biblioteca de Galicia, que en este caso tiene como el tema el mar a través de sus postales y otras publicaciones gráficas. Y es que Galicia la define mucho su relación con el mar, y el paisaje de nuestras costas y la singularidad de las rías son el testimonio de una manera de vivir: los puertos, los faros, sus fábricas de conservas, la pesca y las embarcaciones tradicionales son las principales protagonistas. También es un medio de conocer todo tipo de embarcaciones tradicionales como la goleta, el patache, la dorna, la chalana, etc... ata un cruceiro de guerra na base naval de Ferrol.
Se puede encontrar más información en los recursos digitales de la Biblioteca de Galicia: GALICIANA (Biblioteca Dixital de Galicia) https://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do
https://biblioteca.galiciana.gal/es/inicio/inicio.do
También en Europeana.eu

  GALICIA MARÍTIMA 3. A ría de Pontevedra e Vilagarcia: Portos de Marín, Pontevedra e Vilagarcia de Arousa.Das goletas e...
26/04/2021



GALICIA MARÍTIMA
3. A ría de Pontevedra e Vilagarcia: Portos de Marín, Pontevedra e Vilagarcia de Arousa.
Das goletas e pataches a dornas e chalanas. Terceira entrega de GALICIA MARITIMA adicada a mostrar e dar a coñecer a ampla colección de material gráfico na Biblioteca de Galicia, que neste caso ten como o tema o mar a través das súas postais e outras publicacións gráficas. E é que Galicia defínea moito a súa relación co mar, e a paisaxe das nosas costas e a singularidade das rías son o testemuño dunha maneira de vivir: os portos, os faros, as súas fábricas de conservas, a pesca e as embarcacións tradicionais son as principais protagonistas.
Pódese atopar máis información nos recursos dixitais da Biblioteca de Galicia: GALICIANA (Biblioteca Dixital de Galicia) https://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do
https://biblioteca.galiciana.gal/es/inicio/inicio.do
Tamén en Europeana.eu

 "Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz, segundo a escritora Ledicia Costas, recente Premio da Cultura Galega 202...
23/04/2021


"Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz, segundo a escritora Ledicia Costas, recente Premio da Cultura Galega 2020 na categoría de Letras, e Manuel Bragado, director de Xerais cando se publica Cartas de inverno, para achegarnos ao universo desta novela de misterio e amizade.
Para os que non poideches vir, deixamos esta interesante conversa na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=lo72SMmDwmc

23/04/2021



Mañá 23 de abril celebramos o DIA DO LIBRO, e o mesmo que en anos anteriores, a Biblioteca agasallará aos seus usuarios con libros de todos os xéneros. Ademais, aproveitaremos esta data para continuar co noso ciclo "10 anos, 10 autores, 10 libros". Nesta ocasión a escritora que nos acompañará será Ledicia Costas, recente Premio da Cultura Galega 2020.

Dirección

Santiago De Compostela

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 21:00
Domingo 09:00 - 21:00

Teléfono

+34981544886

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca de Galicia:

Compartir

Categoría