Socialistas Santiago de Compostela

Socialistas Santiago de Compostela Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Socialistas Santiago de Compostela, Organización política, Santiago de Compostela.

🏠 Moitos anuncios. Poucas solucións.En plena crise da vivenda, Santiago non precisa máis estudos, máis ordenanzas nin má...
17/06/2026

🏠 Moitos anuncios. Poucas solucións.

En plena crise da vivenda, Santiago non precisa máis estudos, máis ordenanzas nin máis trámites administrativos.

Precisa máis vivendas accesibles, máis vivenda pública e compromisos concretos para que a xente poida vivir na súa cidade.

📄 O plan presentado polo Goberno de Goretti Sanmartín fala de procedementos, pero segue sen responder á pregunta máis importante: cantas vivendas vai ter Santiago e cando estarán dispoñibles?

🚨 A crise da vivenda non admite máis brindes ao sol. A veciñanza merece feitos, non promesas.

🚨 Os colexios non poden pagar as consecuencias da inacción do Goberno municipal.A folga da limpeza e conserxería xa está...
15/06/2026

🚨 Os colexios non poden pagar as consecuencias da inacción do Goberno municipal.

A folga da limpeza e conserxería xa está a afectar ás actividades extraescolares e á conciliación de moitas familias.

📚 Sen limpeza e sen conserxería non hai normalidade nos centros.

Se as melloras laborais están recollidas no contrato, é responsabilidade do Concello esixir que se cumpran.

Esiximos a Goretti Sanmartín e á concelleira de Educación que actúen xa para resolver este conflito e evitar que o curso 2026-2027 comece cunha folga indefinida.

Porque o alumnado, as familias e toda a comunidade educativa merecen solucións. Non escusas.

🚨 Prometer un centro de saúde e votar en contra del. Así actúa o PP co Castiñeiriño.Na campaña de municipais de 2023 o P...
15/06/2026

🚨 Prometer un centro de saúde e votar en contra del. Así actúa o PP co Castiñeiriño.

Na campaña de municipais de 2023 o PP de Verea prometeu construílo. Pero cando chega o momento de defendelo no Parlamento de Galicia, votan en contra.

🏥 Dende o PSdeG seguiremos reclamando esta infraestrutura e esixindo á Xunta que deixe de incumprir coa veciñanza de Santiago.

Porque a sanidade pública non pode depender de promesas electorais.

11/06/2026

❌ O PP de Verea votou en contra. O Castiñeiriño segue esperando.

🏥 Levan anos prometendo o centro de saúde do Castiñeiriño, pero cando chega o momento de apoialo no Parlamento, votan en contra.

Prometer é doado. Cumprir xa é outra cousa.

📉 O turismo cae. E Santiago non pode permitirse mirar para outro lado.O último barómetro de Exceltur sitúa a nosa cidade...
11/06/2026

📉 O turismo cae. E Santiago non pode permitirse mirar para outro lado.

O último barómetro de Exceltur sitúa a nosa cidade como o destino turístico con peor evolución de España.

🍽️ Menos actividade.
🛍️ Menos oportunidades.
💼 Menos emprego.

✈️ A Xunta de Rueda acumula promesas, pero non solucións.

🏛️ O Goberno de Sanmartín segue sen impulsar con decisión as medidas que a cidade necesita.

🚨 A Alameda non pode seguir esperando.O Goberno de Goretti Sanmartín parece instalado na idea de que, mentres non se apr...
10/06/2026

🚨 A Alameda non pode seguir esperando.

O Goberno de Goretti Sanmartín parece instalado na idea de que, mentres non se aprobe o Plan Director, non hai nada que facer. Pero iso non é certo.

🌳 O Plan Director servirá para decidir como queremos a Alameda do futuro. O que non pode é servir de escusa para abandonar a Alameda do presente.

Maleza invadindo camiños, fontes sen manter, patrimonio que se deteriora e unha imaxe de abandono impropia dun dos grandes símbolos de Santiago.

📍 No pleno deste mes esixiremos un mantemento activo, continuado e rigoroso para que a Alameda recupere o coidado e o esplendor que merece.

🚨 Máis de 15 millóns de euros en facturas pendentes… e a resposta de Sanmartín é eliminar postos da unidade que as trami...
09/06/2026

🚨 Máis de 15 millóns de euros en facturas pendentes… e a resposta de Sanmartín é eliminar postos da unidade que as tramita.

Mentres os provedores agardan por cobrar e o período medio de pago segue disparado…

O Goberno municipal decide amortizar sete postos da unidade creada para xestionar esas facturas.

E todo iso sen explicar que alternativa vai poñer en marcha.

📑 Máis improvisación.
📑 Menos planificación.
📑 E un Concello que segue sen rumbo.

Santiago merece un goberno que resolva os problemas, non que os agrave con decisións sen planificación.

🚫 Un ascensor avariado durante anos. Nun centro municipal.Si, liches ben. Anos.O ascensor do CSC da Trisca segue sen fun...
08/06/2026

🚫 Un ascensor avariado durante anos. Nun centro municipal.

Si, liches ben. Anos.

O ascensor do CSC da Trisca segue sen funcionar e con el tamén segue bloqueada a accesibilidade para moitas persoas usuarias deste espazo público.

👵 Persoas con mobilidade reducida.
👨‍👩‍👧 Familias con nenos e nenas.
🏢 Veciñas e veciños que participan nas actividades do centro.

En xaneiro, o Goberno de Goretti Sanmartín anunciou que estaba a traballar nunha solución.

📅 Cinco meses despois, o ascensor segue parado.
📍 Máis promesas.
📍 Máis espera.
📍 A mesma avaría.

Santiago merece servizos públicos accesibles e un Goberno que resolva os problemas do día a día, non que os deixe eternizarse.

07/06/2026

A Intermodal é a carta de prensetación desta cidade, e así é como a ten Goretti Sanmartín 🚄🚌

05/06/2026

🌲 Avanzar non pode significar arrasar!

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas Santiago de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir