02/06/2026
📚✨ LETRAS GALEGAS 2026 | Begoña Caamaño
A Biblioteca Concepción Arenal acolle a mostra As voces de Begoña Caamaño, como parte das actividades organizadas con motivo do Día das Letras Galegas 2026.
A exposición reúne artigos de denuncia e entrevistas publicadas en Ar! Revista galega antimilitarista entre 1994 e 1997, etapa na que Begoña Caamaño formou parte do consello de redacción da revista. Os textos permiten achegarse ao seu compromiso antimilitarista, á defensa da insubmisión e ao pensamento crítico.
A mostra complétase con material visual que percorre a súa traxectoria vital, o seu compromiso coa lingua galega e coa defensa dos dereitos das mulleres.
📍 Biblioteca Concepción Arenal
📅 Do 2 ao 12 de xuño
Facultad de Relaciones Laborales & Recursos HumanosFacultade de Ciencias Políticas e SociaisFacultade de Dereito USCBUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela