28/10/2026
Queres iniciar a túa carreira profesional europea en Bruxelas?
📢 Ata o 2 de novembro podes solicitar a bolsa de formación impulsada pola Fundación Galicia Europa e a Axencia Galega de Innovación.
Unha oportunidade para adquirir experiencia en políticas e programas europeos de innovación e investigación, coñecer de primeira man o funcionamento das institucións comunitarias e especializarte nun ámbito estratéxico para o futuro de Europa. 🇪🇺
Que debes saber?
🎓 Titulación universitaria.
🌍 Certificado de inglés (mínimo nivel B2).
📍 Bruxelas
Solicitudes ata o 2 de novembro na sede electrónica da Xunta de Galicia.
🔗 Máis información: https://fundaciongaliciaeuropa.eu/bolsa-titulados-universitarios-idi-2026/