Concellería de Deportes de Santiago de Compostela

Concellería de Deportes de Santiago de Compostela Páxina oficial de Facebook da Concellería de Deportes de Santiago de Compostela

Forza, resistencia, velocidade e capacidade de superación 💪Este 12 de setembro, a Cidade da Cultura acolle unha nova edi...
09/09/2026

Forza, resistencia, velocidade e capacidade de superación 💪

Este 12 de setembro, a Cidade da Cultura acolle unha nova edición da Gladiator Race Santiago, unha carreira de obstáculos con diferentes modalidades e categorías.

👉 Unha proposta deportiva diferente para poñerse a proba e, sobre todo, desfrutar do reto.

📅 12 de setembro
📍 Cidade da Cultura
Máis información en 🖥️ https://gladiatorraceoficial.com/

Esta fin de semana celebrouse no Multiusos Fontes do Sar a final da Copa Galicia entre o Club Básquet Coruña e o Río Bre...
08/09/2026

Esta fin de semana celebrouse no Multiusos Fontes do Sar a final da Copa Galicia entre o Club Básquet Coruña e o Río Breogán 🏀

Unhas xornadas cheas de paixón polo deporte nas que o equipo Laranxa se coroou coa vitoria 🏆

Moitos parabéns a todos os equipos participantes! 🎉

Moitas grazas á Federación Galega de Baloncesto 🏀 polas imaxes 📸

04/09/2026

A conta atrás remata!! 🏀‼️

Esta fin de semana, 5 e 6 de setembro, Santiago acolle a 40ª Copa Galicia de Baloncesto, unha cita imprescindible para desfrutar do mellor baloncesto galego.

📍 Multiusos Fontes do Sar

Se es afeccionado ao baloncesto, xa tes plan para esta fin de semana 😜

Vémonos na bancada!

A tradición da chave continúa en Vidán! 🥳Os días 3 e 4 de setembro, a Asociación de Vidán organiza dúas xornadas de inic...
02/09/2026

A tradición da chave continúa en Vidán! 🥳

Os días 3 e 4 de setembro, a Asociación de Vidán organiza dúas xornadas de iniciación ao xogo da chave, pensadas para achegar esta tradición a novas persoas e seguir mantendo vivo un xogo con moita historia no barrio 🙌

💜 Animamos a todos o barrio, sobre todo a nenas e mulleres a participar.

📅 3 e 4 de setembro
🕕 De 18:00 a 20:30 h
📍 Tiro de Chave de Vidán
👧 A partir de 8 anos

Animádesvos a probar? 👀

🥏 O Monte do Gozo acollerá os próximos 26 e 27 de setembro o VI Open Xacobeo de Disc Golf, unha competición aberta a par...
31/08/2026

🥏 O Monte do Gozo acollerá os próximos 26 e 27 de setembro o VI Open Xacobeo de Disc Golf, unha competición aberta a participantes de todos os niveis e procedencias.

Unha excelente oportunidade para coñecer de preto esta modalidade deportiva, poñer a proba a túa precisión e desfrutar dunha fin de semana de deporte único.

📍 Monte do Gozo
📅 26 e 27 de setembro

Anímate a participar! 🙌 https://openxacobeo.com/?utm_source=chatgpt.com

29/08/2026
Hai pequenos praceres que só entendemos os que facemos deporte 😌👉 Que ao día seguinte non haxa maniotas, que a “última s...
28/08/2026

Hai pequenos praceres que só entendemos os que facemos deporte 😌

👉 Que ao día seguinte non haxa maniotas, que a “última serie” sexa de verdade a última ou vivir un partido que non se decide ata o último minuto.

Como dirían nas redes: kinda chic 💅✨

💬 Que engadirías ti á lista?

Esta fin de semana Santiago volveu ser punto de encontro arredor do fútbol coa celebración da fase feminina de Unindo Ca...
25/08/2026

Esta fin de semana Santiago volveu ser punto de encontro arredor do fútbol coa celebración da fase feminina de Unindo Camiños ⚽

Unhas xornadas de competición, convivencia e compañeirismo que reuniron xogadoras e equipos para seguir facendo medrar o fútbol feminino.

👏 Parabéns a todas as participantes e grazas a todas as persoas que fixeron posible esta edición.

Compartimos algunhas imaxes do vivido durante a fin de semana 📸

🤽‍♀️ E se este setembro probamos algo diferente? 👀O Club Waterpolo Santiago abre as súas portas todos os sábados de sete...
24/08/2026

🤽‍♀️ E se este setembro probamos algo diferente? 👀

O Club Waterpolo Santiago abre as súas portas todos os sábados de setembro para que nenos e nenas de 7 a 14 anos poidan achegarse e probar o waterpolo 💦

📍 Piscina Santa Isabel
📆 Todos os sábados de setembro
👧🧒 De 7 a 14 anos
📞 691 666 819 · 698 183 657

Unha oportunidade para descubrir un novo deporte, coñecer o equipo e, sobre todo, pasalo ben na auga 🙌

Quen se anima a probar? 🤽💙

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concellería de Deportes de Santiago de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concellería de Deportes de Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir