10/06/2026
🗣️🥄 A semana pasada tivemos a oportunidade de impartir unha charla sobre disfaxia no Auditorio Municipal de Valga dirixida ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello.
Durante unha hora Laura Sofía Miranda, logopeda do servicio de Rehabilitación da nosa asociación abordou aspectos teóricos relacionados coa disfaxia, os seus riscos e sinais de alerta, así como cuestións prácticas fundamentais para o día a día das persoas con dificultades de deglución.
A sesión incluíu tamén unha demostración de adaptación de texturas de alimentos e bebidas, mostrando como é posible preparar comidas seguras sen renunciar ao sabor nin ao pracer de comer.
Queremos agradecer ao Concello de Valga e a todas as persoas participantes o seu interese e implicación. A formación dos profesionais que acompañan ás persoas no seu fogar é clave para mellorar a súa seguridade, saúde e calidade de vida.
💙 Seguimos traballando para sensibilizar e compartir coñecemento sobre a disfaxia e outras secuelas que afectan a moitas persoas con dano cerebral adquirido e outras condicións neurolóxicas.