Anova Irmandade Nacionalista

Anova Irmandade Nacionalista Páxina oficial de Anova Irmandade Nacionalista Irmandade asamblearia nacionalista de esquerdas. Loita frontal contra o ultraliberalismo. Internacionalismo.

Da autodeterminación cara a independencia. Antón Sánchez García é o Portavoz Nacional

Outra xornada más de mobilización contra o proxecto ecocida   A loita é o único camiño‼️
14/12/2025

Outra xornada más de mobilización contra o proxecto ecocida

A loita é o único camiño‼️

🏡♻️Este domingo temos outra oportunidade para mobilizarnos e amosar o descontento do noso pobo co proxecto de  Ás 12:00h...
12/12/2025

🏡♻️Este domingo temos outra oportunidade para mobilizarnos e amosar o descontento do noso pobo co proxecto de

Ás 12:00h na Alameda, todas e todos contra a macrocelulosa‼️

29/11/2025

«Cooperativismo agropecuario: algunhas consideracións arredor da experiencia danesa» e «As diversas orientacións do cooperativismo no seu desenvolvemento histórico» son as dúas primeiras producións científicas de Xosé Manuel Beiras, o froito de dous anos de intensa inmersión cultural e a...

🏡 Imaxes da xornada   “O local como chave transformadora”🗣️Participaron na primeira mesa: Julian Bustelo (alcalde de Ria...
29/11/2025

🏡 Imaxes da xornada “O local como chave transformadora”

🗣️Participaron na primeira mesa: Julian Bustelo (alcalde de Rianxo), María Rozas (concelleira en Compostela), Benito Portela (alcalde de Sada) e MX Fernández (concelleira en Vilalba)

🗣️Na segunda “Artellar para transformar: do local ao nacional”, participaron: Nerea P Carballeira (concelleira Ferrol), Xulio Ferreiro (exalcalde da Coruña), Martiño Noriega (exalcalde de Compostela) e moderando Co**ha Fernández.

👉🏽Foi un encontro produtivo onde compartimos diagnoses, necesidades diversas e a tarefa de revitalizar os espazos municipais nesta conxuntura tendente ao retroceso democrático baixo unha crise da esperanza, coa precaridade, os discursos do odio e as desigualdades condicionando o espazo público. Desde o local, con alianzas e xenerosidade, debemos facer dos concellos aqueles lugares desde os que promover respostas eficaces e concretas, con todas as limitacións existentes. Desde o ao nacional.

Entrevista en O Salto a Martiño Noriega, voceiro de Anova-IN: “Un goberno alternativo na Xunta terá que plantar, como de...
28/11/2025

Entrevista en O Salto a Martiño Noriega, voceiro de Anova-IN:

“Un goberno alternativo na Xunta terá que plantar, como despois dun incendio, as árbores axeitadas”

O exalcalde de Compostela fala do papel do BNG, o futuro de Anova, a fin dos “patriotismos partidarios” e a necesidade de mobilizar o legado municipalista cara á constitución de espazos democráticos amplos.

Flora Miranda, Médica de Familia e integrante da Permanente e CN de Anova
26/11/2025

Flora Miranda, Médica de Familia e integrante da Permanente e CN de Anova

Escribo despois dunha xornada maratoniana, unha de tantas, na que foron atendidas na miña consulta 53 persoas, mais un par de visitas a domicilio a dúas anci

24/11/2025

A organización reivindica o municipalismo como o espazo desde o que se pode reactivar unha política útil.

🗣️Anova organiza a Xornada “O local como chave transformadora” con referentes das experiencias municipalistas galegas:🏡“...
24/11/2025

🗣️Anova organiza a Xornada “O local como chave transformadora” con referentes das experiencias municipalistas galegas:

🏡“O local como chave transformadora”, un espazo pensado para recuperar a centralidade política do municipalismo galego e para artellar, desde abaixo, novas alternativas transformadoras nun momento de clara emerxencia democrática, ecolóxica e social.

⏰A cita desenvolverase entre as 10:00-14:00 horas e contará coa participación de representantes de diversas candidaturas municipalistas e espazos do cambio que, ao longo da última década, contribuíron a construír proxectos políticos de proximidade centrados en mellorar a vida da xente.

👉🏽Martiño Noriega subliñou que “o municipalismo galego foi, e debe volver ser, a forza que reconstrúa confianza social, que defenda os servizos públicos e que se enfronte sen complexos ás emerxencias sociais, ambientais e democráticas que vivimos”.

Dirección

Rúa Das Galeras 17 2º 2
Santiago De Compostela
15705

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Anova Irmandade Nacionalista publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría