Inega. Instituto Enerxético de Galicia

Inega. Instituto Enerxético de Galicia O Inega é a axencia pública da Xunta de Galicia que traballa cos diferentes sectores económicos a Facebook oficial do Inega.

A axencia Instituto Enerxético de Galicia.

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na presentación da nova Busi...
10/09/2026

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na presentación da nova Business Factory Energy (BF Energy).

🚀 Unha aceleradora especializada que impulsará proxectos innovadores no ámbito da enerxía, fomentará a colaboración entre empresas, startups e centros tecnolóxicos, e contribuirá a fortalecer o ecosistema galego de innovación.

🌱 Un novo instrumento para transformar talento, coñecemento e recursos en oportunidades de desenvolvemento sostible para a comunidade.

Con ela, Galicia dá un novo paso para consolidarse como referente en innovación e desenvolvemento enerxético sostible.

Cada vez máis persoas elixen moverse con enerxía limpa. No Día Mundial do Vehículo Eléctrico, poñemos en valor os avance...
09/09/2026

Cada vez máis persoas elixen moverse con enerxía limpa. No Día Mundial do Vehículo Eléctrico, poñemos en valor os avances cara a unha mobilidade máis sostible en Galicia.

⚡ Os vehículos enchufables xa superan en vendas aos de gasolina e diésel en Galicia e rexistran un avance superior á media estatal
📊 O mercado galego segue avanzando cara á electrificación: desde maio, as matriculacións de coches eléctricos xa superan as de gasolina
🔌 A infraestrutura de recarga continúa medrando: nos últimos dous anos duplicouse o número de puntos de recarga e, nas estradas interurbanas, aumentaron un 27% nun ano
💶 O aforro económico da recarga eléctrica e os programas de axudas públicas están a impulsar a adopción do vehículo eléctrico

Últimos días para solicitar os apoios a proxectos de aforro e eficiencia enerxética en empresas galegas.🏭 Melloras na ef...
31/08/2026

Últimos días para solicitar os apoios a proxectos de aforro e eficiencia enerxética en empresas galegas.

🏭 Melloras na eficiencia de procesos industriais ou sistemas auxiliares
💡Proxectos de iluminación eficiente
🏢 Mellora da eficiencia enerxética en edificios
🍃 Actuacións que reduzan polo menos un 30% as emisións de gases de efecto invernadoiro
💰 A contía da axuda varía segundo o tamaño da empresa e tipo de proxecto ata un máximo de 1.000.000 € por expediente.
🔍 O investimento mínimo é de 15.000 €, ou 200.000 € en sector pesca/acuicultura.

🗓️ Solicita ata o 15 de setembro!

Cando falamos de eficiencia enerxética, falamos moito de aforro, tecnoloxía ou innovación. Pero tamén de algo máis sinxe...
26/08/2026

Cando falamos de eficiencia enerxética, falamos moito de aforro, tecnoloxía ou innovación. Pero tamén de algo máis sinxelo: as decisións que tomamos hoxe para deixar unha Galicia mellor mañá. Facer un uso responsable da enerxía é unha forma máis de coidar todo aquilo que nos une.💚

O sol que ilumina as nosas rúas, o vento que percorre a nosa costa e a forza da auga nos nosos ríos son exemplos dunha e...
19/08/2026

O sol que ilumina as nosas rúas, o vento que percorre a nosa costa e a forza da auga nos nosos ríos son exemplos dunha enerxía que forma parte da nosa terra.☀️🌊

Coidar destes recursos é tamén coidar do futuro das vindeiras xeracións.💚

Ás veces pensamos que aforrar enerxía require grandes cambios, pero moitas veces todo comeza con pequenos xestos.Apagar ...
14/08/2026

Ás veces pensamos que aforrar enerxía require grandes cambios, pero moitas veces todo comeza con pequenos xestos.

Apagar unha luz que non necesitamos, desenchufar un cargador cando rematamos de usalo ou aproveitar a luz natural son accións sinxelas que, sumadas entre milleiros de fogares galegos, poden marcar unha gran diferenza.

Cal é ese pequeno hábito sostible que xa forma parte do teu día a día?🌱

Antes de solicitar a axuda, comproba que o cumpres todo. 👍Preparamos unha checklist rápida cos requisitos clave para non...
06/08/2026

Antes de solicitar a axuda, comproba que o cumpres todo. 👍Preparamos unha checklist rápida cos requisitos clave para non deixar nada atrás.

04/08/2026

Descubre as axudas do INEGA para proxectos de aforro e eficiencia enerxética: quen pode solicitalas, que actuacións se subvencionan e os prazos clave. ✅

Coñeces a nosa newsletter? Subscríbete e recibe todas as novidades e convocatorias do Inega directamente no teu correo. ...
30/07/2026

Coñeces a nosa newsletter? Subscríbete e recibe todas as novidades e convocatorias do Inega directamente no teu correo. 💻

https://www.inega.gal/gl/newsletter

⚠️ Últimos días para solicitar as axudas á planificación enerxética de comunidades enerxéticas do Inega!Unha medida para...
28/07/2026

⚠️ Últimos días para solicitar as axudas á planificación enerxética de comunidades enerxéticas do Inega!
Unha medida para fomentar a descarbonización, a implantación das enerxías renovables e o aforro enerxético en Galicia.
🛠️ Cobertura para infraestruturas, contratación de persoas expertas, redacción de estatutos e accións de captación.
Destinada a:
✅ Comunidades enerxéticas con sede en Galicia
✅ Agrupacións que estean no proceso de constitución dunha comunidade enerxética
📅 Prazo aberto ata o 3 de agosto ou ata esgotar os fondos dispoñibles.
⏳ Non deixes pasar esta oportunidade para impulsar o teu proxecto de transición enerxética.
🔗 Máis información e bases completas en https://www.inega.gal/gl/axudas/subvencions-ano-2026-para-planificacion-enerxetica-de-comunidades-enerxeticas

Dirección

Rúa Avelino Pousa Antelo, 5
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Inega. Instituto Enerxético de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir