08/06/2026
🏛️🧱 O CEGOR 2026, o curso que a Fundación Laboral de la Construcción Galicia organiza en colaboración co Consorcio de Santiago, viviu esta semana dúas xornadas moi especiais dedicadas ao coñecemento da arquitectura tradicional e os seus sistemas construtivos.
👨🏫 O profesor Mariano Vázquez Espí, da Escola de Arquitectura de Madrid e investigador de referencia no ámbito das estruturas e da construción, impartiu a lección maxistral “Muros e outras fábricas da arquitectura preindustrial”, unha sesión que serviu tamén como homenaxe ao arquitecto Eloy Algorri, referente excepcional na historia da construción e da arquitectura, falecido o pasado mes de xaneiro.
🌡️ Pola súa banda, o arquitecto Alejandro Cabeza, profesor da Escola de Arquitectura de Valladolid, abordou na súa clase “A inercia térmica como oportunidade” cuestións innovadoras para comprender o comportamento higrotérmico dos muros tradicionais e a lóxica enerxética das arquitecturas masivas preindustriais.