22/06/2026
🏛️Hoxe o Parlamento de Galicia recibiu a visita das usuarias da Biblioteca Municipal das Pontes de García Rodríguez. O grupo realizou unha visita guiada á Cámara, que incluíu un percorrido polo hemiciclo, así coma polas diferentes salas e pola colección de arte exposta no Pazo do Hórreo.
📩As visitas guiadas para grupos poden ser solicitadas na páxina web do Parlamento de Galicia. Así mesmo, a Cámara realiza visitas guiadas sen cita previa todos os luns ás 10:00, 12:00 e 16:30, agás días festivos e xornadas concretas por actos parlamentarios e institucionais.
https://www.parlamentodegalicia.es/ConeceOParlamento/VisitasGuiadas