08/09/2026
No novo especial de , iniciativa de divulgación en galego que facemos coa Universidade de Santiago de Compostela, falamos de “Xestión forestal. A ciencia que evita o desastre”.
Unha ducia de vídeos para entender os incendios forestais e descubrir como unha mellor xestión dos montes pode contribuír á súa prevención. Neles fálase de:
🌳 Silvicultura
🌱 Sistemas agroforestais
🔥 Ciencia dos incendios
🏡 Montes veciñais en man común
🌍 Servizos ecosistémicos
♻️ Aproveitamento sustentable
💚 Certificación forestal
💶 Mercados de carbono
💡 Innovación
Unha ollada científica e divulgativa ao presente e ao futuro dos montes galegos.
https://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10539