15/06/2026
O Colexio de Fonseca acolle ata o vindeiro 11 de xullo a segunda edición de “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, unha exposición organizada pola Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia (APFG) e a Asociación de Periodistas de Galicia (APG) que reúne 92 imaxes de profesionais da prensa gráfica galega.
A mostra reivindica o traballo dos fotoxornalistas como testemuñas da nosa realidade, ofrecendo unha visión diversa e humana da Galicia actual a través de fotografías que retratan paisaxes, tradicións, cultura, actualidade.
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/galicia-inedita-mostra-fotoxornalismo-comprender-mellor-quen-sociedade