10/03/2026
📽️
🖨️🎨 📚 Sacauntos Cooperativa Gráfica é unha cooperativa gráfica que combina deseño e impresión cun forte compromiso social. Desde Compostela, ofrece servizos profesionais de deseño gráfico e web, impresión en pequeno e gran formato, autoedición e produción de eventos culturais.
É moito máis ca unha imprenta: é un espazo de encontro, de creación colectiva e de apoio mutuo. Froito do tecido dos movementos sociais, colabora con colectivos, asociacións e persoas que inician proxectos culturais ou activistas.
💡 Transforman o mundo con proxectos feitos con coidado, servizos accesibles e unha clara vontade de facer barrio. ✨ En Sacauntos Cooperativa Gráfica, a economía social imprímese a diario.
▶️ Dálle ao play e coñece a súa historia.
Acción integrada no proxecto de codeseño do Plan de Acción da Economía Social nos Barrios de Compostela, elaborado dentro da estratexia EDUSI Compostela e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Pazo de Raxoi | Axenda Urbana 2030 Santiago