Gardacostas de Galicia

Gardacostas de Galicia O Servizo de Gardacostas encárgase da vixilancia, salvamento e protección do medio nas augas galegas Máis de 30+1 anos ao servizo do mar e das súas xentes.
(1)

O Servizo de Gardacostas de Galicia é o organismo encargado da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas. Depende directamente da Consellería do Mar e opera as 24 horas e os 365 días do ano dando resposta inmediata ás incidencias que se van producindo na nosa Comunidade. Tamén lle fai fronte á contaminación, preservando a nosa contorna mariña. A outra das grandes

apostas deste organismo é loitar contra a lacra do furtivismo e contra os que exercen de xeito ilegal a competencia desleal aos miles de profesionais que viven da actividade marisqueira e pesqueira en Galicia. Evitar a venda de produtos do mar por fóra das vías legais de comercialización e preservar a saúde dos consumidores é un piar básico.

🛟 700 nenos e nenas de Vigo asistiron ao simulacro celebrado no marco do Congreso da Semana do Mar 🚁 Na actividade parti...
11/06/2026

🛟 700 nenos e nenas de Vigo asistiron ao simulacro celebrado no marco do Congreso da Semana do Mar

🚁 Na actividade participaron Gardacostas de Galicia, con dúas patrulleiras, e o helicóptero Pesca 1, amosando os protocolos de actuación e salvamento marítimo

🚁 O helicóptero Pesca 1 recuperou o cadáver dun home que apareceu entre as rochas na costa de Baiona e trasladouno ao ho...
31/05/2026

🚁 O helicóptero Pesca 1 recuperou o cadáver dun home que apareceu entre as rochas na costa de Baiona e trasladouno ao hospital Álvaro Cunqueiro

🚨 Coordinado polo Centro de Coordinación de Salvamento de Vigo foi preciso despregar un amplo operativo de emerxencias

🛥 Mobilizada a auxiliar n° 2 do remolcador Sebastián de Ocampo para asistir a unha moto de auga á deriva entre a Illa de...
31/05/2026

🛥 Mobilizada a auxiliar n° 2 do remolcador Sebastián de Ocampo para asistir a unha moto de auga á deriva entre a Illa de Tambo e Combarro tras quedar sen motor

ℹ️ Coordinou o operativo o Centro de Coordinación de Salvamento de Vigo

🚨 Novos operativos contra o furtivismo nas nosas rías. Incautamos:➡️ 510 nasas e cacharros e 214 kg de polbo➡️ 1.844 m d...
29/05/2026

🚨 Novos operativos contra o furtivismo nas nosas rías. Incautamos:

➡️ 510 nasas e cacharros e 214 kg de polbo
➡️ 1.844 m de cabo
➡️ 55 miños (2.250 m de rede)
➡️ 36 kg de ollomol
➡️ 75 kg doutras especies

🌊 Marisco devolto ao mar e o peixe entregado a entidades benéficas

25/05/2026

🚢 Axentes da base operativa de Celeiro, e a bordo da embarcación auxiliar Irmáns García Nodal, interviron na ría de Ortigueira 25 kg de centola

🌊 O produto foi devolto ao mar, na enseada de Espasante

🔵 Dende o inicio da veda do polbo o 1 de maio, intensificamos os controis preventivos por terra e mar no litoral galegoℹ...
24/05/2026

🔵 Dende o inicio da veda do polbo o 1 de maio, intensificamos os controis preventivos por terra e mar no litoral galego

ℹ️ O balance é de máis de 780 aparellos ilegais retirados e case 670 quilos de produto comisado para protexer a reprodución da especie

Adestramento do noso helicóptero Pesca 2 co patrulleiro Arnomendi da  ao norte de Burela (Lugo)Este tipo de exercicios a...
14/05/2026

Adestramento do noso helicóptero Pesca 2 co patrulleiro Arnomendi da ao norte de Burela (Lugo)

Este tipo de exercicios axúdannos a estar preparados para todo tipo de situacións no mar

14/05/2026

A pasada noite buque Irmáns García Nodal auxiliou e remolcou o pesqueiro María Magdalena, de 29 m. de eslora, que estaba sen propulsión ao norte de Celeiro

O Pesca 2 apoiou desde o aire para garantir a seguridade nas manobras ata atracar o barco no porto pesqueiro de Celeiro

13/05/2026

🚢 Mobilizamos a embarcación auxiliar da Mar de Galicia no rescate dun home, despois de que a súa dorna fose abordada por outra embarcación en Cambados

➡️ O ferido foi trasladado ao Hospital de Montecelo de Pontevedra onde recibiu atención sanitaria

Dirección

Sar, 75
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Gardacostas de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir