Anpa Monte Dos Postes

Anpa Monte Dos Postes Anpa do CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela

📢 NOVO PRAZO PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARESReabrimos o prazo de inscrición. Se quedaches fóra ou queres engadir algu...
07/09/2026

📢 NOVO PRAZO PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Reabrimos o prazo de inscrición. Se quedaches fóra ou queres engadir algunha actividade, podes facelo ata finais deste mes.

✅Inscricións: enlace na nosa bio 🔗
✅Prazo límite: finais deste mes
✅Dúbidas: consulta toda a información e as vías de contacto directamente na web da ANPA

📣 NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: Actividades extraescolares!Se che quedou algunha actividade pendente, abre un novo prazo de ...
14/07/2026

📣 NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: Actividades extraescolares!

Se che quedou algunha actividade pendente, abre un novo prazo de inscrición do 15 de xullo ao 31 de agosto.

⚠️ Estado actual das prazas:

❌ Artes Marciais/Xudo e Pintura: Grupos completos.
⚠️ Baile Moderno: Última praza dispoñible!
⚠️ Ximnasia Rítmica: Só quedan 2 prazas libres!

Nota: A inscrición seguirá aberta en todas as actividades para a lista de agarda por se hai baixas de última hora.

ℹ️ Consulta no texto da publicación que actividades están completas e en cales quedan poucas prazas.

Toda a información para as inscricións na web da ANPA!

📢 ATENCIÓN FAMILIAS: Novo proceso para os servizos de Comedor e Madrugadores (Curso 2026-2027)O Concello de Santiago de ...
06/07/2026

📢 ATENCIÓN FAMILIAS: Novo proceso para os servizos de Comedor e Madrugadores (Curso 2026-2027)

O Concello de Santiago de Compostela aproba o novo procedemento para solicitar praza. O trámite é OBRIGATORIO para todo o mundo: tanto para novas altas como para quen xa usou os servizos o ano pasado.

⚠️ Novidades importantes deste ano:

✅Hai unha nova aplicación informática.
✅Cómpre empregar o novo modelo de solicitude ED001.
✅Todos os usuarios deben realizar a solicitude previa por rexistro.

🔗 Toda a información, instrucións detalladas e descarga do modelo ED001 aquí:
https://santiagodecompostela.gal/gl/noticias/xunta-de-goberno-aproba-o-novo-procedemento-para-solicitar-praza-no-servizo-de

Por favor, comparte este aviso con outras familias para que ninguén quede fóra de prazo.

🚨 O 1 de xullo abre o prazo para as bolsas escolares de Santiago (Curso 2026-2027)!O Concello publicou esta convocatoria...
30/06/2026

🚨 O 1 de xullo abre o prazo para as bolsas escolares de Santiago (Curso 2026-2027)!

O Concello publicou esta convocatoria para colaborar coas familias nos gastos de comedor, material e actividades extraescolares. Podes solicitalas se tes fillos en Infantil, Primaria ou Educación Especial en centros públicos ou concertados do municipio.

Recomendamos que leades atentamente o documento oficial para comprobar os requisitos, xa que este ano hai novidades e cambios respecto ao curso pasado que poderían beneficiarvos.

O prazo é de 10 días hábiles a contar dende o mércores 1 de xullo de 2026. Atoparás as ligazóns para consultar as bases da convocatoria e para procesar a solicitude na web da ANPA, dentro da páxina de axudas. 📝 🚀

25/06/2026

💥 Aínda non es da ANPA? ¡Súmate! 🎒

Formar parte da ANPA non é só pagar unha cota anual, é a mellor forma de apoiar activamente o día a día dos teus fillos e fillas. Grazas ás achegas de todas as familias, organizamos as actividades extraescolares, as festas máis divertidas do curso, obradoiros chulos e proxectos incribles, como o mural de despedida de 6º. 🎨✨

Facerse socio/a é súper rápido e sinxelo. ¡Apúntate xa dende o Formulario inscripción na ligazón da nosa bio! 🚀

📢 AVISO IMPORTANTE! Próxima convocatoria de axudas escolares en Santiago de CompostelaO Concello aprobou o orzamento de ...
23/06/2026

📢 AVISO IMPORTANTE! Próxima convocatoria de axudas escolares en Santiago de Compostela

O Concello aprobou o orzamento de 1.150.000 € para as bolsas do curso 2026-2027.

Que financiarán estas axudas?

🍽️ Comedor escolar
📚 Material escolar
⚽ Actividades extraescolares

⚠️ Atención: O prazo de solicitude aínda NON está aberto. Actualmente aprobáronse as bases reguladoras, que se publicarán proximamente no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

🖌️ O mural de 6º xa é unha realidade e o resultado é espectacular!Bastaron dous días de traballo en equipo, risas e bote...
17/06/2026

🖌️ O mural de 6º xa é unha realidade e o resultado é espectacular!

Bastaron dous días de traballo en equipo, risas e botes de pintura para que os nosos xornalistas e artistas de 6º de Primaria rematasen a súa obra de despedida. Encher de cor e comunicación o muro do cole foi unha experiencia incrible que non van esquecer. ¡O patio quedou guapísimo! 🤩

Moitas grazas á Mutantes creativos Mutante Creativo que os guiou nesta aventura organizada pola ANPA e ao apoio da Deputación da Coruña (Cultura da Deputación da Coruña)por financiar este bonito recordo.

¡Botádelle un ollo ás fotos! 👀

📌 RECORDA: Aberto o prazo de inscrición de extraescolares!Familias, o primeiro prazo de matriculación xa está activo den...
16/06/2026

📌 RECORDA: Aberto o prazo de inscrición de extraescolares!

Familias, o primeiro prazo de matriculación xa está activo dende hoxe, 16 de xuño ás 09:00 h, e pechará o vindeiro 30 de xuño ás 23:59 h.

📋 Requisito para participar:
No formulario deberedes indicar se ides optar por ser socias da ANPA ou se preferides aboar a taxa de matrícula anual correspondente.

🔗 Onde tramitalo?
Tendes a ligazón directa de inscrición e o acceso á web da ANPA coas instrucións detalladas na nosa bio.

🎨 Unha pegada de xornalismo e arte para despedir 6º de Primaria! 📰✍️Como xa é tradición, o alumnado de 6º despediuse do ...
15/06/2026

🎨 Unha pegada de xornalismo e arte para despedir 6º de Primaria! 📰✍️

Como xa é tradición, o alumnado de 6º despediuse do colexio antes de dar o salto á Secundaria deixando un recordo inesquecible: un mural deseñado e pintado por eles mesmos cunha artista profesional.
Nesta edición, a temática central foi o xornalismo e a importancia da comunicación. Os rapaces e rapazas participaron en todo o proceso:
💡 Propoñendo ideas.
✏️ Creando os bosquexos.
🖌️ Pintando o muro do recinto.
Unha actividade xenial que, ademais de embelecer o espazo, reforzou o traballo en equipo e o seu coñecemento sobre os medios de comunicación.
Actividade organizada pola ANPA e subvencionada pola Deputación da Coruña. Grazas Cultura da Deputación da Coruña

🗓️ Actividades Extraescolares 2026-2027Xa podes consultar a oferta de actividades para o vindeiro curso! 🎒✨Información i...
10/06/2026

🗓️ Actividades Extraescolares 2026-2027

Xa podes consultar a oferta de actividades para o vindeiro curso! 🎒✨

Información importante sobre as inscricións:

⏳ Primeiro prazo: Aberto desde o 16 de xuño ás 9:00 horas ata o 30 de xuño ás 23:59 horas.

📩 Instrucións: Antes do 16 de xuño enviaranse as indicacións de inscrición e os detalles de cada actividade.

Non o deixedes pasar! 🚀

Dirección

Monte Dos Postes, 0
Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Anpa Monte Dos Postes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Anpa Monte Dos Postes:

Atajos

Compartir

Categoría