01/06/2026
🎶 Xornadas de Portas Abertas na Escola Municipal de Música de Sarria! 🎵✨
Queres descubrir o mundo da música? Durante varios días poderás coñecer a oferta formativa da Escola Municipal de Música de Sarria e probar diferentes instrumentos de maneira gratuíta.
Unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos e pequenas se acheguen á música e atopen o instrumento que máis lles guste. 🎹🥁🎺
📅 Datas: do 1 ao 5 de xuño
📍 Escola Municipal de Música de Sarria
✅ Inscricións: [email protected]
🎼 Actividades para idades temperás:
• Música e movemento (4 anos): luns e martes, de 17:00 a 18:00
• Educación Musical Temperá (3 anos): mércores, de 17:00 a 18:00
• Música e movemento (5 anos): xoves, de 17:00 a 18:00
🎶 Probas de instrumento:
🥁 Percusión
🎸 Guitarra
🎹 Piano
🎺 Vento metal
🪗 Acordeón
🎼 Instrumentos de música tradicional
🎵 Frauta, clarinete e saxofón
🕒 Horario das probas de instrumento: de 18:00 a 19:00 (segundo os días indicados para cada especialidade).