30/01/2026
🔴 O alcalde impide o debate sobre un acordo clave para o futuro de Sarria
No pleno celebrado este xoves, o alcalde de Sarria impediu o debate dunha moción do Grupo Socialista na que solicitabamos explicacións sobre o acordo asinado en setembro entre Camiña Sarria e o Partido Popular, un pacto que condiciona o futuro do noso concello e que segue sen facerse público.
📄 A moción pedía informar do contido e do grao de execución do denominado “Acordo para o desenvolvemento estratéxico de Sarria”, que recolle 15 actuacións presentadas como estratéxicas. Case cinco meses despois, non existe información pública nin explicacións sobre o seu estado real.
🚫 Impedir este debate supón un acto de censura política e unha vulneración do dereito da veciñanza a recibir información clara e transparente. O pleno é o máximo órgano de representación municipal e non pode ser usado para ocultar acordos políticos.
🗣️ Como sinalou o noso voceiro, Benjamín Escontrela, trátase dun acordo “con letra pequena”, sen prazos nin contías definidas e con actuacións xa aprobadas, dependentes doutras administracións ou alleas ás competencias municipais.
🔁 Desde o PSdeG-PSOE de Sarria volveremos levar esta cuestión ao próximo pleno para que o acordo sexa debatido e sometido ao control político da corporación.
⚖️ No mesmo pleno aprobouse unha moción socialista para garantir a igualdade nos tempos de intervención, recoñecendo os desequilibrios existentes na xestión da palabra.
👉 Seguiremos esixindo transparencia, información clara e rendición de contas, defendendo sempre o interese xeral e o futuro de Sarria.