22/12/2021
🛍️🔊🛍️ DECORACIÓN DE NADAL PROPORCIONADO AOS COMERCIOS POLO CONCELLO DE OROSO 🛍️🔊🛍️
👉 A pasada semana o Concello de Oroso entregoulle aos negocios adheridos a “Asociación Sigüeiro Vende” unha árbore de nadal e unha alfombra vermella para decorar a entrada dos seus establecementos.
👉 Dende o PP de Oroso estamos completamente dacordo en apoiar aos establecementos pertencentes á asociación e consideramos que se lle debería prestar aínda máis apoio.
👉 Este Grupo Municipal constatou que o custe tanto das árbores como as alfombras será asumido directamente polo Concello e non mediante unha subvención/axuda á “Asociación Sigüeiro Vende”.
👉 Trátase, polo tanto, dunha iniciativa do Concello de Oroso (aínda que en colaboración coa Asociación) e entendemos que se deben beneficiar todos os negocios e non só os que forman parte da “Asociación Sigüeiro Vende”.
✍️✍️ Por este motivo o Partido Popular de Oroso, solicitou a primeira hora desta mañá por Rexistro, que se entregue a todos os negocios tanto a árbore como a alfombra vermella que xa se lle entregou aos negocios asociados.✍️✍️