CEIP do Camiño Inglés

CEIP do Camiño Inglés O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés é un centro educativo público galego de ed. infantil e primaria.

26/02/2025

Camiñamos co galego con , xogador do RC Celta de Vigo, que nos lembra que o galego é indispensable tamén no deporte. Moitísimas grazas!!

Hoxe, familias e peques tiveron o pracer de asistir a unha estupenda sesión de contacontos da man de Sonia Hermida, que ...
26/02/2025

Hoxe, familias e peques tiveron o pracer de asistir a unha estupenda sesión de contacontos da man de Sonia Hermida, que culminou co obradoiro "Os Camiños do Bosque", no que inventaron escenarios con elementos naturais. Esta actuvidade forma parte do programa Lectura e Familias. Grazas, por esta tarde tan divertida!

Algunhas propostas de estacións de aprendizaxe en 3° de Primaria nas que se traballan contidos dos ámbitos matemático e ...
25/02/2025

Algunhas propostas de estacións de aprendizaxe en 3° de Primaria nas que se traballan contidos dos ámbitos matemático e lingüístico dun xeito lúdico.

O alumnado de 3° e 4° desfrutou dunha visita ao museo interactivo Domus, tamén coñecido como a Casa do Home. Alí, os nen...
25/02/2025

O alumnado de 3° e 4° desfrutou dunha visita ao museo interactivo Domus, tamén coñecido como a Casa do Home. Alí, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de participar nun taller científico de disección, entroutras interesantísimas experiencias.

24/02/2025

Camiñamos co galego con Mercedes Seixo, presentadora da TVG, que nos explica o imprescindible que é falar a lingua para que perdure. Moitísimas grazas por colaborar nesta iniciativa!

24/02/2025

Outra das iniciativas con motivo da celebración do Día de Rosalía.
Camiñamos co galego; tamén o recitamos.

Estas son algunhas das producións do alumnado con motivo da Conmemoración do Día de Rosalía, que culminará cunha saída a...
24/02/2025

Estas son algunhas das producións do alumnado con motivo da Conmemoración do Día de Rosalía, que culminará cunha saída ao Carboeiro deixando nas árbores versos da nosa escritora máis importante, coa fin de que os pelegríns os desfruten ao seu paso polo Camiño Inglés.

22/02/2025

Camiñamos co galego con Xosé Antonio Touriñán, cómico, actor e presentador, que nos convida a usar ese superpoder que é a nosa lingua que nos fai especiais. Mil grazas!

21/02/2025

Camiñamos co galego con Rocío Jiménez Segade, mestra de música e cantante, que nos explica como o galego é un orgullo e un tesouro que coidar. Moitísimas grazas!

20/02/2025

Camiñamos co galego con Lois Alcayde Dans, escritor, xornalista e investigador, que nos anima a empregar o galego como lingua habitual. Moitísimas grazas!

Achégase o entroido! 🎊 Buscade o que teñades por casa, que aquí están os "mandados" para cada día da vindeira semana! E ...
20/02/2025

Achégase o entroido! 🎊 Buscade o que teñades por casa, que aquí están os "mandados" para cada día da vindeira semana! E recordade que o venres 28 estades convidadas/os ao festexo. ☺️

Na pasada asemblea conmemoramos o Día Internacional contra o cancro infantil e aprendimos a dicir "Quérote" en linguaxe ...
20/02/2025

Na pasada asemblea conmemoramos o Día Internacional contra o cancro infantil e aprendimos a dicir "Quérote" en linguaxe de signos.
O alumnado explicou tamén en que consiste a figura de delegado/a de aula e propuxéronse candidaturas para novos "grupos mainos".
E, como non, felicitamos aos premiados/as dos Certame de Cartas de Amor da Candeloria e de Entrevistas Radiofónicas. Agradecer enormemente ao xornalista por colaborar sempre con nós e facer, un ano máis, de xurado como experto no eido radiofónico.

Dirección

Avenida Álvaro Cunqueiro S/
Sigüeiro
15888

Horario de Apertura

Lunes 09:15 - 14:15
Martes 09:15 - 14:15
Miércoles 09:15 - 14:15
Jueves 09:15 - 14:15
Viernes 09:15 - 14:15

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP do Camiño Inglés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría