12/05/2025
🤩 👏 Unha vez pechadas as inscricións do II Rallysprint Concello de Silleda, dende a Escudería Silleda queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos pola incrible acollida que tivo esta segunda edición. Estamos profundamente agradecidos pola enorme cantidade de inscricións recibidas, algo que nos enche de orgullo e que demostra a confianza que depositades en nós e no noso traballo.
Con todo, debemos lembrar que o límite máximo de participantes fixado para esta proba é de 90 inscritos. En consecuencia, todas aquelas inscricións correctamente formalizadas a partir dese número pasarán a integrar, de maneira provisional, a lista de reserva, da cal xa foron debidamente informadas.
😔 Lamentamos que haxa persoas que queden nesa lista, pero por motivos organizativos non está contemplada a posibilidade de ampliar o número de prazas, xa que sería totalmente inviable garantir a seguridade e a calidade do evento.
📄 Ata a publicación da lista oficial o mércores 14 ás 20:00h, iremos cubrindo posibles baixas por rigorosa orde de inscrición. Por iso, pedimos aos pilotos que finalmente non poidan asistir que nolo comuniquen canto antes para dar entrada a quen está en espera.
Agradecemos enormemente a comprensión de todas e todos ante esta situación. Seguimos traballando arreo para ofrecer un evento á altura das expectativas.
Vémonos en Silleda o 16 e 17 de maio!