23/06/2026
🌸 IGUALDADE 365: apoio, empoderamento e inclusión para as mulleres de Sobrado 🌸
O Concello de Sobrado participa no programa Igualdade 365, unha iniciativa dirixida ás mulleres dos concellos de Sobrado e Curtis que promove a igualdade de oportunidades, o empoderamento feminino e a inclusión social mediante actuacións especializadas de apoio e acompañamento.
Entre as accións que contempla o programa destacan:
🐴 Equinoterapia para mulleres que sofren violencia de xénero.
🤝 Programa de recuperación integral para mulleres reclusas.
⚖️ Acompañamento xurídico para mulleres migrantes.
🌟 Accións de empoderamento feminino, autoestima, formación e liderado.
Este programa ten como obxectivo fortalecer a autonomía persoal, mellorar o benestar das participantes e favorecer a súa plena inclusión social.
Igualdade 365 está financiado pola Xunta de Galicia, no marco de Xacobeo 2027, co cofinanciamento da Unión Europea a través dos Fondos Europeos, e coa colaboración dos concellos de Curtis e Sobrado.
💜 Máis igualdade, máis oportunidades, máis futuro para todas e todos.