BNG As Somozas

BNG As Somozas Páxina oficial da agrupación local do Bloque Nacionalista Galego en As Somozas

Hoxe o noso voceiro Víctor Manuel Anidos Blanco en Radio Ferrol
11/05/2026

Hoxe o noso voceiro Víctor Manuel Anidos Blanco en Radio Ferrol

Entrevista con Víctor Anidos, voceiro do BNG das Somozas | Cadena SER

📢 Este mércores 29 hai pleno nas Somozas (12:00)Desde o BNG volvemos levar propostas centradas no que realmente importa:...
28/04/2026

📢 Este mércores 29 hai pleno nas Somozas (12:00)

Desde o BNG volvemos levar propostas centradas no que realmente importa:

🏡 Fronte ao despoboamento: axudas para vivir nas Somozas, apoio á vivenda, incentivos fiscais e medidas para crear emprego local.

💼 Defensa da clase traballadora: rexeitamos que se criminalicen as baixas laborais e apostamos por máis sanidade pública e mellores condicións laborais.

E ademais, facendo o noso traballo de control ao goberno:

❓ Preguntamos pola actuación que non chegou a celebrarse nas festas patronais do ano pasado.

📌 Os seguintes rogos:
– Instalación de aseos nos eventos
– A creación dunha aplicación/ web para rexistrar incidencias ou queixas cando o Concello está pechado
– Arranxo de varías estradas de titularidade municipal (a da foto é o estado da Ponte da Veiga)

No vindeiro pleno producirase un cambio no noso grupo municipal.O compañeiro Miguel Casas deixa a súa acta de concelleir...
18/03/2026

No vindeiro pleno producirase un cambio no noso grupo municipal.

O compañeiro Miguel Casas deixa a súa acta de concelleiro por motivos laborais que o levan a continuar a súa etapa profesional fóra de Galiza. Queremos agradecerlle sinceramente o traballo realizado e o compromiso demostrado durante este tempo. Miguel tamén fixo historia formando parte da primeira corporación municipal con presenza do BNG nas Somozas, e dando un paso adiante nun momento importante para o noso proxecto.

No seu lugar incorporarase María Barro, a quen queremos agradecerlle tamén este paso á fronte e a súa disposición a asumir esta responsabilidade.

Desexámoslle a ambos a mellor das sortes nesta nova etapa, persoal e profesional. Seguimos traballando polo noso concello e pola veciñanza.

08/03/2026

O feminismo é a idea radical que sostén que as mulleres somos persoas", dixo a gran Angela Davis. O feminismo transforma a sociedade, faina máis xusta, combate a discriminación. Hoxe, cando a dereita ataca os dereitos conseguidos, dicimos con claridade que non imos dar nin un paso atrás. MULLERES Á FRONTE!

06/03/2026
04/03/2026

Que é o que máis che preocupa do concello agora mesmo?

📌 Servizos públicos
📌 Emprego
📌 Mocidade
📌 Medio ambiente
📌 Outro tema

Déixanolo nos comentarios ou por mensaxe privada. O noso traballo no pleno nace do que escoitamos fóra del.

📬 Nos próximos días recibirás o noso boletínAo longo do mes de marzo comezará a chegar aos fogares o boletín informativo...
02/03/2026

📬 Nos próximos días recibirás o noso boletín

Ao longo do mes de marzo comezará a chegar aos fogares o boletín informativo editado a finais de xaneiro, no que facemos balance do traballo realizado e das propostas presentadas.

Xunto con el, tamén enviaremos o boletín editado o ano anterior, que por problemas loxísticos non se puido repartir no seu momento e que agora aproveitamos para facer chegar á veciñanza.

Se a alguén non lle chega por correo postal, pode poñerse en contacto connosco a través de Facebook, correo electrónico ou WhatsApp, e farémosllo chegar.

Seguimos informando con claridade e compromiso.

O goberno municipal anuncia axudas de 3.000 € á natalidade. Toda axuda é positiva e pode aliviar gastos ás familias.Pero...
27/02/2026

O goberno municipal anuncia axudas de 3.000 € á natalidade. Toda axuda é positiva e pode aliviar gastos ás familias.

Pero no pleno anterior o noso grupo municipal xa preguntou pola situación da Casa Niño, porque sabiamos que se ían esgotar as prazas e que quedarían crianzas sen servizo. O Concello non tomou ningunha medida. E seguimos, ademais, máis de 10 anos sen pediatra.

3.000 € poden axudar puntualmente. O que fixa poboación e garante futuro son os servizos públicos: atención sanitaria, conciliación e apoio real ás familias. Sen iso, non haberá unha mellora estrutural da natalidade.

Las familias pueden presentar la solicitud hasta tres meses después del nacimiento

25/02/2026

📢 Hoxe as 12:00 temos Pleno!

Celebrarase pleno ordinario no que se abordarán cuestións relevantes para o noso concello:

▪️ Renuncia do compañeiro Miguel Casas por motivos laborais.
▪️ Actualización das taxas municipais conforme ao IPC.
▪️ Moción do BNG para a bonificación do recibo da luz, co obxectivo de que todos os veciños nos beneficiemos da repotenciación do parque eólico.
▪️ Moción do BNG para a mellora das condicións do Servizo de Axuda no Fogar, defendendo un servizo público digno tanto para as traballadoras como para as persoas usuarias.
▪️ Moción do BNG contra o acordo UE–Mercosur, polos seus efectos negativos no noso sector primario.

Seguimos levando ao pleno propostas en defensa dos intereses da xente e do país.

27/01/2026

📢 Eólico si, pero con retorno social

Vemos estes días como noutros concellos (neste caso Muras) se esixe que os parques eólicos deixen beneficios reais para a veciñanza.

👉 Nas Somozas tamén temos parque eólico.
👉 Desde o BNG pedímoslle ao concello (PP) que fixese algo semellante.
👉 Non fixeron nada. Absolutamente nada.

O noso territorio xera riqueza, pero esa riqueza non reverte nas Somozas porque o goberno municipal decide mirar para outro lado.

Dende o BNG de As Somozas seguiremos reclamando que:
✔️ os recursos do noso concello beneficien á veciñanza
✔️ o eólico teña compensacións sociais reais
✔️ o concello asuma a súa responsabilidade

Porque gobernar é actuar. E aquí, o PP non actúa.

https://www.facebook.com/reel/2494069497677016/?mibextid=wwXIfr&share_url=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fshare%2Fr%2F1AG35GHJxV%2F%3Fmibextid%3DwwXIfr&rdid=0HOqJ6p84zMNhGOH

Dirección

As Somozas
Somozas
15565

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG As Somozas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG As Somozas:

Compartir