29/05/2026
☀️📢 Xa está aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Ocio de verán das Somozas!
📅 A iniciativa terá lugar do 22 de xuño ata o 8 de setembro, en horario de 🕕 9:30 a 13:30 horas, no 📍 Centro de Ocio Infantil.
As actividades inclúen 🤸♂️ xogos cooperativos, talleres de arte e creatividade, así como actividades ao aire libre.
✍️ As familias interesadas poden realizar a inscrición, ata o 12 de xuño, a través da 🖥️ sede electrónica ou de forma presencial no rexistro do Concello.
ℹ️ Toda a información: https://assomozas.es/campamento-de-ocio-de-veran-do-22-de-xuno-ao-8-de-setembro/